Segunda edición da feira “Ágora Verde” en Monforte

Castañas, empanadas de algas e cervexas artesás, son algúns dos produtos ecolóxicos que se poderán adquirir os días 18 e 19 de agosto na rúa Cardeal.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/08/2017 | Actualizada ás 10:39

Comparte esta noticia

Por segundo ano consecutivo, a rúa do Cardeal vai acoller a celebración da Feira Ágora Verde de Produtos Ecolóxicos certificados de Galicia, un evento que naceu froito da colaboración entre o Concello de Monforte e o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia. Os postos van estar abertos en horario ininterrompido, de 11 a 21 horas.

Presentación da Feira Ágora Verde de Produtos Ecolóxicos certificados de Galicia
Presentación da Feira Ágora Verde de Produtos Ecolóxicos certificados de Galicia

Na feira Ágora Verde haberá ó redor de 15 produtores ecolóxicos, gran parte deles, da comarca de Lemos. Durante dúas xornadas, o público poderá atopar produtos alimentarios moi variados; dende infusións e plantas aromáticas, ata mel, marmeladas ou conservas. Por outra parte, haberá castañas, fariña, licores e viño. Non van faltar tampouco as empanadas de algas e as cervexas artesás.

“Con esta iniciativa pretendemos sacar á rúa os produtos certificados coa máxima calidade, para iso, os propios produtores serán os protagonistas cos seus stands de venda”, apuntou o Alcalde, José Tomé, “dende o Concello pretendemos potenciar o consumo saudable entre a poboación”.

Por outra parte, será posible degustar diferentes e variados produtos e os máis pequenos da casa poderán participar na feira apuntándose a diferentes obradoiros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta