O PSdeG acusa á Xunta de "non querer que a Xustiza funcione" e esixe "explicacións" sobre a falta de persoal

O deputado do PSdeG Julio Torrado acusou este luns á Xunta de "non querer que a Xustiza funcione" e esixiu "explicacións" sobre os motivos polos que non se substitúe aos xuíces durante as súas vacacións de verán.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2017 | Actualizada ás 13:43 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O deputado do PSdeG Julio Torrado acusou este luns á Xunta de "non querer que a Xustiza funcione" e esixiu "explicacións" sobre os motivos polos que non se substitúe aos xuíces durante as súas vacacións de verán.

O deputado do PSdeG no Parlamento  Julio Torrado
O deputado do PSdeG no Parlamento Julio Torrado | Fonte: Europa Press

Así o dixo ao ser preguntado en rolda de prensa acerca das críticas vertidas na Cadea SER por parte da fiscal especializada en violencia de xénero Pilar Fernández, quen lamentou "a falta de compromiso" da Xunta con esta materia á vista do peche dun dos dous xulgados específicos de Galicia en tempada estival.

En concreto, o parlamentario autonómico sinalou que existe "un problema" de "falta de medios" no ámbito xudicial que ten un compoñente "intencionado" por parte do Goberno galego. "A Xunta non quere que a Xustiza funcione", salientou.

E, sen deixar de requirir "explicacións" ao Executivo, Torrado censurou a forma de actuar "do PP máis clásico", que cualificou de "vergonzante" e "oscurantista". "Parece que ninguén ten vontade de explicar as cousas, probablemente porque se avergoña das súas medidas", sentenciou o vilagarcián.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta