Arriva presenta á Xunta a documentación que acredita que unha UTE está obrigada a subrogar a 15 empregados da Mariña

A compañía Arriva presentou este xoves ante a Xunta a documentación na que se acredita que a UTE Morán-Rodríguez, que se fixo coa adxudicación da liña de bus da Mariña que antes operaba Arriva, "está obrigada" a subrogar a 15 traballadores en base aos pregos do convenio.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2017 | Actualizada ás 16:24 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A compañía Arriva presentou este xoves ante a Xunta a documentación na que se acredita que a UTE Morán-Rodríguez, que se fixo coa adxudicación da liña de bus da Mariña que antes operaba Arriva, "está obrigada" a subrogar a 15 traballadores en base aos pregos do convenio.

Arriva informa de que a UTE Morán-Rodríguez optou á concesión "coñecendo que debía subrogar aos 15 traballadores, 13 que representaban o 25,8% do persoal da anterior concesión, e outros dous traballadores que prestaban os contratos de transporte escolar".

Así, Arriva lamenta "a situación que atravesan" as súas exempleados, que non foron subrogados, e confía en que "a intervención da Xunta permita resolvela canto antes".

Ademais, Arriva pon de manifesto que cumpre co estipulado no prego de condicións do concurso de transporte convocado pola Xunta, así como no acordo marco estatal de condicións de subrogación de traballadores referente ao traspaso da liña que anteriormente operaba na Mariña.

A comisión de seguimento do plan de transporte da Xunta posto en marcha a pasada semana --formada Administración, sindicatos e patronal-- reuniuse por primeira vez o 11 de agosto, onde se acordou buscar unha solución para a vintena de traballadores pendentes de subrogación de liñas da Mariña lucense e a provincia de Ourense.

Esta comisión marcouse como data límite este xoves, 17 de agosto, como último día para solicitar toda a información dispoñible das adxudicatarias saíntes e entrantes nas que existen problemas de subrogación para poder dar unha solución a eses traballadores.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta