O PSdeG avanza mobilizacións contra a reforma da lei galega de saúde, un proxecto "perigoso" para o sistema

O portavoz de Sanidade do PSdeG no Parlamento, Julio Torrado, avanzou este luns mobilizacións en contra do intento da Xunta de reformar a Lei galega de saúde, un proxecto que considerou "perigoso" para o sistema público.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2017 | Actualizada ás 14:48 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O portavoz de Sanidade do PSdeG no Parlamento, Julio Torrado, avanzou este luns mobilizacións en contra do intento da Xunta de reformar a Lei galega de saúde, un proxecto que considerou "perigoso" para o sistema público.

O deputado do PSdeG no Parlamento  Julio Torrado
O deputado do PSdeG no Parlamento Julio Torrado | Fonte: Europa Press

En rolda de prensa, o deputado socialista censurou que, seguindo unha estratexia "vergoñosa e covarde", o Goberno galego iniciase os trámites para modificar a lei "máis importante" do sistema sanitario no mes de agosto.

Así as cousas, avanzou que, no caso de que o conselleiro do ramo non decida comparecer "por vontade propia", levará ao primeiro pleno de setembro iniciativas para forzalo a "dar a cara" na Cámara.

Vista a alta contestación que está a ter o anteproxecto, con case un milleiro de alegacións presentadas no portal de transparencia da Xunta, o socialista esixirá a retirada deste texto e a formación dun grupo de traballo co que acordar os cambios.

Ademais, dada a influencia que terán os cambios que propugna o Executivo autonómico en áreas como Valdeorras (Ourense), O Salnés (Pontevedra) e A Mariña e Monforte (Lugo), o PSdeG está en contacto co persoal sanitario desas zonas para preparar mobilizacións.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta