Así son as páxinas escolares que pide censurar Gloria Lago

Galicia Bilingüe tenta criminalizar a labor dos Equipos de Normalización baseándose nun Youtube e nunha suposta imaxe en dúas webs que non dependen da Xunta, unha das cales condena explicitamente a violencia.

Por Galicia Confidencial | Cuntis | 23/09/2010 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

Os medios informan hoxe que Galicia Bilingüe (GB), o colectivo vigués contrario á normalización do galego, pediu á Xunta a censura de dúas webs elaboradas polos Equipos de Dinamización e Normalización Lingua (EDNL) de dous centros de Rianxo e Cuntis.

None

Desas novas o lector pode deducir que se trata de portais radicais e violentos e que GB ten bases firmes para a súa petición de "medidas cautelares" contra os funcionarios . Porén, unha análise rápida desvela que son páxinas educativas sobre o galego e que, ademais, non son os sitios oficiais deses centros.

Un completo portal sobre a normalización en Rianxo

O primeiro obxectivo de GB é Bico da Ría. Non se trata dun "blog", como apunta a asociación de Gloria Lago, senón do rico portal do EDNL do IES Felix Muriel de Rianxo.

Nel informase, ademais de actividade a prol do galego como o Dia das Letras, dos múltiples aspectos da vida do instituto, como viaxes ou competicións deportivas.

A denuncia concreta de GB sobre Bico da Ría é "pide que se eliminen cuanto antes imágenes en las que se muestra simbología del grupo Briga, protagonista en los últimos años de incidentes violentos y contra la libertad de expresión de otros ciudadanos. En una de esas imágenes del blog se muestra a un joven portando un cóctel molotov y una frase amenazante contra las personas que pudieran participar en una manifestación que Galicia Bilingüe".

Galicia Confidencial non foi quen de atopar tal imaxe no portal, que ten multitude de seccións e contidos didácticos.

Condena explícita da violencia durante protesta de GB

É máis, a liña editorial de Bico da Ría é expresamente contraria á violencia. Así, despois dos incidentes na manifestación de GB en Santiago en precampaña (secundada, entre outros, pola Falanxe, PCPE, UpyD e PP) o EDNL publicou unha condena aos que intentaron boicotear o acto.

"Non estamos de acordo coa postura antinormalizadora de Galicia bilingüe e a súa reiterada propaganda de 'maltrato ó castelán'. Non aceptamos nin compartimos ningún acto violento daqueles que, anunciándose como defensores do idioma, fan actos de vandalismo", aseguraba ese EDNL.

En Cuntis meteron un youtube de Skarnio nun blog

O segundo obxectivo de Gloria Lago é o blog do EDNL don Aurelio de Cuntis. "Na Lingua de todos" está na blogoteca, polo que en ningún caso a súa publicación ou eventual censura depende da Xunta. Unicamente un xuíz podería tomar medidas contra el, no caso de que se probase algún delito.

O cargo contra el de GB é "el enlace a un vídeo del grupo Skarnio". O blog contén múltiples recursos e noticias sobre a normalización.

Un dos seus usuarios escribiu no verán de 2008 un post, sen alusión política algunha, no que se facía eco do próximo concerto do grupo de ská vigués, e incluíu un vídeo da banda no Youtube. Na canción non se nomea a Uxío e Giana, que foron condenados pola bomba no Caixa Galicia de Santiago; cuxas fotos si saen no videoclip.

Para GB isto é mostra da "frenética actividad de muchas de estas entidades evidenciando el uso politizado de la mayoría o buena parte de sus acciones referidas al idioma". Consciente de que calquera acción da Xunta contra os Equipos de Normalización precisaría dunha sentencia, GB pide ao goberno "medidas cautelares". Entre elas, a eliminación dos enlaces, malia que non están en servidores da Xunta ,e "contra la actividad de dos equipos de normalización".

O inicio dunha campaña

Gloria Lago xa anunciou na asemblea deste verán que un dos obxectivos de GB no novo curso sería denunciar aos que desafiasen ao polémico "decreto do plurilingüismo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 123 comentarios

22 Manoliño

Deixovos unhas horas, e botádesvos fora de cristians, que bu, bu, bú, que vos sabédelo todo e estades en posesión das verdades absolutas e reveladas por Castelao. Pois vale, nas eleccións xa veremos se a xente común pensa que sodes xente lista, ou en realidade considéranvos os chalaos eses do bu, bu, bú, os que todo o saben, todo o entenden e están en posesión da verdade, of course.

1 lois

manuelito, non hai quen entenda o que escribes... que quere dicir que nas eleccións non sei que? presentase os de galcia pilingui?

2 Manoliño

Lois: Intelligentia pauca :D

3 lois

manolito manolito... tente cuidadito. Non hai maior necio do que pretende presumir da intelixencia que non posúe... e vexo que iso é algo que se che da moi ben, neste espazo e noutros. Es tan repetitivo nas túas "argumentacións" que resulta sinxelísimo seguirche a pista na internet.., e non é que sexa interesante, simplemente foi unha actividade que me permitiu saber de que tipo es. Da intuición é mellor pasar á comprobación. E a ver se polo respostas, os de galicia pilingui vos ides presentar ás eleccións ou non? estaría ben. Eu intúo que o respaldo social sería escaso ou nulo, pero para iso teriamos que comprobalo empiricamente, non? ou ti es dos que pon o carro diante dos bois?

4 nemesio

Tanto que fala Manoliño de Exercito Guerrilleiro do Polbo Galego Ceibe e esquece dicirvos que un que si estaba pola resistencia armada no seu día era don Manolo Pousada, economista e membro da UPG Liña Proletaria. Que foi o que lle fixo este pai tan "sectario" a este fillo tan "sectario" para que agora se comporte así? Algún complexo edípico, quizais? Ai, ai, ai!

5 Manoliño

lois: seguesme mal e confúndeste, dígocho eu: non teño nada que ver con GB, outra cousa é que lles dea a razón cando a teñen, e no do adoctrinamento, téñena. Logo, intelligentia pauca :D

6 lois

que bahhhh manolito!!!, non me confundo para nada... o que te confundes es ti pensando que o resto nos confundimos e non saibamos de que pe coxeas. Que estás en galicia pilingui? non claro, non fai falta saber que ti non estás niso nin en ningún lado; vas por libre, pero vas por libre porque non hai dios que te ature. Para iso tes a rede, para poder dar o coñazo.. cousa que non podes facer no mundo analóxico porque non te soporta nin dios... e non me refería a foros do tratamento de gp, senón noutros espazos ohhh!!! en tal caso, repítoche, ídesvos presentar ou non? unha persoa coma ti, coa súa capacidade e coñecemento debería manexar información dese tipo. Por certo, xa pasei o textiño por aí, por moita xente da sociedade plural da que falas... a conclusión, que a xente coma ti estades pirados... chaus chaus!!! (seica a túa muller pasa túa, non? feliz fin de semana só na casiña).

7 Rayleigh

Manoliño non é de GB, O troll speedico que entraba por aqui tampouco. Outros dous que se partían a cara por eles, tampouco. E noutros lados onde posteo, cando lles insinúas que son de GB, tamén o negan...Pero que pasa? Que ninguén forma parte desta secta agás Glory e o seu home? Ou é que a mentira xa a teñen tan arraigada que xa lles sae de maneira natural? Pobres seres..

8 Daniel

Pues yo soy de Galicia Bilingüe y estoy muy orgulloso de ello, algo que no me pasaría si perteneciera al BNG, en compañía de Iria, Bieito y demás ralea

9 Porco Jones

Daniel, non sei de que estás orgulloso, ¿de ter vergoña de ser galego? ¿de detestar a lingua dos teus antergos? ¿de arramplar cos dereitos dos teus concidadáns? ¿de querer matar unha lingua que deu a Rosalía, Castelao ou Otero Pedraio? ¿De ir contra a lexislación europea en materia de linguas minorizadas? ¿de espallar mentiras para acadar os teus viles obxectivos?...tí dirás....

10 Rayleigh

Vaia...o primeiro que vexo.. Claro. Mellor nunha secta dirixida por unha ex-nacionalista. Onde imos a parar! E seguro que as decisións se tomarían de maneira democrática, senón fora por que o matrimonio dirixente xa pensa por vos. Pérdese menos tempo.

21 Pablo Galdo

Todas as imagens de "Bico da Ria": http://www.google.com/images?um=1&h...

20 Galizan

Ollo que poñedes PCPE, cando é UCE a organización españolista que secundou tal barbarie, dous colectivos que non teñen nada que ver.

19 lois

Pois acabo de ler o texto ese; texto por chamarlle algo. E a verdade non entendín moi ben que pretende o subcorpusculo dereitista ultra de galicia pilingui con el... o de meter catro ou cinco ligazóns de páxinas de contido público non sei que valor ten... si sei: que a xente pasa do que esta panda de magharas de lago&cia poidan opinar ou dicir aínda que teñan de altofalantes a medios de comunicación de dubidosa profesionalidade (e non me refiro a libertaz deghital, que nin medio é). Eu animaría a esta panda de chungos, a espallar a máis posíbel ese texto; de feito eu vou no facer. Para que a xente vexa o enfermos que están.

18 Choqueiro

Para os que odian tanto as imposicións idiomáticas. Que me poden dicir sobre a imposición, obrigación e deber, do español. Por outra banda, como é posíbel que un galego chegue ao extremo de odiar e renegar da súa língua, da súa cultura e da súa historia como pobo? Sería normal que un francés, un inglés ou incluso un español odiase a súa língua ou a súa cultura? Que hai de malo en querer, amar e defender a túa propia língua e a túa propia identidade como galego? A quen amola e por que? A alguén parecíalle razoábel que Michael Jackson odiase ser negro -incluíndo súa familia negra- e quixera ser branco a tuda custa?

1 Xandokas

So un/ha desquiciado/a mental, ou un/ha acomplexado/a, ou un reprimido/a sexual, pode odiar o seu idioma.