Así son as páxinas escolares que pide censurar Gloria Lago

Galicia Bilingüe tenta criminalizar a labor dos Equipos de Normalización baseándose nun Youtube e nunha suposta imaxe en dúas webs que non dependen da Xunta, unha das cales condena explicitamente a violencia.

Por Galicia Confidencial | Cuntis | 23/09/2010 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

Os medios informan hoxe que Galicia Bilingüe (GB), o colectivo vigués contrario á normalización do galego, pediu á Xunta a censura de dúas webs elaboradas polos Equipos de Dinamización e Normalización Lingua (EDNL) de dous centros de Rianxo e Cuntis.

None

Desas novas o lector pode deducir que se trata de portais radicais e violentos e que GB ten bases firmes para a súa petición de "medidas cautelares" contra os funcionarios . Porén, unha análise rápida desvela que son páxinas educativas sobre o galego e que, ademais, non son os sitios oficiais deses centros.

Un completo portal sobre a normalización en Rianxo

O primeiro obxectivo de GB é Bico da Ría. Non se trata dun "blog", como apunta a asociación de Gloria Lago, senón do rico portal do EDNL do IES Felix Muriel de Rianxo.

Nel informase, ademais de actividade a prol do galego como o Dia das Letras, dos múltiples aspectos da vida do instituto, como viaxes ou competicións deportivas.

A denuncia concreta de GB sobre Bico da Ría é "pide que se eliminen cuanto antes imágenes en las que se muestra simbología del grupo Briga, protagonista en los últimos años de incidentes violentos y contra la libertad de expresión de otros ciudadanos. En una de esas imágenes del blog se muestra a un joven portando un cóctel molotov y una frase amenazante contra las personas que pudieran participar en una manifestación que Galicia Bilingüe".

Galicia Confidencial non foi quen de atopar tal imaxe no portal, que ten multitude de seccións e contidos didácticos.

Condena explícita da violencia durante protesta de GB

É máis, a liña editorial de Bico da Ría é expresamente contraria á violencia. Así, despois dos incidentes na manifestación de GB en Santiago en precampaña (secundada, entre outros, pola Falanxe, PCPE, UpyD e PP) o EDNL publicou unha condena aos que intentaron boicotear o acto.

"Non estamos de acordo coa postura antinormalizadora de Galicia bilingüe e a súa reiterada propaganda de 'maltrato ó castelán'. Non aceptamos nin compartimos ningún acto violento daqueles que, anunciándose como defensores do idioma, fan actos de vandalismo", aseguraba ese EDNL.

En Cuntis meteron un youtube de Skarnio nun blog

O segundo obxectivo de Gloria Lago é o blog do EDNL don Aurelio de Cuntis. "Na Lingua de todos" está na blogoteca, polo que en ningún caso a súa publicación ou eventual censura depende da Xunta. Unicamente un xuíz podería tomar medidas contra el, no caso de que se probase algún delito.

O cargo contra el de GB é "el enlace a un vídeo del grupo Skarnio". O blog contén múltiples recursos e noticias sobre a normalización.

Un dos seus usuarios escribiu no verán de 2008 un post, sen alusión política algunha, no que se facía eco do próximo concerto do grupo de ská vigués, e incluíu un vídeo da banda no Youtube. Na canción non se nomea a Uxío e Giana, que foron condenados pola bomba no Caixa Galicia de Santiago; cuxas fotos si saen no videoclip.

Para GB isto é mostra da "frenética actividad de muchas de estas entidades evidenciando el uso politizado de la mayoría o buena parte de sus acciones referidas al idioma". Consciente de que calquera acción da Xunta contra os Equipos de Normalización precisaría dunha sentencia, GB pide ao goberno "medidas cautelares". Entre elas, a eliminación dos enlaces, malia que non están en servidores da Xunta ,e "contra la actividad de dos equipos de normalización".

O inicio dunha campaña

Gloria Lago xa anunciou na asemblea deste verán que un dos obxectivos de GB no novo curso sería denunciar aos que desafiasen ao polémico "decreto do plurilingüismo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 123 comentarios

2 picheleiro

Deixade de darlle publicidade a estes papanatas. GB= provocadores profesionais.

1 Pardo de Cela

A esta elementa botáronlle drogha no Colacao, se non, eu xa non entendo nada

1 Manolo

Y a ti te echaron droga esta mañana en el café. Vete al hospital a que te hagan un lavado de estómago. Puede que recuperes la consciencia

2 MacBert

Pra min que se pasa coa Coca-loca.

3 Puskas

E o Manolo tamén

4 Camello de Puskas e Pardo Cela

E Puskas mais

5 Isolda

Que teñan coidado eses nenos, que aínda van ir os GBs a lles quitar os bocadillos do recreo.

6 Freijeiro

No seu centro están fartos desta curiosa parella