A Xunta entrega novo material contra a vespa velutina a Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e Santa Comba

A Consellería do Medio Rural entregou novo material para a loita contra a vespa velutina aos municipios pontevedreses de Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade e ao coruñés de Santa Comba.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2017 | Actualizada ás 13:29 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural entregou novo material para a loita contra a vespa velutina aos municipios pontevedreses de Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade e ao coruñés de Santa Comba.

Segundo informou a Xunta nun comunicado, estes dous primeiros municipios sumáronse ao plan de vixilancia e control desta especie e recibiron unha pértega de 27 metros e dous equipos de protección individual cada un.

Pola súa banda, Santa Comba recibiu un equipo de protección para a loita contra esta especie, tal e como solicitara o Goberno local. A este municipio xa se destinaron dúas destas vestimentas e unha pértega, ademais do novo material.

Deste xeito, xa se entregaron en Galicia 40 das 41 pértegas que prevé repartir a Consellería xunto a 5.700 trampas e doses de líquido atraente para capturar ás raíñas e impedir que se formen novos niños.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, lembrou que este insecto "non é máis perigoso" que a vespa común, polo que recalcou que non se cren "alarmas sociais innecesarias". Ademais, explicou que, en caso de visualizar un niño, é recomendable non achegarse e alertar aos especialistas a través do teléfono 012.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta