Arde unha furgoneta ao seu paso pola AG-55 en sentido A Coruña

Bombeiros do municipio coruñés de Arteixo sufocaron o incendio rexistrado nunha furgoneta na AG-55 , na peaxe da Bidueira en sentido A Coruña, segundo informan. O aviso recibiuse sobre as 10,19 horas e ao redor das 11,40 horas terminou a intervención.

A CORUÑA | 17/08/2017 | Actualizada ás 17:55 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Bombeiros do municipio coruñés de Arteixo sufocaron o incendio rexistrado nunha furgoneta na AG-55 , na peaxe da Bidueira en sentido A Coruña, segundo informan. O aviso recibiuse sobre as 10,19 horas e ao redor das 11,40 horas terminou a intervención.

Á súa chegada ao lugar, os bombeiros localizaron un furgón que ardía na súa totalidade. O vehículo estaba situado preto das oficinas de peaxe e presentaba algúns cristais rotos, ademais de danos nun rótulo e unha placa.

O lume provocou moito fume, mentres que orixinou tamén unha retención de case medio centenar de vehículos que esperaban poder pasar a peaxe.

Tras rebaixar a intensidade das lapas, os bombeiros procederon a botar espuma no interior do vehículo. Pouco máis dunha hora despois do aviso, deuse por finalizada a intervención.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta