Temas: TERRORISMO

Galicia responde ao atentado de Barcelona con suspensión de actos e condenas unánimes

A clase política galega reaccionou inmediatamente ás novas do atropelo masivo de Barcelona reinvidicado polo Estado Islámico. Con todo, polo de agora non hai lecturas políticas elaboradas do sucedido; senón solidariedade cos afectados, suspensión dos actos institucionais e festas e, usando diferentes símbolos, condenas do terrorismo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/08/2017 | Actualizada ás 22:43

Comparte esta noticia

“Todo mi apoyo a las víctimas de Barcelona”, escribía Beatriz Mato e outros dirixentes do PPdeG como José Manuel Barreiro, que engadía “todos unidos contra el terrorismo” e “toda España es Barcelona”.

Atentado en Barcelona
Atentado en Barcelona | Fonte: tv3

A Xunta anunciou a media tarde que “suspendemos todos os actos previstos para mañá”. O vicepresidente Alfonso Rueda indicou que “Barcelona únenos a todos fronte aos asasinos e en favor de todos os que loitan por derrotalos”. O presidente Nuñez Feijóo mostraba a súa confianza en todas as administracións involucradas na investigación. 

Na Coruña, o concello, gobernado pola Marea Atlántica, cancelou os actos festivos de mañá. O venres as 12, pola contra, organiza un acto de condena do atentado en María Pita. O alcalde Xulio Ferreiro explicou que consistirá nun minuto de silencio. O mesmo sucederá noutras moitas localidades como Ourense, as 12 na Praza Maior para, en palabras do alcalde Jesús Vázquez, mostar a “súa total solidariedade coas vítimas”. 

“O noso corazón con Catalunya. Toda a solidariedade e apoio ás vítimas e as súa familias” sinalaron dende o Bloque. En catalán En Marea escribiu “estem amb vosaltres, companys. Tota la nostra força en aquest moment difícil. Una abraçada molt forta!”. O PSdeG chamaba a unirnos “ á solidariedade e condena ao ataque en Barcelona” e manda ”apoio a familiares e achegados das vítimas e aos que loitan contra o terror”.

A única diferencia nas condenas polo de agora é nos símbolos empregados. Mentres que os mandatarios de dereitas tenden a pender lazos negros sobre a bandeira de España, os nacionalistas tenden a facelo sobre a bandeira independentista.

Temas: TERRORISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 galegoexiliado

Hoxe non olviden sair á rua con un ramo de flores e o carteliño do güelcome.

2 Nexus 6

Triste situación que nos retrotrae a épocas no tan lejanas en las que algunos desalmados apoyaban y justificaban a quienes también mataban a inocentes en aras de no se qué reivindicaciones, más o menos parecidas a las que estos malnacidos emplean hoy para justificar el atentado de hoy. Lo vomitivo del asunto es que ahora hay quien es ya amigo de los terroristas de ETA o quien, a pesar de los pesares, siguen culpando a Aznar de lo sucedido el 11M.

1 LKI

"Triste situación que nos retrotrae a épocas no tan lejanas en las que algunos desalmados apoyaban y justificaban a quienes también mataban a inocentes en aras de no se qué reivindicaciones?". Refíreste ao xenocidio franquista que moitos xustificades?

2 Freixo

Suponho que falas dos asquerosos assassinos centralistas ao serviço do chauvinismo e do supremacismo espanhóis, genocidas da língua e da cultura de Galiza, entre outras.

3 nostrus

Freixo, asqueroso es emplear el termino genocida para referirse a una cultura o a una lengua y por supuesto tambien es asqueroso evangelizar a alguien en una lengua o en una cultura determinada, porque cada persona es libre de practicar la cultura que le de la gana.

4 Desppeirador

Penso que o triste é que haixa alguén hoxe en día que defenda que Aznar non tivo a responsabilidade de meter a España no xogo contra o Islam, cando xamáis tivo Espanha atentados coma os de Madrid e Barcelona antes de que o señor "Ansar" metera a zoca en Irak. Os mesmos do PP o recoñeceron implícitamente cando tentaron tapar o de Madrid decindo que fora ETA. ¿O de Barcelona tamén foi ETA? A intervención de Espanha en Irak, e Afghanistan non impediu que cando Espanha entraba en crise no RU facían contas do ben que lles ía ir coa nosa debacle (a dos PIGS).

1 Enrique Castro

Menos en el compostelano barrio de Sar, que a estas horas centenares de personas bailan al son de una orquesta y amenizada por fuegos artificiales. Supongo que están de fiesta por que deben de considerar que Barcelona no es España y como es independiente pues la cosa no va con ellos.

1 Enrique Castro Bobalicón

Cuanto bobera tendencioso hay por aquí. A ver, ¿qué hiciste tú los días de los atentados de París o Bruselas? ¿Ahí sí te fuiste de fiesta porque los atentados no acaecieron en una ciudad de tu país? Vete a dormir, pa-yaso acomplejado