Galicia preto da alerta por seca

Hai varias localidades que xa sufriron problemas de subministro de auga e impuxeron restricións. Para a semana o comité responsable, que ten decretada prealerta dende hai 8 meses, podería elevar un chanzo máis as medidas de control e decretando unha alerta.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/08/2017 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

Galicia leva dende mediados de xaneiro en prealerta de porseca. O verán está a empeorar a situación e xa hai varias localidades con problemas e restricións. O comité gobernamental responsable, Oficina Técnica dá Seca (OTS), dependente da Consellería de Medio Ambiente, reunirase a próxima semana. Sobre a mesa estará a posibilidade de decretar a alerta definitiva, o que implicaría maiores restricións. 

Auga da billa.
Auga da billa.

Os datos oficiais son preocupantes. A Confederación Hidrográfica do Miño e Sil indica que este ano houbo un 40% menos de precipitacións que na serie histórica. O nivel dos encoros non chega a metade.

Na Galicia costeira o problema aínda non é tan grave polo de agora. Con todo, o responsábel desta conca hidrográfica, a chamada Galicia Costa, o xerente de Augas de Galicia, advirte do que pode pasar. “Se ao longo prazo, se o outono se prevé moi seco, a situación sería peor” , sinala Gonzalo Mosquera. 

O seu homólogo na Confederación Hidrográfica Miño Sil non dubida en apuntar ao cambio climático como un dos responsabeis. En declaracións a RNE, Francisco Marín admite que é “anormal” que chovera un 40% menos que na media histórica. O mandatario estatal advirte a poboación que pode que “teñamos que empezar a convivir con estes efectos do cambio climático”. 

Como afectará o cambio climático á choiva en Galicia? Marín estima que igual non chove menos, pero os períodos de chuvia van ser máis curtos e virulentos, o que causará problemas en infraestruturas e colleitas; mentres secas como a actual serán máis longa e prolongadas.

O Lago Castiñeiras, nas serras do Morrazo, está prácticamento baleiro por mor da seca
O Lago Castiñeiras, nas serras do Morrazo, está prácticamento baleiro por mor da seca | Fonte: Iago Roel Twitter

Problemas que empezan a notarse en varias localidades, especialmente naquelas de tamaño non moi grande, que se abastecen de fontes, e que ven multiplicarse a poboación no estío debido ao turismo e aos emigrantes de vacacións.

Un exemplo sería Cabana, na Coruña, onde os 3.400 cidadáns do censo normal dispáranse até 9.000 habitantes nestas datas. Aló, dende o 15 de xullo, un bando limitou os usos da auga só para tarefas domésticas. Nin se regan xardíns nin hai auga nas duchas da praia.

O sur de Ourense, ademais de aturar moitísimos incendios, ten que apandar cun verán moi seco. En Vilardevós o alcalde tivo que chamar ao veciño concello de Verín para que lle encheran os depósitos municipais. Foi a intervención dun camión dos bombeiros o único que impediu que se tivese que cortar o suministro en plenas festas patronais. 

Incluso en lugares que temos asociados coa auga hai problemas. Por exemplo, Ponte Maceira, tradicional paso sobre o Tambre e un das ribeiras próximas a Santiago máis fermosas. Aló, o afamado Restaurante Ponte Maceira leva recurrindo a camións cisternas cada dous días dende hai varias xornadas para encher os depósitos. 

As choivas que se agardan para o venres pola noite poderían dar un respiro ante esta preocupante situación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Cam de palheiro

Eu ainda sigo a ver regar os xardins,na miña zona, todolos días sen ningún tipo de controversia.

1 Gamela

esto sí que non é ningunha broma ! e lonxe de tomar medidas de aforro seguimos a encher piscinas e chamar arrebato aos turistas para que abran o grifo dos hoteis sen límite !!! En Vigo a empresa concesionaria factura por 30 m3 o recibo da auga, e o alcalde dí que Vigo REGALA 30 m3 de auga aos seus cidadáns polo mesmo prezo que outros concellos! REGALA O QUE NON TEMOS !!! e fai negocio co que debera ser un ben público a protexer !!!

1 Gamela

sobre este asunto teño unha pregunta sen resposta por parte da Marea de Vigo (que como sabedes ten bloqueada a miña conta!) pero non comprendo ben este informe da OCU no que se pode ver que a diferenza entre A Coruña (xestión pública) e Vigo (xestión privada) é dun euro ao ano a favor de Vigo ? NON COMPRENDO CÓMO É POSIBLE https://www.ocu.org/alimentacion/ag...