Temas: EUCALIPTO

Denuncian que a Xunta apoia ás multinacionais do eucalipto

A Asemblea contra a Eucaliptización reclama unha nova definición das faixas de protección e xestión da biomasa e critica ao Goberno galego por non facer unha verdadeira política contra o lume.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 21/08/2017 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

A recente aprobación da modificación da normativa que regula a realización de cortas de madeira por parte da Consellaría de Medio Rural ten provocado grandes críticas entre diferentes sectores. O último, a Asemblea contra a Eucaliptización que denuncia que a Xunta acelerou os permisos de cortas de eucaliptos para favorecer a multinacionais, nomeadamente, Portucel (The Navigator Company).

Neste sentido, critica que se teña renunciado á diversificación forestal, produtiva e industrial, para apoiar a especialización a través da expansión da celulosa e o eucalipto, "a costa das nosas paisaxes e da nosa economía". Por iso, denuncia que a nova normativa de Medio Rural "será unha patente de corso para seguir coa eucaliptización na maioría do territorio".

Por iso, insiste en que, logo da traxedia acontecida en Portugal, hai que impulsar medidas preventivas que reduzan a velocidade de propagación dos lumes e que contribúan a unha protección efectiva da poboación. "E unha desas medidas non pode ser outra que a xestión da biomasa forestal nas faixas de protección de estradas, vías de comunicación e núcleos de poboación, eliminando arborado altamente combustíbel, é dicir, eucaliptos, piñeiros e acácias", indica nun comunicado.

Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/
Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/

Proposta

A Asemblea contra a Eucaliptización avoga por unha nova definición das faixas de protección e xestión de biomasa, ampliándoa a un mínimo de 50m como establecía o decreto 105/2006 e a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios e particularizándoa en función da orografía e patrón meteorolóxico dominante en cada distrito forestal. Segundo a súa proposta, este programa establecería un prazo de 6 meses para a declaración ou solicitude de corta de piñeiros e eucaliptos por parte da propriedade dos prédios afectados. Transcorridos eses 6 meses, aqueles prédios nos que a propriedade non teña entregada a declaración ou solicitude de corta, configurararán o “Rexistro de terreos sometidos a xestión de biomasa”, incluidos de forma transitoria no Banco de Terras.

Esta entidade cre que, co apoio á renovación da concesión a ENCE e co posíbel impulso ás operacións silvícolas de Portucel, a Xunta revela que o seu plan forestal "se reduce, simplemente, a seguir apoiando a eucaliptización do país".

Temas: EUCALIPTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

2 Cálitros forever

Os benegallos sempre gobernando nas terras dos outros cando a maioría deles estudaron grazas aos eucaliptos que seus pais e avós (porque o eucalipto leva máis de 50 anos en Galicia e non secaron as fontes, non morreron os paxaros, as vacas seguen dando leite,...) plantaron no monte. Aumentar as faixas din, non deixar plantar,... iso son expropiacións encubertas como quixeron facer coas XORFOR e o Banco de Terras, comunismo puro. O que non queira eucaliptos que merque monte e plante o que lle pete. Se o queren en 50 metros que paguen por ese metros ao dono na finca. Menos comunismo de cidade e deixada a aldea tranquila.

1 Txourizospepososnon

Analfabeto. Vaia mirar certas zonas a ver se non desapareceron fontes..., xa non se sabe nin onde estaban. E en todos os países hai franxas de protección. Vai a USA que precisamente moi comunista non é e mira as leis, xa verás como alí non podes facer o que queres. Así nos vai, con ilustrados coma ti. E dígocho eu que penso que se poden poñer eucaliptos pero non en calquera sitio nin como queira cada quen. Verdade que non pode ir mariscar calquera, nin andar pola estrada cada un como queira..., ten que haber normas. E o banco de terras foi unha moi boa idea e por certo moi legalista e garantista co propietario das mesmas. Nótase que falas se ter idea.

2 Cálitros forever

Analfabeto? E afirmao alguén que non sabe que as faixas de protección en USA se realizan sobre terreos estatais xa previstos nas infraestruturas ou ben se compensa aos propietarios xa que a lei de propiedade garante a perda de poder pola non posibilidade de explotación do terreo. Fala un que non sabe que a normativa do Banco de terras do bipartito tivo que ser reformada xa que contemplaba sibilinamente a perda do dereito sobre a terra do cedente. Mesturas touciño e velocidade xa que o que non ten idea es ti. Culparás ao eucalipto do cambio climático? Outro adegueiro de cidade que ven pasear a aldea e quere un xardín privado nas leiras dos outros...

3 Txourizospepososnon

ANALFABETO e pailán. Telas todas. Só dixen que ten que haber normas. E teño montes con eucaliptos e son máis de aldea que ti. Se eses dirixentes aos que lle votades co cu non queren pagar as franxas de protección é culpa túa e de miles de indixentes mentais igual que ti porque sodes uns lambecús axeonllados. E o feito de encher de eucaliptos o rural en prados, terreos cultivables e similares só fai acelerar a desertización humana

4 Mestre_manteo

A normativa do banco de terras e a propia idea do banco de terras tiveron que ser COPIADAS. Sodes tan pailáns e ineptos, PPsoeiros, que gobernando 30 anos non fixéchedes nin un décimo do que fixo o medio-goberno do BNG. Pero é que hai máis: se algo lle pasa a Galiza e que hai unha tanda de cantamañanas que defende a quen o fai mal e critica a quen ten a idea e o fai ben, porque lle peta e lle gusta ir contra o sentidiño, ou porque simplemente pensa que falando parvadas vai tapar os feitos. Algún motivo tiña que haber para que en 500 anos este país só fora cara abaixo, comparado cos 4 largos en que por primeira vez se viu a luz do que podería ser Galiza.

1 PP-asteira

Queren facer enerxia queimando os eucaliptos... pero arderán no monte... van reventar os presos, a lei de oferta e demanda vai ir encontra do productor... enton xa non será económico logo viran eles o gobernó e os seus amigos expropiando terras, coa polizonteria, os van sacar todos o pepeiro e moi ladron e van darlle os seus amigotes ... idevos preparando a ruina negra nas aldeas... o PPepeiro vai sacar as terras os galegos para darllas os expañois, o ladroecio será grande EUCALIPTO-LUMES-PAS ESCAVADORAS- TIRADA DE MARCOS-EXPROPIACIONS