Temas: DESAPARECIDO

O labirinto do caso Diana Quer complícase

O desbloqueo do móbil da moza que despareceu hoxe hai un ano esixe comparar os novos datos coas investigacións previas, sen que haxa certeza dunha pista fiable.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2017 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

A piques de cumprirse un ano da desaparición da madrileña Diana Quer, a investigación continúa aberta para dar co paradoiro da moza que falta desde o 22 de agosto de 2016, cando gozaba dunha noite de lecer no pobo no que veraneaba coa súa nai e a súa irmá.

Pais de Diana Quer
Pais de Diana Quer

Aínda que o pasado 19 de abril o titular do Xulgado número 1 de Ribeira, Félix Isaac Alonso Peláez, anunciaba o arquivo provisional do caso ante a falta de avances na investigación, o desbloqueo do móbil da moza por parte da Garda Civil supuxo "un paso máis" na procura, tal e como asegurou o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva.

E é que o Servizo de Criminalística da Garda Civil logrou a principios de xullo desbloquear o Iphone 6 de Diana Quer que foi achado por un mariscador o 27 de outubro nas inmediacións do peirao de Taragoña, no municipio coruñés de Rianxo.

Precisamente, no seu auto, o xuíz Alonso Peláez sinalaba que o caso se podería reabrir se a Unidade Central Operativa (UCO) conseguía acceder ao móbil para proceder á "análise e comparación da gran cantidade de datos telefónicos".

ACTUACIÓNS

O Iphone apareceu en mal estado ao estar mergullado en auga xusto no lugar onde a Garda Civil detectara que se perdía o sinal do celular. Neste tempo, os investigadores da UCO rastrexaron centos de imaxes de cámaras e cruzado datos de matrículas de coches co sinal de antena de teléfonos móbil.

Diana Quer
Diana Quer | Fonte: Europa Press

Tamén se tomou declaración a numerosas persoas, sen que as pescudas policiais arroxasen un resultado positivo sobre o paradoiro da moza.

Agora, tal e como explicou Santiago Villanueva, os investigadores deben analizar a información que tiñan recompilada e contrastala coa nova, entre a que se atopan imaxes que a Garda Civil solicitou aos medios de comunicación sobre os días posteriores á desaparición da rapaza.

Temas: DESAPARECIDO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta