A Policía Local sospeita que o incendio de Gondomar foi provocado, ao ter varios focos simultáneos

A Policía Local de Gondomar (Pontevedra) sospeita que o incendio forestal declarado na noite do luns na zona de Peitieiros foi provocado, ao detectarse varios focos de lume simultáneos, segundo explicaron fontes deste corpo a Europa Press.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2017 | Actualizada ás 11:47 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Policía Local de Gondomar (Pontevedra) sospeita que o incendio forestal declarado na noite do luns na zona de Peitieiros foi provocado, ao detectarse varios focos de lume simultáneos, segundo explicaron fontes deste corpo a Europa Press.

O incendio comezou sobre as 21.30 horas do luns, e afectou a unha zona forestal de Peitieiros, chegando tamén ás áreas de Couso e Morgadáns. A Xunta confirmou que a superficie afectada polas lapas supera as 20 hectáreas, mentres fontes municipais apuntan a unhas 40 hectáreas de monte queimado.

O alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, sinalou, en declaracións a Europa Press, que o incendio está estabilizado, "o que quere dicir que se controlou o perímetro, pero séguese traballando para refrescar a área queimada".

O rexedor pediu ser "prudentes" en relación á orixe do lume, aínda que admitiu que "cando un incendio se inicia pola noite, o que fai imposible a actuación de medio aéreos", todo apunta a que se trata dunha acción provocada.

SEN PERIGO

Ferreira explicou que as lapas afectaron a zona forestal e que ningunha vivenda correu perigo, nin foi necesario evacuar a ningún veciño. Así mesmo, confirmou que o lume chegou a controlarse antes de que se puidese estender ao Parque Natural do Monte Aloia, no municipio veciño de Tui.

A Consellería do Medio Rural sinalou que este incendio permanece estabilizado desde as 5,00 horas deste martes. Entre os medios mobilizados inclúense seis axentes, 19 brigadas, 18 motobombas e dúas pas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta