Temas: METEOGALICIA

Alerta laranxa e amarela na maioría do país debido a calor

Este domingo comezan as primeiras alarmas, pero a alerta será máis importante a partir do mediodía do luns, especialmente no sur e no interior do país.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2017 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

A Xunta activará este luns a partir das 14,00 horas a alerta de temperaturas máximas correspondentes ao nivel laranxa no ámbito xeográfico do sur de Lugo, zona do Miño e sur de Ourense e zona do Miño de Pontevedra.

Termómetro, calor
Termómetro, calor

En concreto, as temperaturas poderán alcanzar valores que rolden os 40 graos, segundo indicou o Goberno galego nun comunicado.

ALERTA AMARELA ESTE SERÁN

De feito, este domingo pola tarde xa estará activo o nivel amarelo por altas temperaturas en zonas de Ourense, Pontevedra e Lugo, segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do CAE 112 Galicia, informou da situación ás zonas onde están decretadas as alertas laranxas e amarelas, aos concellos, policías locais, servizos provinciais de Protección Civil e aos bombeiros, entre outros.

Zonas de alerta por calor o próximo luns
Zonas de alerta por calor o próximo luns | Fonte: meteogalicia

CONSELLOS CONTRA A CALOR

Ante este episodio de temperaturas máximas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior propón unha serie de consellos e recomendacións, como limitar a exposición ao sol e permanecer en lugares protexidos do sol o maior tempo posible e mantelos ben ventilados.

Así mesmo, pediu aos cidadáns que teñan en conta que ao entrar e saír destes lugares prodúcense cambios bruscos de temperatura que poden afectar o noso corpo.

Tamén recomendou inxerir comidas lixeiras e regulares, así como bebidas e alimentos ricos en auga e sales minerais, como as froitas e hortalizas, as cales axudan a repor os sales perdidos pola suor.

Ademais, recomenda vestirse con roupa adecuada de cores claras, cubrindo a maior parte do corpo, especialmente a cabeza. Outro dos consellos é evitar os exercicios físicos prolongados nas horas centrais do día.

De igual modo, lembra a importancia de prestar atención ás persoas maiores e enfermas próximas que vivan soas ou illadas, así como nunca deixar a nenos nin persoas maior no interior dun vehículo pechado.

Temas: METEOGALICIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Montse

La mejor recomendación para afrontar el calor diría que es quedarse en casa junto al aire acondicionado y no salir. Y si no tienes, pues a comprar uno en una tienda especializada en aires acondicionados que es la mejor inversión que uno puede hacer para el verano. Todos los años a partir de estas fechas pasa lo mismo y hay que estar preparado. De echo las compras en aires acondicionados se disparan.

1 Nexus 6

Tiene razón, este año en España ha hecho mucho calor y ha llovido poco. He pasado el verano con algunos compatriotas de diversas regiones de España, y para todos ellos ése ha sido el denominador común. sol, mucho calor y poca lluvia. A ver cómo viene el otoñol