Temas: TERRORISMO

Santiago colocará novos bolardos tras os atentados

O principal sindicato de policía critica ao Goberno de Santiago por non ter instalado elementos de protección nalgúns accesos á zona vella. Hoxe coñeceuse que haberá novos bolardos polo menos en Xoán e outros puntos vulnerábeis, que non se identifican por precaución.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2017 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

O goberno local de Santiago de Compostela anuncia que se colocarán de grandes maceteros, bolardos ou medidas de protección física nos próximos días en zonas sensibles da cidade, tras os atentados de Cataluña, aínda que se remarca que as medidas se adoptarán no marco dunha interlocución permanente coas forzas de seguridade.

Policía vixiando a Catedral de Santiago
Policía vixiando a Catedral de Santiago | Fonte: foropolicia.com

MÁIS POLICIA

Fontes oficiais do Concello de Santiago, en declaracións a Europa Press, lembraron que o alcalde, Martiño Noriega, mantivo reunións e conversas cos mandos da Policía Nacional, a Delegación do Goberno e a Policía Local, cos que se está a estudar a situación, por mor dos atentados de Cataluña.

Na reunión deste venres, o goberno local xa analizou cos responsables da Policía Nacional de Santiago e a Policía Local o incremento da presenza policial nalgúns puntos, como pode ser o acceso pola rúa San Francisco, no centro histórico, que desemboca na Praza do Obradoiro.

Trátase dun lugar no que en épocas como o nadal ou a festividade do Apóstolo xa se colocaron medidas de protección física, con furgóns policiais. A maiores, xa se identificaron diversos puntos "sensibles" que, por prudencia, non se indicará cales son, segundo se explica desde o consistorio santiagués.

Acceso á zona vella de Santiago polo Camiño de Santiago, con un dos catro bolardos da Porta do Camiño baixado para permitir o acceso de vehículos
Acceso á zona vella de Santiago polo Camiño de Santiago, con un dos catro bolardos da Porta do Camiño baixado para permitir o acceso de vehículos | Fonte: Google Street View

CRÍTICAS DO SUP

Este venres, o Sindicato Unificado de Policía (SUP) emitía un comunicado no que reiteraba a súa petición de instalación de bolardos "á maior celeridade" nos principais accesos ao centro histórico para evitar ataques terroristas como os sucedidos en Cataluña, á vez que esixiu máis medios e efectivos.

Respecto diso, desde o consistorio se explica que nos remanentes dos orzamentos se recollía unha partida económica para medidas de carácter máis permanente na rúa San Francisco, polo que en canto se poida facer uso desa partida procederase á súa instalación.

No entanto, vólvese a facer un chamamento á tranquilidade e a non xerar situacións de alarma.

Temas: TERRORISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 anonimo

Impresionantes algúns comentarios. Tendo en conta as atrocidades cometidas polos estadounidenses cristiáns do Ku Klux Klan.... deberíase condenar a todos os Iankis e non permitirlles vir?

4 anonimo

Non é sen tempo pero benvida a nova. Canto antes se coloquen mellor.

1 galegoexiliado

Canto antes mellor ¿e tamén nas beirarruas e ruas peonis pa impedir o paso de biciflautas? Ah, non que estos teñen liberdade total.

3 galegoexiliado

Renunciemos as nosas liverdades pa que os invasores se sintan a gusto na nosa terra, como xa fixeron ai varios séculos. Curioso, horas e horas de tv, políticos e progres por todas partes... e nin un so cartel de "benvidos......", ahora fuxen de él coma da peste.

2 Islã de satanás

Hai que banir o islã en ocidente é uma religião ou seita destrutiva e assassina https://www.youtube.com/watch?v=-t0...

1 Un da Algalia

Despois desta nova algúns terán que comerse as súas palabras chamando racistas e fascistas aos que opinamos diferente. Pero claro, as opinións dos izquierdosos son dogma de fe. Así foi...