GC Aberto

Fene, o naval no último banzo

Acceder ao cambio urbanístico do estaleiro de Fene permitindo o desenvolvemento de actividades alleas á construción naval, é outorgar validación política e institucional ao seu desmantelamento.

Por galfon (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com.es/) | GC ABERTO | 19/08/2017

Comparte esta noticia

No intervalo transcorrido entre a metade da década dos 60 e principios dos anos  80, Fene, situado na banda sur da Ría de Ferrol   converteuse en punto de referencia industrial do país polo efecto inducido do «boom» da  construción  naval que prodigou un ostensible ascenso na  actividade de Astano, estaleiro da localidade que no transcurso  daquela época  construíu os maiores petroleiros do mundo botados desde as súas  bancadas; auténticos xigantes de aceiro cuxa fabricación chegou  a dar emprego a 6000 traballadores do propio persoal   e 4000 de empresas subcontratistas.

Os traballadores do naval de Navantia cortan o tráfico na AP9
Os traballadores do naval de Navantia cortan o tráfico na AP9 | Fonte: Alvaro Seco

O  acelerado proceso de industrialización motivou que o Concello  tivese que acomodar  o territorio  a aquela realidade, e  afrontar  para o efecto a redacción  dun Plan Xeral de Ordenación Urbanística acorde ao novo escenario. Un proceso levado a termo  polo último alcalde do franquismo  no transcurso do  primeiro quinquenio da década dos setenta, que a pesar de estar  fundamentado no  desenvolvismo  da época  e ser incompatible cos parámetros políticos da futura democracia, en liñas xerais, o seu contido, no que a deseño de ordenación refírese foi servíbel como patrón de revisión futura, que non así a consideración  das súas  previsións de crecemento, pois sobre o particular establecía que Fene tería 75.000 habitantes a un fixado horizonte de 1990.

Si  xeralmente  o desenvolvemento dunha actividade industrial trae consigo  o impulso do proceso urbanizador e  a dinamización  do  crecemento, en Fene a reacción foi diametralmente oposta,  pois a  mutábilidade  e longa crise no naval, pola súa condición  de principal  sector produtivo, ademais de impedir a súa consolidación como industria de síntese,  xerou o efecto inverso ao  romper toda dialéctica entre o estaleiro  e o  urbanismo xenuino, , un baleiro que trouxo consigo   un forte impacto territorial de gravosa  repercusión para o  municipio e as súas xentes que  trastornou as súas previsións e contidos.

Carencia que fai posible  que o  desempeño  da actual función da factoría  difira no substancial   da licenza de actividade outorgada no seu día, e todo, motivado en gran medida polo abandono de funcións da institución  municipal, ao non tomar o control urbanístico do estaleiro, e suspender por inadecuada a permisiva tipificación industrial xenérica de tácita  aplicación, que como queda visto facilita de forma irregular destinar  o recinto fabril a actividades alleas  ás propias do estaleiro; e iso a pesar da decisión contraria do Pleno  Municipal de xaneiro do 2009, que sobre o particular,  tomou a decisión vinculante de non autorizar o uso ou destino do solo industrial ocupado pola planta naval a fins  distintos aos estritamente vinculados á actividade  industrial de referencia.

Concentración de traballadores ante as portas de Navantia
Concentración de traballadores ante as portas de Navantia

Fene  que desde o seu planeamento, optou de forma responsable polo deseño e a creación alternativa  dun novo enclave industrial,  para así, manter e revitalizar  a actividade industrial como modelo de futuro, debe ser tamén quen estableza urbanisticamente a ordenación actualizada  do estaleiro  para a súa efectiva  funcionalidade, sen encartarse de ningún xeito  a pretensións  diversificadoras..

Temas: NAVANTIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta