Temas: EDUCACIóN

Educación aumenta os concertos con centros privados ata 2022-2023

O PSdeG e a CIG acusan á Xunta de "blindar" os concertos con centros que separan por sexo "en contra da Constitución".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2017 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a orde da Consellería de Educación pola que se aproban os concertos educativos para o período dos próximos seis cursos, desde 2017-2018 ata 2022-2023.

Colexio privado feminino
Colexio privado feminino

Así, para o curso 2017-2018 haberá un incremento de 21 unidades concertadas respecto ao exercicio anterior ata un total de 3.913, que dan servizo educativo a 86.000 estudantes en centros privados de educación infantil, primaria, secundaria, especial e formación profesional.

Entre eles mantéñense os concertos con colexios que separan por sexo de Fomento de Centros de Ensino, titular dos colexios Montespiño, Peñarredonda, Montecastelo e Las Acacias.

Segundo sinala a Xunta nun comunicado, desde a chegada do PPdeG ao Executivo galego en 2009 o número de unidades concertadas incrementáronse en 77, o que confrotan cun aumento de 213 durante a etapa do bipartito.

Os concertos que se aproban teñen unha vixencia máxima de seis anos --amplíase o período tras a Lomce respecto do catro anos que había anteriormente--, abertos a modificacións que se poidan producir durante este prazo en función das necesidades de cada curso. O ensino concertado supón ao redor do 25% das prazas de escolarización en Galicia. O orzamento destinado supón ao redor do 11% da Consellería de Educación.

Críticas

O PSdeG e a CIG criticaron á Xunta por "blindar" os concertos con centros que separan por sexo. Así, os socialistas denunciaron que esta decisión "vai en contra do establecido na Constitución para o ensino" e está "financiado con fondos públicos".

Nun comunicado, o portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luís Álvarez, censurou que, a pesar de que o PP se ampare na Lei orgánica para a mellora da calidade educativa (Lomce), "a realidade é que non está fundamentado en ningún criterio pedagóxico que sosteña desde un punto de vista científico".

Pola súa banda, a CIG censurou que o Goberno do PP "está disposto a favorecer a determinados tipos de centros, publicamente vinculados co Opus Dei" con concertos que "se mantiveron de forma contraria á lei no seu momento".

Así, a CIG sinala que a Xunta mantén os concertos cos seguintes centros que separan alumnado: CPR Aloia, CPR LAs Acacias, CPR Montecastelo, CPR Montespiño e CPR Peñarredonda.

Temas: EDUCACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 Bufffff

Cuando la gente puede elegir, elige concertada. Esto pone de los nervios a la izquierda, una de cuyas aspiraciones es educar a la sociedad pensando que los jóvenes son más débiles psicológicamente y por ello más fácilmente manipulables. Los aleja de la educación pública única. En España es una ficción que los padres puedan educar a los hijos de acuerdo con sus propias convicciones, por ejemplo a través de las diversas leyes LGTB, cuyos individuos, para un católico, cuando tienen sexo, presentan conductas desordenadas que no se pueden aprobar en ningún caso.

2 Nio

Normal, todo el que puede lleva a sus hijos a un colegio concertado, a excepción de los lideres de izquierda, que los llevan a privados elitistas.

1 Fada-lobo

E a ti a cal che tocou. A ver se vas ser fillo de líder da esquerda? Por certo, moi mellorable a redacción que che ensinaron. Non semella que distingas moito entre rexistros informais (por exemplo nunha charla cuns amigos) e formais. Ou sexa, normal non é comezar un comentario escrito nun medio dixital con normal. Por exemplo sería máis correcto: Considero normal. Ademais, debes utiizar conectores e non comas. Por exemplo: Consdiero normal esto, ya que... Aínda quedan vacacións para ler... Lendo mellórase moito a escrita.

2 Ana

Kollona, preocupada pola redacción e fuxindo da cuestión de fondo! Pois tamén é mellorable a túa, alén de erratas, non empregas as vírgulas precisas "por exemplo[,] nunha charla cuns amigos", despois de dous puntos deberías seguir en minúscula... O problema de fondo, que a falsa esquerda leva os fillos á concertada e á privada, é certo. Exemplo: unha familia da UPG ás monxas da Praza Maior, ela foi cargo público, ou Pepiño Blanco a un colexio elitista madrileño. Por poñer dous casos de Lugo, que ti ben sabes e tapas.

3 Fada lobo

Definitivamente ti ou tes problemas de comprension ou ganas de polemicas. Non me interesa debater contigo caro e si refutar os topicos sobre o ensino publico. Ainda que razon non che falta porque casos destes hai moitos

4 Nio

Kollona , no salgas por peteneras. El problema es que en la enseñanza pública buena parte de los docentes se dedican a rascarla, amparados en el puesto vitalicio, y a pesar de cobrar más y tener menos horas lectivas que en la privada, Ah, fui a la enseñanza pública

1 Gamela

Canto estabamos a piques de ELIMINAR as subvencións aos colexios do Opus Dei chegou un ministro que revolveu toda a lexislación, especialmente a letra pequena, na que se eliminaba da lexislación relativa ás subvencións a obrigatoriedade dun ensino inclusivo sen discrimación por sexo! O responsable desta FONTANERÍA FINA está agora en París vivindo coma un marahá xunto a súa maharaní Montserrat Gomendio !!! Quen se beneficia do ensino privado concertado ? http://vientosur.info/spip.php?arti... Aínda NIGUÉN pediou o seu CESE fulminante coma embaixador de España ante a OCDE. http://gamela00.blogspot.com.es/201... Algunhas seica andan ocupadas viaxando a Caracas mentras o Opus Dei segue traballando debaixo da mesa tódolos días de Dios! https://i.gal/gamela07