Gustavo Rodríguez, sen premio

O triatleta tudense tivo que retirarse do mítico Embrunman alpino por unha doenza nas costas, cando estaba xa na carreira a pé e tras rematar sétimo os 190 quilómetros de bicicleta. "Toca tirar para adiante e non malgastar tempo nin enerxías laiándose", sostén 'Tavotui'.

Por gcdeportes | Vigo | 16/08/2017 | Actualizada ás 04:18

Comparte esta noticia

Despois de mes e medio de preparación intensa, o soño de Gustavo Rodríguez no Embrunman non puido cumprirse. O triatleta galego tivo que retirarse nos primeiros quilómetros da carreira a pé por unha lesión nas costas.

Gustavo Rodríguez tivo que abandonar no Embrunman.
Gustavo Rodríguez tivo que abandonar no Embrunman. | Fonte: facebook @Tavotui

Así o explicou o propio Tavotui nas redes sociais: “Unha molestia nas costas os últimos 20-30 quilómetros de bici, que pensaba remitiría ao baixarme a correr… Pero finalmente non foi así, convertendo nun suplicio cada pisada”. Ata ese instante, o tudense estaba moi ben situado e mantiña opcións de loitar polo podio (foi terceiro na edición de 2016), sétimo con 14 minutos de retraso sobre Marcel Zamora, que finalmente sería o gañado cun tempo de 9h:43:13.

Gustavo Rodríguez recoñecía sentirse “triste e desilusionado" por ter que abandonar "unha das carreiras que con máis mimo e agarimo preparei. Agora toca tirar para adiante e non malgastar tempo nin enerxías laiándose”.

O mítico Embrunman é especialmente esixente polo durísimo segmento de ciclismo, no que os deportistas teñen que facer 190 quilómetros de bicicleta con 5.000 metros de desnivel polos Alpes, incluída a subida á cima do Col d’Izoard. Antes, 3.800 metros de natación e despois un maratón de 42 quilómetros. Embrunman é o único Ironman do mundo onde nunca se baixou das 9 horas en homes nin das 10 horas en mulleres.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta