Estes son os mestres que desafían o decretazo

Beatriz, 25 anos dando matemáticas en galego en Lalín. Cibrán, 20 anos facendo o mesmo en Silleda. Estes membros de 'Profes co galego' son os protagonistas do primeiro vídeo de produción propia de Tingalaranga para Galicia Confidencial. Unha nova aposta para dar voz aos que ignoran os grandes medios. Vídeo no interior.

Por Walter Burns | O Irixo | 26/09/2010 | Actualizada ás 22:57

Comparte esta noticia

 

O “Decreto do Plurilingüismo” reduce o mínimo dun 50% aulas en galego. O goberno do PPdeG aprobouno esgrimindo a súa promesa electoral de acabar coa suposta “imposición” da lingua do país durante o bipartito.

A lei desatou o maior conflito da era Feijóo. Reixeitana case todas as asociacións de profesores, alumnos, pais e institucións culturais como a Academia ou o Consello da Cultura.

Por que arriscarse a unha sanción?

Vía Facebook e dende dentro das aulas nace agora  un novo grupo opositor. Son 'Profes co Galego' . Mestres que, malia a obriga que lles impón o Decreto de ensinar o castelán, están dispostos a seguir falando o idioma propio.

Que leva a un funcionario a arriscarse a ser sancionado, ou mesmo expulsado das aulas?

Galicia Confidencial falou con Cibrán e Beatriz máis dunha hora e nunca agromaron razóns políticas. Nin mencionaron as palabras nación ou pobo, nin atacaron ao PPdeG. Tan só deixaron ver un profundo amor pola docencia e polo seu idioma. E tamén argumentacións legais e estatísticas.

O 20% sae das aulas sen saber falar galego

Por exemplo, Cibrán lembra que os datos oficiais din que un de cada cinco mozos remata os estudios obrigatorios sen saber conversar correctamente en galego. “Que é o que se pretende, que en vez de un de cada cinco, haxa dous ou tres de cada cinco incompetentes en galego?”, pregúntalle ao Goberno.

Beatriz argumenta que o “ilegal” Decreto contradí a Lei de Normalización, que fixa un progresivo uso do galego na escola. A docente sinala que a súa obriga como funcionaria é, no caso de contradición, cumprir a norma de maior rango.

Libros en galego deixados no corredor

Os dous son mestres de Matemáticas, materia que a nova norma marca por defecto en castelán. Para o profesor “as ciencias e as tecnoloxías identifícanse co moderno e co progreso; polo que escoller as ciencias para as clases en castelán lévanos a identificar este mundo de progreso co castelán, impoñéndolle ao galego máis prexuízos dos que xa soporta”.

GC gravou montes de libros de Matemáticas deixados sen uso no corredor do colexio público no que filmamos. O Goberno aínda non explicou nin aos centros nin á prensa que vai facer cos libros, propiedade pública.

Beatriz e Cibrán non parecen ter vocación de heroes. Son conscientes do risco da súa escolla, que xa están aplicar esta semana. Aos seus compañeiros e á Xunta só lles piden unha cousa, que reflexionen sobre a Carta Aberta ao Conselleiro de Educación. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 145 comentarios

42 Xián

Parabéns queridos compañeiros!!! Xente coma vós é o que necesita a nosa lingua. Eu teño compañeiros/as que desde que están no ensino sempre deron as clases en galego e agora, con este decreto, séntense ameazados e con medo. Algo que nunca lle escoitei a un profesor/a que tivese obrigado a dar a súa materia en lingua galega en anteriores lexislaturas. Somos moitos os que coñecemos profesores e profesoras que non cumpriron a lei e impartiron as súas clases en castelán, cando o tiñan que facer en galgo, e tan tranquilos. Malia leva! Ninguén NUNCA lles dixo nada e moito menos falar de abrirlles expediente... Os que tanto falan de IMPOSICIÓN que boten unha ollada ao pasado recente!!!

41 unha profe

Cando Queremos Galego andou a recoller sinaturas da campaña "Eu dou e darei as aulas en galego" estes camaleóns do STEG dixéronlle á xente que non asinaran porque lle podían abrir expedente. De que van estes carotas?

40 Manué

Pues yo, al margen de toda esta pila de opiniones insultantes soloo quiero felicitar a GC por esta información. Aquí los profesores explican con claridad y con argumentos por que deben desobedecer este decreto. Los ampara la ley y eso no hay quien lo discuta. Cuando la gente se expresa directamente como en este video, las cosas quedan claras, no hay margen para la distorsión, por mucho que aqui opinen los boss de Galicia Bilingüe. Hablo habitualmente castellano, pero mis hijos, aqui en Coruña, respetan y quieren saber galego!!!

39 Manuel

Estamos con vós, sodes nós.

38 Aitor

Repito: E que pensa Lady Metílico de todo sito? Estará xa a santa inquisición de Galicia Bilingüe facendo unha lista de profesores que imparten en galego as materias prohibidas para o galego? Ánimo, Lady Metílico, agárdase a túa próxima aparición en Esradio, La Cope, Intereconomía, La Voz Libre, Periodista Digital, etc., vamos, lo más granado del fachería hispánico. O único que queda por dilucidar é se GB vai denunciar directamente ou vai empregar pais e nais e os medios fachas para facelo.