Así son as páxinas escolares que pide censurar Gloria Lago

Galicia Bilingüe tenta criminalizar a labor dos Equipos de Normalización baseándose nun Youtube e nunha suposta imaxe en dúas webs que non dependen da Xunta, unha das cales condena explicitamente a violencia.

Por Galicia Confidencial | Cuntis | 23/09/2010 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

Os medios informan hoxe que Galicia Bilingüe (GB), o colectivo vigués contrario á normalización do galego, pediu á Xunta a censura de dúas webs elaboradas polos Equipos de Dinamización e Normalización Lingua (EDNL) de dous centros de Rianxo e Cuntis.

None

Desas novas o lector pode deducir que se trata de portais radicais e violentos e que GB ten bases firmes para a súa petición de "medidas cautelares" contra os funcionarios . Porén, unha análise rápida desvela que son páxinas educativas sobre o galego e que, ademais, non son os sitios oficiais deses centros.

Un completo portal sobre a normalización en Rianxo

O primeiro obxectivo de GB é Bico da Ría. Non se trata dun "blog", como apunta a asociación de Gloria Lago, senón do rico portal do EDNL do IES Felix Muriel de Rianxo.

Nel informase, ademais de actividade a prol do galego como o Dia das Letras, dos múltiples aspectos da vida do instituto, como viaxes ou competicións deportivas.

A denuncia concreta de GB sobre Bico da Ría é "pide que se eliminen cuanto antes imágenes en las que se muestra simbología del grupo Briga, protagonista en los últimos años de incidentes violentos y contra la libertad de expresión de otros ciudadanos. En una de esas imágenes del blog se muestra a un joven portando un cóctel molotov y una frase amenazante contra las personas que pudieran participar en una manifestación que Galicia Bilingüe".

Galicia Confidencial non foi quen de atopar tal imaxe no portal, que ten multitude de seccións e contidos didácticos.

Condena explícita da violencia durante protesta de GB

É máis, a liña editorial de Bico da Ría é expresamente contraria á violencia. Así, despois dos incidentes na manifestación de GB en Santiago en precampaña (secundada, entre outros, pola Falanxe, PCPE, UpyD e PP) o EDNL publicou unha condena aos que intentaron boicotear o acto.

"Non estamos de acordo coa postura antinormalizadora de Galicia bilingüe e a súa reiterada propaganda de 'maltrato ó castelán'. Non aceptamos nin compartimos ningún acto violento daqueles que, anunciándose como defensores do idioma, fan actos de vandalismo", aseguraba ese EDNL.

En Cuntis meteron un youtube de Skarnio nun blog

O segundo obxectivo de Gloria Lago é o blog do EDNL don Aurelio de Cuntis. "Na Lingua de todos" está na blogoteca, polo que en ningún caso a súa publicación ou eventual censura depende da Xunta. Unicamente un xuíz podería tomar medidas contra el, no caso de que se probase algún delito.

O cargo contra el de GB é "el enlace a un vídeo del grupo Skarnio". O blog contén múltiples recursos e noticias sobre a normalización.

Un dos seus usuarios escribiu no verán de 2008 un post, sen alusión política algunha, no que se facía eco do próximo concerto do grupo de ská vigués, e incluíu un vídeo da banda no Youtube. Na canción non se nomea a Uxío e Giana, que foron condenados pola bomba no Caixa Galicia de Santiago; cuxas fotos si saen no videoclip.

Para GB isto é mostra da "frenética actividad de muchas de estas entidades evidenciando el uso politizado de la mayoría o buena parte de sus acciones referidas al idioma". Consciente de que calquera acción da Xunta contra os Equipos de Normalización precisaría dunha sentencia, GB pide ao goberno "medidas cautelares". Entre elas, a eliminación dos enlaces, malia que non están en servidores da Xunta ,e "contra la actividad de dos equipos de normalización".

O inicio dunha campaña

Gloria Lago xa anunciou na asemblea deste verán que un dos obxectivos de GB no novo curso sería denunciar aos que desafiasen ao polémico "decreto do plurilingüismo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 123 comentarios

27 XUCAS

Noutros paises da Iberia os burgueses sénten-se ben falando a sua lingua.Aquí,que a maioría son pseudo burgueses,ainda que pensan que son A.Ortega, e, o que non naceu co toxo o lado e a bosta nos pés,fixéro-no seus pais,pensan que son mais finos e ricos falando castelan. A min os renegados dan-me pena.O malo e que estes son radicais e queren facer aos outros.¿De que vive esa señora?.

26 Paula

A que se adica Gloria Lago? parece que lle pon moitisismo o ordenata e conectarse a internet simplemente polas as ganas de molestar e sobre todo, amolar o mais posible ós que fan algo. Se alguén está contento do que acabamos de ler, amosa o seu grao de intelixencia e sobretodo, maldade e vontade de destruir, non de construir nada positivo. Xa falan castelán os nenos de Vigo, onde a gheada fai anos corría polo berbés e polas parroquias cantadeira, hoxe da vergoña " disir son de Vijo". Conseguirono. Mesmo falar normativo é algo que acaba na escola e na TVG. Que quere esta señora?? Odio? voltar á guerra civil? malestar entre compañeiros nos institutos???

1 Manolo

¿Te estás definiendo? Porque tu descripción coincide con lo que denotas a juzgar por tus malas palabras.

25 Uno de Galicia Bilingüe

Muchas gracias a Galicia Confidencial y a todos los participantes por publicitar tanto y bien el fantástico trabajo de Galicia Bilingüe. Nunca lo agradeceremos suficiente.

1 Teresa S.

Vostede perdeu algo no poleiro das galiñas. Vaia máis cedo que tarde a recollelo e leve unha presiña de palla!

2 Ale

DE fantástico non ten moito e si de auténtica demostración de manipulación estilo Intereconomía. O que acaba de conseguir Galicia Bilingüe é precisamente evidenciar unha vez máis que están fóra da realidade, que son uns extremistas e que só os seguen, unha vez descuberto o pastel, os máis ultras. E de paso consegue máis adhesións para o galego.

3 Daniel

Las adhesiones para la imposición del gallego las veremos en las urnas. Todos los sondeos coinciden en el fenomenal batacazo que se va a pegar el partido de los "moderados" Callón, Lobeira y sus secuaces. Hasta nunca bloqueiros

4 Rayleigh

Mellor veremos os votos desa fenomenal defensora dos galegos que é Glory Lake. Ah..que non se presenta as eleccións? Non sei por que cando podería ter maioría absoluta por que ela sabe ben o que queren os galegos, e os galegos están con ela..Se ti pensas que os resultados do Bloque están influídos polo tema da língua, entón estás na secta adecuada. Máis tonto non podes ser. O pior dun mentiroso non está nas mentiras que di, senón que as crea el mesmo.

5 Funila

Ale, hai que ser bastante paspán para tentar explicar o tema da lingua co que lle pase ao BNG. Aínda é máis hilarante pensar que se o BNG baixa é por obra e graza de Gloria Lago. Ao BNG ha de lle ir como mereza polo traballo que fai e pola imaxe que proxecta, e iso non ten nada que ver coa lingua. De feito, nas multitudinarias manifestacións polo galego unha boa parte dos asistentes non eran do BNG, iso asegúrocho. E isto, ademais, é bo porque a lingua non é de ninguén, é de todos os galegos, tamén de Gloria Lake, que xa podía dedicarse a dar clase e deixar de facer política cos seus alumnos.

24 Teki

Eu so quero dizer que felicito a GC por este artigo, menos mal que queda algo de "xornalismo".

1 Perdido

¿entrecomillado? É sorna?

2 teki

Sen entrecomillar entón, non é sorna.

23 Abraxas

Denuncio a Louzán e a Deputación de Pontevedra por subvencionar un acto dunha das asociacións citadas polos de Galicia Pilingüe na súa denuncia. Seguindo a súa i-lóxica maneira de relacionar os colexios e institutos cos malísimos do universo, teño que entender que Louzán apoia o terrorismo.