A eurodeputada Lidia Senra denuncia en Europa que a Fundación Franco fai "apoloxía do xenocidio"

Lembra que todos os Estados membros deben cumprir a Decisión Marco 2008/913/JAI do Consello, relativa á loita contra o racismo e a xenofobia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2017 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

A eurodeputada galega integrada en Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), Lida Senra (AGEe), denunciou ante a Comisión Europea que a Fundación Francisco Franco, que xestiona as visitas ao Pazo de Meirás, fai "apoloxía do xenocidio e da ditadura".

Pazo de Meirás (A Coruña)
Pazo de Meirás (A Coruña) | Fonte: Europa Press

Senra rexistrou unha pregunta por escrito dirixida ao ente comunitario na que informa da "gran indignación en Galicia e no resto do Estado español que está a xerar" o feito de que a Fundación Franco xestione as visitas guiadas ao Pazo de Meirás, un Ben de Interese Cultural (BIC), cuxa propiedade ostenta a familia do ditador, despois de ser, engade, "expoliado ao pobo e a través de expropiacións de terras e extorsión con subscricións populares obrigatorias".

A eurodeputada galega tacha de "intolerable" o feito de que a Fundación asegurase hai semanas que é "unha honra e unha excelente oportunidade mostrar ao gran público a grandeza da figura de Francisco Franco".

Ante esta situación, lembra que todos os Estados membros deben cumprir a Decisión Marco 2008/913/JAI do Consello, relativa á loita contra o racismo e a xenofobia. Atendendo a este principio, Lidia Senra pídelle á CE que se sitúe sobre se considera que a postura da Fundación é un "insulto ás vítimas do franquismo" e "un exercicio de apoloxía do xenocidio e da Ditadura".

A eurodeputada tamén pide á Comisión Europea o seu posicionamento sobre o feito de que a Fundación sexa a encargada das visitas guiadas ao Pazo de Meirás, que se sitúa no municipio coruñés de Sada.

En aras a cumprir a Carta dos Dereitos Fundamentais da UE, a eurodeputada insta á Comisión Europea a porse en contacto co Estado español e coa Xunta e "tomar as medidas que sexan necesarias para atallar esta situación", "condenar o franquismo e esixir a prohibición real da apoloxía da ditadura franquista".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

4 MAMORIA HISTÓRICA

¿No tiene estudios, verdad? Esta Sra. se produce a lo Cañamero, no sabe lo que es el delito de genocidio y que de él queda excluida la persecución por motivos políticos. Por otra parte, todo se funda en la ensoñación de una Galicia comunista o antifranquista que nunca existió. Ya es llamativo que los políticos a lo Cañamero puedan votar, o que no se pueda graduar el valor de su voto. Lo bochornoso es que puedan ser diputados cuando para ser presidente de mesa hay que tener unos estudios mínimos.

1 Geisha

¿Que no hay genocidio por razones políticas? Eso te gustaría a ti y a la Fundación Franco Te lo pongo en el diccionario de la lengua de tu país, pedazo de analfabeto: http://dle.rae.es/?id=J5EDdeN No sabes de lo que hablas, listillo. Haz una carrera a ver. Y trata de conocer gente para tener relaciones sexuales en vez de hacer tanto el pelma en los foros, en éste y en de La Voz.

2 MAMORIA HISTÓRICA

O sea que no tiene estudios... ¿Así que es intersante lo que digo y me lees, eh? Échale un vistazo al art. 2 de la Convención de 1948 para la prevención y sanción del delito de genocidio, que es donde se define en serio. La RAE da una definición popular pero inveraz. La gente dice que le roban la cartera cuando en realidad se la hurtan; los nacionalistas dicen que son una nación y la definición de los diccionarios también les encaja, pero resulta que de acuerdo con la Constitución, fuera de la literatura, solo existe la nación española. Los bloqueiros hablan de genocidio o de fascismo literario sin saber de lo que hablan. Eres una osada, y no sabes de lo que hablas...

3 Geisha

Non tes por que ser experto en Dereito Internacional, nin sequera licenciado, chega con que consultes obras moi básicas de divulgación. Se che custa traballo lelas tamén cho explica a Wikipedia no teu idioma; as razóns políticas inclúense no xenocidio porque é o imaxinario político do grupo que o realiza o que xustifica a matanza. Espero que non che custe excesivo traballo entender o que poño, para min o feito de ter o Bacharelato ou a ESO non condiciona a cultura dunha persoa, que se ten interese e curiosidade pode ir moito máis alá dun título. A ti o que che impide pensar é o fanatismo, non a relativa incultura.

4 Geisha

Aínda que o fanatismo e a reflexión fan mala parella (aínda que tampouco é por iso polo que non hai ningún pensador español fascista coa máis mínima relevancia), mándolle este pequeno resumo para que se adorne noutro foro onde non o coñezan: http://revistas.ustatunja.edu.co/in... . De nada.

5 MAMORIA HISTÓRICA

Así que esta individua no tiene estudios... Deja de hacer de fantasma, que no cuela. Hace poco se quiso imputar a los delincuentes de la ETA el delito de genocidio, cuya definición aparece en el Código Penal como trasposición de lo que figura en la Convención de 1948 para prevención y sanción del delito de genocidio, y los tribunales dijeron que nones. Ni la jueza argentina amiga de Garzón imputa al franquismo genocidio, así que menos pálpitos marujiles, que solo evidencias el retardo por el que podrías pedir perdón a la audiencia. Una cosa es que tú te creas superwoman y otra que lo seas... A lo mejor lo eres, y a lo mejor eres la típica feminista, fea con ganas, que no hay quien le mire a la cara, que que está ajada y cabreada con el mundo porque no se come un rosco al haberle pasado el arroz. La frustración conduce a la melancolía...

6 Geisha

Sinto que sumes ao resentimento por non ter posición nin carreira o de non dispoñer dun pene do que sentirte orgulloso.

7 fuerabobos

Geisha, ni caso a estos pseudointelectuales palurdos que aprenden un concepto y se creen catedráticos. A la porra,mamoria histórica

3 podreiros mariscos

ollade o que esta facendo o podreiros... o seu rupturismo... están a soster a institución monoarquica, están a manter en pe o expañolismo, están a limpar o cu a demodesgracia de expaña... - http://www.abc.es/espana/abci-podem...

1 Geisha

E ti facéndolle o xogo ao falanxista de garda en vez de aplaudir a iniciativa de Lidia Senra, que foi o que o BNG non se atreveu a facer en todos os anos que co-gobernou A Coruña: Memoria Histórica Antifascista.

2 Fui

A quien habría que denunciar por apología del genocidio es a Lidia Senra, comunista convencida

1 Balbis

Bravo por Lidia Senra. Que pasa, non hai avogadxs en Galicia para denunciar esa fundación co Código Penal español na man?