Así son as páxinas escolares que pide censurar Gloria Lago

Galicia Bilingüe tenta criminalizar a labor dos Equipos de Normalización baseándose nun Youtube e nunha suposta imaxe en dúas webs que non dependen da Xunta, unha das cales condena explicitamente a violencia.

Por Galicia Confidencial | Cuntis | 23/09/2010 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

Os medios informan hoxe que Galicia Bilingüe (GB), o colectivo vigués contrario á normalización do galego, pediu á Xunta a censura de dúas webs elaboradas polos Equipos de Dinamización e Normalización Lingua (EDNL) de dous centros de Rianxo e Cuntis.

None

Desas novas o lector pode deducir que se trata de portais radicais e violentos e que GB ten bases firmes para a súa petición de "medidas cautelares" contra os funcionarios . Porén, unha análise rápida desvela que son páxinas educativas sobre o galego e que, ademais, non son os sitios oficiais deses centros.

Un completo portal sobre a normalización en Rianxo

O primeiro obxectivo de GB é Bico da Ría. Non se trata dun "blog", como apunta a asociación de Gloria Lago, senón do rico portal do EDNL do IES Felix Muriel de Rianxo.

Nel informase, ademais de actividade a prol do galego como o Dia das Letras, dos múltiples aspectos da vida do instituto, como viaxes ou competicións deportivas.

A denuncia concreta de GB sobre Bico da Ría é "pide que se eliminen cuanto antes imágenes en las que se muestra simbología del grupo Briga, protagonista en los últimos años de incidentes violentos y contra la libertad de expresión de otros ciudadanos. En una de esas imágenes del blog se muestra a un joven portando un cóctel molotov y una frase amenazante contra las personas que pudieran participar en una manifestación que Galicia Bilingüe".

Galicia Confidencial non foi quen de atopar tal imaxe no portal, que ten multitude de seccións e contidos didácticos.

Condena explícita da violencia durante protesta de GB

É máis, a liña editorial de Bico da Ría é expresamente contraria á violencia. Así, despois dos incidentes na manifestación de GB en Santiago en precampaña (secundada, entre outros, pola Falanxe, PCPE, UpyD e PP) o EDNL publicou unha condena aos que intentaron boicotear o acto.

"Non estamos de acordo coa postura antinormalizadora de Galicia bilingüe e a súa reiterada propaganda de 'maltrato ó castelán'. Non aceptamos nin compartimos ningún acto violento daqueles que, anunciándose como defensores do idioma, fan actos de vandalismo", aseguraba ese EDNL.

En Cuntis meteron un youtube de Skarnio nun blog

O segundo obxectivo de Gloria Lago é o blog do EDNL don Aurelio de Cuntis. "Na Lingua de todos" está na blogoteca, polo que en ningún caso a súa publicación ou eventual censura depende da Xunta. Unicamente un xuíz podería tomar medidas contra el, no caso de que se probase algún delito.

O cargo contra el de GB é "el enlace a un vídeo del grupo Skarnio". O blog contén múltiples recursos e noticias sobre a normalización.

Un dos seus usuarios escribiu no verán de 2008 un post, sen alusión política algunha, no que se facía eco do próximo concerto do grupo de ská vigués, e incluíu un vídeo da banda no Youtube. Na canción non se nomea a Uxío e Giana, que foron condenados pola bomba no Caixa Galicia de Santiago; cuxas fotos si saen no videoclip.

Para GB isto é mostra da "frenética actividad de muchas de estas entidades evidenciando el uso politizado de la mayoría o buena parte de sus acciones referidas al idioma". Consciente de que calquera acción da Xunta contra os Equipos de Normalización precisaría dunha sentencia, GB pide ao goberno "medidas cautelares". Entre elas, a eliminación dos enlaces, malia que non están en servidores da Xunta ,e "contra la actividad de dos equipos de normalización".

O inicio dunha campaña

Gloria Lago xa anunciou na asemblea deste verán que un dos obxectivos de GB no novo curso sería denunciar aos que desafiasen ao polémico "decreto do plurilingüismo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 123 comentarios

12 Raquel

Non lle fagamos o xogo a esta organización que se alimenta unicamente do odio e da polémica. O que pensan, xa o sabemos. Cada paso que dan é ben esclarecedor. É xente cunha conducta enfermiza que van máis aló da paranoia. Chegará un momento en que quedarán sós e aillados porque tanta negatividade é agotadora. Sobran os comentarios de tipo sexista; únicamente rebaixan á persoa que os emite.

11 nemesio

Coido que o insulto gratuito non fai ningún ben á causa do galego, como tampouco o fai darlle tanta cancha a quen non debera de teren ningunha. Que sigan, casados ou divorciados, tanto ten, a darlle ó errequeerre. Hai se resucitara don Manolo Pousada, vello militante da UPG Liña Proletaria, pai dun e sogro da outra!!!

10 Manoliño

Que non vos enganen. Cando alguén ten razón, tena. Botádelle unha ollada ao informe, aínda que sexa por encima, os exemplos que poñen, os pantallazos das páxinas web, os textos empregados no Correlingua... e a ver se hai ou non hai adoctrinamento no ensino: http://www.libertaddigital.com/docu...

1 Choliño

vaia enlace!, ahí é onde te adoctrinas ti, non?. Anda comeme o coco e cóntame a verdade

2 Manoliño

Mira que che vou dicir... ¿que carallo lle pasa ao enlace? ¿Porque ti non me serás dos que pensan que dous e dous son catro porque o di un matemático de esquerdas, que se o di un de dereitas seguro que é mentira? Mira, rapaz, la verdad es la verdad, dígalo Agamenón, o su porquero.

3 Pepe

Manoliño, vouche enumerando as mentiras do documento que enlazas. 1.- "Los niños no pueden ser educados en una ideología determinada sin el conocimiento de sus padres". Falso, a Constitución dálle ao Estado o poder de fixar o Currículo e, polo tanto, os valores que deben estudar os nenos. Por exemplo, Educación para a Cidadanía, refrendada por múltiples sentencias xudicias.

4 Pepe

2.- "Los datos de la consulta a los padres no fueron tenidos en cuenta para la elaboración del Decreto" Falso, a Xunta do PP repíteo até o paroxismo. É máis, a opinión dos pais é a que determina que hoxe só o 12% dos grupos de infantil estean a escolarizarse en galego nas cidades.

5 Outro máis

Manoliño, se queres ver manipulación consulta o documento de GB e verás como manipula. Verás como un folleto que está no Blog nalinguadetodos, sobre o lingüicismo, aparece cortado no documento de GB para que lle coincida coas súas denuncias. Consúltao verás.

6 Pepe

3.- "El domingo 8 de febrero Galicia Bilingüe llenó la plaza de A Quintana". Falso, mirao ti mesmo http://www.anosaterra.org/media-114...

7 Manoliño

Ese é un argumento, que así da gusto e alabado sexa Dios! Non me convence porque unha cousa é que o adoctrinamento saía dos poderes públicos, e outra que alguén dentro dun centro poida facer proselitismo da súa ideoloxía particular ¿Onde autorizan os poderes públicos para que cos rapaces se empregue unha linguaxe leninista e abertamente ideoloxizada: imperialismo, que os rapaces leven baideiras estreladas no Correlingua, que se fale de renegados, de concienciados, de verdugos crueis do galego, etc. Eu penso que se alguén non ve no anterior, adoctrinamento, tería que dicir que entende el por adoctrinamento.

8 Choliño

No único que estou de acordo contigo Manoliño é en que aquí duas e duas son catro, aínda que hoxe xa está prohibido que os nenos así o aprendan na escola. Esa si que é a cruda verdade digaio eu, Agamenón ou pimpanpito.

9 Pepe

Sin ánimo de ofender, ese documento que enlazache, Manoliño, é pura persecución ideolóxica. Nada do que alí se denuncia é ilegal. Se gobernase a túa admirada Falange si o sería, pero afortunadamente mesmo as persoas de dereitas racionais non botan de menso o fascismo.

10 Manoliño

Ti deixa que a xente lle bote unha ollada ao que alí din, e logo xa contarán. A min paréceme escandaloso, e boteille tan so unha ollada por encima as imaxes e os textos que as acompañan.

11 Pepe

Manoliño, disimulas fata. Ti fuches quen fixo a presentación.

12 Porco Jones

Manolo paiaso, ¿agora pasaste ao galego non? Cando convén, como fan os da túa caste. !Poñer como referencia a "la esclavitud digital"! Vaia coa túa idea de prensa independente. !Que cateto se pode chegar a ser!

13 Galicia Confidencial

Por favor, non insultedes nos comentarios. Senón pecharemos as discusións. Gracias por ler Gailcia Confidencial.

14 Xani

No, si los que insultan son los de siempre. No hace falta cerrar conversaciones,sino banear unos a los energúmenos y ya está resuelto

9 rosebud

Pero esta xente non estaba preocupada pola língua?, non serán eles os politizados que ven fantasmas por todas partes?. Se queren ver politización e adoctrinamento que busquen na educación dos colexios relixiosos concertados. Auténticas Madrassas onde se afirma que só existe unha relixión verdadeira e é a católica. Algo que non vai ben en favor da tolerancia entre culturas e relixións. Eu quero que ó meu fillo lle ensinen os fenómenos relixiosos coma algo inherente ó ser humano, e desde logo que todas as relixións son verdadeiras, ningunha é falsa ou mentira.

1 santo fornicio

Centros de adoutrinamento apostólico que pagamos con cartos de todos. Iso sí que é ser demócrata e o demais, contos.

2 Manolo

La comparación con las madrasas es una estupidez porque aquí no se discute la libertad religiosa, cuestión que si se hace en las escuelas islámica donde plantear tal trivialidad te puede costar el pescuezo, pero no se le pueden pedir peras al olmo, la gente de Galiza Nova no sabeis nada más allá de cuatro consignas. Nadie te obliga a llevar a tu hijo a un colegio religioso, lo llevas a uno público, o a uno privado laico y le enseñarán eso que tu dices. En cambio a mi si que me imponen para mis hijos la enseñanza en gallego, cuando ese no es su idioma materno, con los demostrados perjuicios pedagógicos que conlleva.

3 David

Ya les salió la verdadera cara del insulto y la violencia. Las ciudades gallegas son ciudades españolas y en España hay una lengua oficial que todos tenemos del deber de conocer y el derecho a usar

4 Galicia Confidencial

Por favor, non insultedes nos comentarios. Senón pecharemos as discusións. Gracias por ler Galicia Confidencial.

5 Compostelán

Rosebud os de GB queren ir contra todos impoñendo o seus intereses. Se alguén salta dicindo que se esta maltratando ao galego sexa quen sexa, de centros concertados, publicos, relixiosos, laicos... se non mira http://www.blogoteca.com/ocasteloda... Asi que os verdadeiros impositores sodes vos Manolo.

8 Lamprea

E que passa, que se esses blogues nom condenaram "a violência" dos contra-manifestantes que augárom a festa da Falange, UPyD e PP, e se si tivessem vídeos de Skárnio, deveriam ser pechados? Essa é a ideologia de funda da nova: pedir perdom, mostrar-se como "inocentes", quando, com este governo, defender a língua é ser "culpáveis".

1 Manoliño

Aquí Falange sempre é o demo... pero é curioso porque os que matan e poñen bombas, cando os colle a policía, resulta que nunca son de Falange e sempre son de esquerdas: ETA, Exército Guerrilleiro, Terra Lliure, Grapo, etc.

2 Pepe

Don Manuel, xa chochea, as cunetas están cheas de cadávares da Falange, asasinatos dos que nunca se arrepentiron

3 Manoliño

Claro porque Paracuellos é mentira, o cuartel da Montaña tamén, as checas, etc. Pero eu, como calquera pode entender, referíame aos atentados da dereita desde o ano 1978 e os da esquerda. Falange é un partido legal, cousa que non son os partidos aos que o noso caro Pepe bótalle un cabo: ETA, Terra Lliure, Exército Guerrilleiro, Grapo e outros, esquerdistas, neno.

4 Pepe

Manoliño, ningún deses q citas foi nunca un partido con pretensión de ser legal. Creo poder dialogar con calquera, mais con alguén se pon a defender a Falange resúltame moi moi complicado. O Partido Nazi é ilegal na Alemaña, tal debería suceder coa Falange en España.

5 Manoliño

Es un demagogo e un provocador, penso que sábelo e o peor é que non teño outra cousa mellor que facer e éntroche ao trapo. Pola mesma regra de 3 que ti empregas, habería que prohibir o partido comunista, que foi quen montou as checas, Paracuellos, etc. Isto non é Alemania. Non esquezas que aquí a oposición non era nada, tanto que lles morreu na cama, e quen trouxo a democracia foi a mesma dereita que soubo perdoar. Cando se fixo o referendo para a lei da reforma política, as esquerdas aconsellaron o non. E saiu o que pedía o goberno por abrumadora maioría: sí. Sodes uns desagradecidos.

6 Pepe

Manoliño, comezas falando de lingua e de tres metes polo medio a Falanxe, Franco, ETA, as checas do PC, etc. Está claro que eres un troll que busca provocar para que Galicia Bilingue apareza de vítima e crearlle problemas legais ao Galicia Confidencial. Conmigo non contes. E que te aturen en libertad digital.

7 Manolo

Ay, Pepe, como te duele conocer que estabas equivocado, y que lo te contaron en los mítines del BNG no eran más que trolas. Por lo mismo que el partido nazi es ilegal en Alemani, aquí también podría serlo el BNG, o mejor la UPG, ya que son antisistema, no creen en la Constitución ni en el estado, odian a los judíos y tienen por referentes políticos al Partido Comunista de Cuba o al régimen norcoreano. Más claro, agua

8 Pepe

Manoliño, ninguén vai sequera a discutir contigo até que non presentes argumentos minimamente racionais e pegados a realidade. Até entón, dígoche en trilingüe NO ALIMENTEN AL PESADO / DON'T FEED THE TROLL / VAITE CRIAR

9 Manolo

¿Como que ningúen va a discutir conmigo? O no sabes leer - lo cual es posible - o has llegado hace 5 minutos, lo que no puede ser. Llevo discutiendo semanas en esta página con montones de individuos y tu con esas. Lo que pasa es que se acabaron los argumentos. A ver si esta noche te cuentan algunos nuevos.

10 manolaaa, no te enteras

pero manolin, encima de condenarte por mentirán al fuego eterno, pero tus amigos de Falange no eran por lo menos tan amigos de los nazis como estos del PC cubano que tú denuncias? Manolito manolito, monolítico en el razonar, Paracuellos no ocurrió DURANTE una guerra? Lo malo fue la represión posterior, finalizada la guerra y en tiempo de paz, de tus amigos de Falange, tiro en la nuca y cuneta, juicio sumarísimo si lo había... represión atroz, eliminar al adversario en tiempo de paz, manolo monologo, denunciado y vetado el régimen fascista en todos los foros internacionales salvooooo, tachán... los amiguetes alemanes e italianooooooos.