Temas: NIGRáN

Un pazo do século XIV en Nigrán de 5,5 millóns de euros, a casa máis cara de Galicia

O Pazo de Cadaval-Urzáiz, situado no lugar de Grolos, ten 1.700 metros e pode adquirirse a través dunha hipoteca de 14.099 euros ao mes, segundo o portal Idealista.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2017 | Actualizada ás 12:37

Comparte esta noticia

Un pazo do século XIV situado no lugar de Grolos do municipio pontevedrés de Nigrán é a casa máis cara de Galicia, cun valor de 5,5 millóns de euros, segundo o portal inmobiliario Idealista.

Pazo de Cadaval-Urzáiz, en  Nigrán
Pazo de Cadaval-Urzáiz, en Nigrán | Fonte: Wikipedia.

O Pazo de Cadaval-Urzáiz ten case sete séculos de historia e nos seus 1.700 metros cadrados repártense 14 habitacións e 12 baños. Ademais, conta con catro hectáreas de campo, onde se sitúan unha torre, unha capela, xardíns, prados e un bosque.

Cada metro cadrado da casa custa 1.700 euros e, segundo Idealista, pode adquirirse a través dunha hipoteca de 14.099 euros ao mes.

Na construción poden atoparse escudos e brasóns das familias Cadaval, Figueroa, Ozores, Montenegro, Ceta, Correa e Urzáiz.

Temas: NIGRáN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta