Atractivo programa para as Festas de Chantada

Do 25 ao 29 de agosto a vila do Asma acollerá, entre outras actividades, olimpíadas rurais, un certame de bandas, o folión de carros e a festa da empanada.

Por X.M. Fernández | Chantada | 22/08/2017 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

Nesta recta final de agosto, Chantada celebra por todo o alto as súas Festas Patronais cun variado e interesante programa no que destacan actividades que dignifican o rural e as súas tradicións, eventos musicais e encontros gastronómicos. O día 25 terán lugar as IX Olimpíadas Rurais, un encontro lúdico-deportivo no que varios equipos compiten para superar varias probas ou deportes relacionados cos traballos agrarios: lanzamento de forcadas, lanzamento de alpacas, carreiras de rolos de herba ou carretaxe de cestos con uvas... Trátase, pois, dunha peculiar forma de dignificar o agro con humor. Para rematar esta primeira xornada haberá un concerto do grupo Gin Toni’s.

Manuel Diéguez, Concelleiro de Cultura, presentando as festas. Fonte: Concello Chantada
Manuel Diéguez, Concelleiro de Cultura, presentando as festas. Fonte: Concello Chantada

O sábado 26 pola mañá as protagonistas serán as formacións musicais locais. Pasarrúas dos “Gaiteiros da Escola Tradicional de Música” con acompañamento dos Cabezudos, e actuación da “Banda Municipal de Gaitas de Chantada”. Pola tarde actuación do grupo “A Fonte de Merlán” e repite a “Banda de Gaitas do Concello”. O prato forte desta xornada é o “Folión de Carros” a partir das 23.00 h. Mostra etnográfica especialmente interesante que disque se remonta ao tempo dos romanos ou a Idade Media e que foi declarada de Interese Turístico de Galicia no ano 2002. O pregón correrá este ano a cargo do mestre Félix Pérez Román, orixinario da zona onde empezou a docencia, emigrado en Canarias e moi ligado no seu tempo á organización do Folión.

O domingo 27 a música reinará en Chantada; pola mañá haberá pasarrúas e concerto das formacións chantadinas citadas e pola tarde, ás 18.30 h. terá lugar o XXVI Certame de Bandas de Música na Praza do Cantón.Participan nesta edición a Banda de Música de Chantada, a Agrupación Musical da Guarda e a Banda de Música Ciudad de Ponferrada. Pola noite verbena con orquestras. O luns 28 destaca a Festa Infantil con xogos populares e inchables no Parque Eloisa Ribadulla a partir das 17.00 h. Torneo de Fútbol, fogos artificiais ás 24.00 h. e verbena para rematar.

E como xa é tradición, o punto e final ás festas poñerao a Festa da Empanada o martes 29. Troula asegurada cos gaiteiros Os Barrios, as charangas Ardores e Garrafón.com e os Festicultores.

Folión de Carros. Fonte: Concello de Chantada.
Folión de Carros. Fonte: Concello de Chantada.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gomesende

"Chantadinas", a estas alturas seguimos deturpando? En castelán pega mellor? Pobres chantadeses e chantadesas! O de dignificar o agro con humor pola mocidade urbana, outra troleada. E, para superarse, o folión romano, medieval ou moderno. Total, mil anos arriba ou abaixo... Non saber pode disculparse. Pesumir de ignorante, non!

1 Papuxa

Penela loves cubatas