Estes son os mestres que desafían o decretazo

Beatriz, 25 anos dando matemáticas en galego en Lalín. Cibrán, 20 anos facendo o mesmo en Silleda. Estes membros de 'Profes co galego' son os protagonistas do primeiro vídeo de produción propia de Tingalaranga para Galicia Confidencial. Unha nova aposta para dar voz aos que ignoran os grandes medios. Vídeo no interior.

Por Walter Burns | O Irixo | 26/09/2010 | Actualizada ás 22:57

Comparte esta noticia

 

O “Decreto do Plurilingüismo” reduce o mínimo dun 50% aulas en galego. O goberno do PPdeG aprobouno esgrimindo a súa promesa electoral de acabar coa suposta “imposición” da lingua do país durante o bipartito.

A lei desatou o maior conflito da era Feijóo. Reixeitana case todas as asociacións de profesores, alumnos, pais e institucións culturais como a Academia ou o Consello da Cultura.

Por que arriscarse a unha sanción?

Vía Facebook e dende dentro das aulas nace agora  un novo grupo opositor. Son 'Profes co Galego' . Mestres que, malia a obriga que lles impón o Decreto de ensinar o castelán, están dispostos a seguir falando o idioma propio.

Que leva a un funcionario a arriscarse a ser sancionado, ou mesmo expulsado das aulas?

Galicia Confidencial falou con Cibrán e Beatriz máis dunha hora e nunca agromaron razóns políticas. Nin mencionaron as palabras nación ou pobo, nin atacaron ao PPdeG. Tan só deixaron ver un profundo amor pola docencia e polo seu idioma. E tamén argumentacións legais e estatísticas.

O 20% sae das aulas sen saber falar galego

Por exemplo, Cibrán lembra que os datos oficiais din que un de cada cinco mozos remata os estudios obrigatorios sen saber conversar correctamente en galego. “Que é o que se pretende, que en vez de un de cada cinco, haxa dous ou tres de cada cinco incompetentes en galego?”, pregúntalle ao Goberno.

Beatriz argumenta que o “ilegal” Decreto contradí a Lei de Normalización, que fixa un progresivo uso do galego na escola. A docente sinala que a súa obriga como funcionaria é, no caso de contradición, cumprir a norma de maior rango.

Libros en galego deixados no corredor

Os dous son mestres de Matemáticas, materia que a nova norma marca por defecto en castelán. Para o profesor “as ciencias e as tecnoloxías identifícanse co moderno e co progreso; polo que escoller as ciencias para as clases en castelán lévanos a identificar este mundo de progreso co castelán, impoñéndolle ao galego máis prexuízos dos que xa soporta”.

GC gravou montes de libros de Matemáticas deixados sen uso no corredor do colexio público no que filmamos. O Goberno aínda non explicou nin aos centros nin á prensa que vai facer cos libros, propiedade pública.

Beatriz e Cibrán non parecen ter vocación de heroes. Son conscientes do risco da súa escolla, que xa están aplicar esta semana. Aos seus compañeiros e á Xunta só lles piden unha cousa, que reflexionen sobre a Carta Aberta ao Conselleiro de Educación. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 145 comentarios

32 Diseños CAMAN

Pareceme moi ben que den as clases en galego,¿Qué imos trocar de lingua, segun, lles pete a cada gobreno?. Os nenos non teñen problemas coa lingua, iso e cousa de maiolles. Se entenden Sinchan en galego, tamen entenden as mates.

1 Pardo de Cela

Non home non. Cómo se vai estudar en galego unha asignatura como as matemáticas, na que tantos premios nóbel en castelán existen?. Vas a comparar o galego, idioma europeo de seu, co falado en Andalucía, El Salvador, Guinea Ecuatorial, etc?. Por favor, si dentro duns anos o castelán será de ensino obligatorio en Harvard, Sorbona, Cambridge, etc. A onde imos a parar!!!

2 Manolo

Pues no se si será de enseñanaza oblitatoria en las universidades mencionadas, pero en la de Columbia puedo decir por experiencia propia que si que lo entienden.

3 Manolete

E logo, obligáronlle aos profesores a sabelo? Temos que comezar unha nova cruzada contra a imposición!

4 Porco Jones

Vale Manolo, fuche á universidade de Columbia. Pois que triste rematar de bolseiro de GB ¿Será que non aprendiche moito?

5 Rayleigh

Oes Manolo..Nos USA non hai unha asociación similar a GB? Creo que se chama "English Only" que loita contra a imposición do español nese país. Quizáis debería ser informada da tremenda imposición os profesores da Universidade de Columbia que lles obrigan a saber español. Seguro que poderían aprender moito da demagoxía de GB.

6 Diseños CAMAN

Nenos eu non fun a ningunha universidade quedenme en fp, pero sen do que falo, por que o fago en galego coma a maioria da xente do meu redor, para as mates 1kg de patacas = a 1kg de patatas, e quen non entenda isto e todo o resto do libro e un chorras con ganas de follon que se peina coa raia do pelo en medio e leva o xersei polos hombreiros

7 Manolo

Esa asociación no es similar a Galicia Bilingüe, que pretende la libertad de elección entre los dos idiomas oficiales. Mas bien es completamente similar a la Mesa por la Normalización Lingüistica y otros peones del BNG que pretenden imponer un solo idioma en Galicia despreciando al otro. La verdad, que hasta ahora no se me había ocurrido, pero si, sois iguales, quereis empobrecer la cultura gallega reduciéndola a un solo idioma, igual que los del Ku Klux Klan y sus satelites, excluyendo al resto. Gracias por la idea.

8 galego

A ver colono Manolo, por non vas para o teu pais e nos deixas tranquilos

9 Manolo

¿Tu país? Pierde cuidado. Vivo en una ciudad gallega, es decir, en España, y no tengo ningunag gana de irme. Intenta echarme, anda.

10 Rayleigh

"Imponer un idioma, despreciando al otro" Es decir..lo que estás haciendo tú mismo, no? "quereis empobrecer la cultura gallega reduciéndola a un solo idioma" Tu no eres muy inteligente, verdad? Que es lo que quiere GB? Que yo sepa TODOS los de GB quieren que desaparezca el gallego. TODOS. Ellos no quieren contacto EN ABSOLUTO con el otro idioma..Están empobreciendose, no? No eches sobre los demás la m..da de la secta de GB. Que te estás confundiendo muchacho!! Si sólo hay que hacerlo escribir para ver sus verdaderas intenciones que se alejan muy mucho de lo que repiten como mantras..Sigue manolo, sigue.

31 Sara

Hoxe fun buscar unha caixa de cartón a un almacén do meu centro e vin moreas de libros de matemáticas, de física e química, todos agardando polo lume. Centos de libros estragados pola intolerancia e o radicalismo pepero contra o galego. Logo dirán que hai crise¡¡¡

1 Manoliño

E quen dixo que os van queimar? Por outra banda, o que se acostuma a facer en almacéns de editoriais con libros que non se venden e os autores non queren que vaian ás librarías de vello e trituralos, que contamina menos, o papel pódese reciclar, etc. Así desaparecen centos e centos de libros como cousa corrente e ninguén di nin chi.

2 Para Manoliño

A ver fillo, por que non vas mirar se chove e deixas de tocar o cara...llo?

3 Rayleigh

Claro claro..Queda moito mellor trituralos que queimalos. O problema non é que a xente non os queira. O problema deses libros é que están en galego. Agora os feixistas os trituran en vez de queimalos..Hoxe en día ata eles se preocupan polo medio ambente.

4 Diseños CAMAN

A xunta deu entre 15 e 25€ de beca para mercar o libro de mates en primaria,os que estan encontra do galega nas aulas que o pagen do seu bolsiño xa que polo visto eles non teñen crise.

5 Manoliño

Ray, ¿e as imprentas de que viven se non hai libros que imprentar? Os libros expúrganse en bibliotecas, editoriais e non pasa nada. Os libros son obxectos utilitarios e cos libros electrónicos, aínda mais, ocupan espacio que vale cartos. Cando non serven ou non se usan e so ocupan espazo, ao lixo ¿E que? ¿Por que non ides protestar ás editoriais que trituran libros de xeito cotián? Canta demagoxia.

6 LaFaldadeCarolina

E que pensa a túa muller de todo isto? Ou anda preocupada coa reapartura do caso metílico?

7 Rayleigh

Xa, xa..supoño que tamén farían o mesmo co panfleto que Glory chamaba libro que escribiu. Salvo os 4 gatos fanáticos dela, dubido moito que vendera máis. O malo manoliño, é que non son libros que non serven. Expúrganse por que están en galego. Por que os coñecementos que atesoran son os mesmos aquí que en Francés, Xaponés ou malaio. Aínda que os de GB anden convencidos de que si están escritos en galego son distintos.

30 Aitor

E que pensa Lady Metílico de todo sito? Estará xa a santa inquisición de Galicia Bilingüe facendo unha lista de profesores que imparten en galego as materias prohibidas para o galego? Ánimo, Lady Metílico, agárdase a túa próxima aparición en Es radio, La Cope, Intereconomía, La Voz Libre, Periodista Digital, etc., vamos, lo más granado del fachería hispánico.

29 Rayleigh

Xa está solto o Troll de GB..Soltaronlle a cadea outra vez, por que están vendo que cada vez están dando máis mágoa. Coidado que morde! A este paso pasar por eiqui, vai ser necesario te-la vacina antirrábica.

1 Turkoo

Pois a ver qual é destino que nos espera. Em Vieiros por culpa dos trasnos, mudou-se o sistema e perdeu-se boa parte do debate. Nom sei qual é o segredo do Chuza porque sempre puido haver debate sem problemas assim.

28 GDSGSDG

ÁNIMO A LOS PROFESORES QUE DAN EN ESPAÑOL SUS MATERIAS Y A LOS ALUMNOS QUE DESOBEDECEN LAS LEYES QUE LES OBLIGAN A ABANDONAR SU LENGUA

1 Turkoo

Non se preocupe, que sempre haberá alunos e profesores que libremente se expresen na lingua que queiran no ámbito que sexa. O que acontece aquí é que sempre se impón unha lingua como se fora algo "natural", e se a outra se impón é algo "innatural". Xa sabemos que sempre vai a haber xente que loite polo castelán (diso non vai faltar). Afagámonos, isto xa non se soluciona con guerras, senón con democracia, así que tentemos de convivir todos tamén cos galegos que non se deixan mexar por enriba.

2 Nardo

Unha grande mentira e unha evidencia de que os bífidos están polo español, non pola igualación dos dereitos dos galegofalantes, que son os que non poden vivir en galego, e os castellanfalantes: o alumnado nunca tivo problemas para se expresar no que quixeron, son só uns cantos pais e nais que lles trasmiten os seus prexuízos cara ao galego; e ao rpofesorado que incumpre as normas dende os comezos dos 80 nunca lles abriron un expediente.

3 dsdfsd

pues deberian abrir un expediente a aquellos profes que no emplean el gallego, como marca la ley. Denunciadlos.

4 Nardo

dsdfsd: eu non denuncio a ninguén, non é o meu traballo. Pero aos pilinguis si que vos vexo denunciando a todo cristo.