Todo a punto para o Festival Revenidas

O Festival Revenidas de Vilaxoán bota a andar este venres. Sobre o escenario estarán case unha trintena de bandas galegas, do estado e internacionais. La Pegatina, Skindred, Bohemian Betyars, Desakato, Txarango e Riot Propaganda encabezan un cartel con protagornismo femenino.

Por Galicia Confidencial | Vilaxoán | 17/08/2017 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

Este ano haberá moitas bandas conformadas por mulleres: Sara Hebe, Pupil·les, De Vacas, Vodoo, Bolboreta, Ugía Pedreira ou Najla Shami. O director do Revenidas tamén quixo destacar o espírito do festival “que continúa facendo unha clara aposta polos artistas e bandas do país" como Terbutalina, Dakidarría, Doen, Noite Fechada, Xurxo Souto, Galifunk Brass, La Duendeneta, Os Terribles de Arousa, Bloquinho Aperta, Zapa! e SondaRúa (estes dous últimos a través de Estudios Mans-Fundación Paideia).

Os Terbutalina
Os Terbutalina

O cartel complétano grupos procedentes de Asturies, Madrid, Valencia, Cataluña, Euskadi, Navarra, Madrid, Arxentina, Hungría ou Reino Unido facendo do Revenidas un auténtico “Festival das Linguas”. 

Revenidas: moito máis que música

O Revenidas continúa abríndose ao mar. Nesta edición os asistentes poderán vivir unha experiencia marítima única en familia pola Ría de Arousa a bordo do Chasula, unha embarcación tradicional na que unha exclusiva degustación gastronómica de produtos 100% galegos se fusionará coa música en directo de Ugía Pedreira e Pierrot Rougier, Lydia Botana, O Leo i Arremecághona, Najla Shami e Xurxo Souto. 

O festival contará tamén con outras actividades paralelas como a Gran Gala de Circo Solidaria “Flores contra o esquecemento” a favor de Pallas@s en Rebeldía, a habitual Sardiñada Popular Revenidas, diferentes prostas gastronómicas a cargo de chefs con Estrelas Michelín que nos presentarán os seus pratos máis apetecibles e innovadores na Zona Mahou, dezasete horas de música soundsystem no Recuncho DUB ou a nosa Feira Revenida, onde os protagonistas serán o talento, a creatividade, a innovación, as figuras emerxentes no mundo das artes e os produtos culturais do país.

Revenidas
Revenidas

Entradas e abonos

Ademais de continuar coa venda de abonos para o Revenidas 2017 a través da páxina web www.revenidas.com, tamén se poden adquirir en diversos puntos de venda físicos espallados por toda Galicia. 

A banda galesa Skindred actuará en no Revenidas
A banda galesa Skindred actuará en no Revenidas
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta