Estes son os mestres que desafían o decretazo

Beatriz, 25 anos dando matemáticas en galego en Lalín. Cibrán, 20 anos facendo o mesmo en Silleda. Estes membros de 'Profes co galego' son os protagonistas do primeiro vídeo de produción propia de Tingalaranga para Galicia Confidencial. Unha nova aposta para dar voz aos que ignoran os grandes medios. Vídeo no interior.

Por Walter Burns | O Irixo | 26/09/2010 | Actualizada ás 22:57

Comparte esta noticia

 

O “Decreto do Plurilingüismo” reduce o mínimo dun 50% aulas en galego. O goberno do PPdeG aprobouno esgrimindo a súa promesa electoral de acabar coa suposta “imposición” da lingua do país durante o bipartito.

A lei desatou o maior conflito da era Feijóo. Reixeitana case todas as asociacións de profesores, alumnos, pais e institucións culturais como a Academia ou o Consello da Cultura.

Por que arriscarse a unha sanción?

Vía Facebook e dende dentro das aulas nace agora  un novo grupo opositor. Son 'Profes co Galego' . Mestres que, malia a obriga que lles impón o Decreto de ensinar o castelán, están dispostos a seguir falando o idioma propio.

Que leva a un funcionario a arriscarse a ser sancionado, ou mesmo expulsado das aulas?

Galicia Confidencial falou con Cibrán e Beatriz máis dunha hora e nunca agromaron razóns políticas. Nin mencionaron as palabras nación ou pobo, nin atacaron ao PPdeG. Tan só deixaron ver un profundo amor pola docencia e polo seu idioma. E tamén argumentacións legais e estatísticas.

O 20% sae das aulas sen saber falar galego

Por exemplo, Cibrán lembra que os datos oficiais din que un de cada cinco mozos remata os estudios obrigatorios sen saber conversar correctamente en galego. “Que é o que se pretende, que en vez de un de cada cinco, haxa dous ou tres de cada cinco incompetentes en galego?”, pregúntalle ao Goberno.

Beatriz argumenta que o “ilegal” Decreto contradí a Lei de Normalización, que fixa un progresivo uso do galego na escola. A docente sinala que a súa obriga como funcionaria é, no caso de contradición, cumprir a norma de maior rango.

Libros en galego deixados no corredor

Os dous son mestres de Matemáticas, materia que a nova norma marca por defecto en castelán. Para o profesor “as ciencias e as tecnoloxías identifícanse co moderno e co progreso; polo que escoller as ciencias para as clases en castelán lévanos a identificar este mundo de progreso co castelán, impoñéndolle ao galego máis prexuízos dos que xa soporta”.

GC gravou montes de libros de Matemáticas deixados sen uso no corredor do colexio público no que filmamos. O Goberno aínda non explicou nin aos centros nin á prensa que vai facer cos libros, propiedade pública.

Beatriz e Cibrán non parecen ter vocación de heroes. Son conscientes do risco da súa escolla, que xa están aplicar esta semana. Aos seus compañeiros e á Xunta só lles piden unha cousa, que reflexionen sobre a Carta Aberta ao Conselleiro de Educación. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 145 comentarios

7 Manoliño

É para min outro xeito de chamar a atención. O que xa parecía previsible era que se buscase a notoriedade, por exemplo que lles abrisen un expediente administrativo e os sancionen para así facerse as víctimas. Dubido que ocorra algo así porque no que eu coñezo, nas aulas non hai ningún problema. Os profesores que teñen que dar as materias en galego fano, e os que as teñen que dar en castelán, ídem. De feito, coñezo a quen imparte dúas materias: nunha fala en castelán, e noutra en galego.

6 Brais

Para todos os bífidos: Non vos alporicedes (ainda máis), se hai xente que segundo o voso infalible e superior criterio legal está incumprindo unha lei, utilizade as ferramentas que vos da o estado de dereito (pffff), denunciades (será por diñeiro) e agardades a unha sentencia que chegará en coche volador no 2080. Daquela xa todos falaremos chinés, una lengua también propia de galicia.

5 Nerea10

Todos cos mestres e mestras que defenden o dereito das nosas crianzas a viviren na lingua Nacional dos galegos.

4 O Pinche

verdadeiramente, pódeselhes chamar Mestres! Grazas por coidar da lingua, e do futuro da terra! Ánimo!

3 Filipe

A actitude destes profesores, de desobediencia civil diante de ordes inxustas e ilegais, debería ser un exemplo para a sociedade. No tema da lingua e en tantos outros. Parabéns e ánimo!

1 Anticaciques

¿Y quien eres tu para decir cuando una orden o ley es ilegal? Si no te gusta, a ganar las elecciones, y a cambiar la ley por los cauces elegidos. Lo contrario es fascismo. Eso es lo que te mola

2 Teresa S.

Alecrín, alecrín dourado que naceu no monte sin ser sementado.......amor, quen che dixo a tí que a flor de toxo e o alecrin....// Adiante profes!

3 O Pinche

anticaciques? lo contrario es fascismo? HAHAHAHA Da risso ver a eterna misseria intelectual da dereita, nom lhes queda mais remedio que apropiarsse de termos e argumentos da esquerda... Os caciques e os fascistas sábesse bem quenes som e quenes forom, e quenes som os seus filhos, naturais e morais.

4 Manoliño

Na miña opinión, ao mellor equivocada, non se pode defender que é ilegal. As leis interprétanse ao gusto de cada quen, e os gobernos dictando regulamentos fano de xeito oficial, e as súas interpretacións son as que valen mentres non son derogadas polos tribunais. E paréceme difícil que sexa ilegal o decreto de Feijoo cando no País Vasco había ou hai varios modelos, con mais ou menos eusquera, todos eles legáis ¿ou non?

5 raxozorza

Manoliño, es un cínico. Sabes perfectamente que nos coléxios pijos concertados (subvencionados por nós), onde a burguesia crea as suas burbullas sociais para que os seus fillos non se mesturen co povo, nunca, repito NUNCA NA HISTÓRIA, se cumpriu nengunha normativa referente ao uso do galego nas aulas. ASÍ, QUE CALA A BOCA AGORA E VOLTA Á CAVERNA, CAN!

6 Anticaciques

Alucinante. Pues si tienes conocimiento de que en algún colegio se incumple la ley, tu deber es denunciarlo. Pero estos energúmenos no solo la incumplen sino que además alardean de ellos

7 Un verdadeiro anticaciques

¿Pero que dis? Non fales cando non tes nin idea. Primeiro, esta lei é ilegal, vulnera o Estatuto e a Constitución. Segundo, a lei anterior, que daba o 50% das horas lectivas ao galego foi incumplida sistemáticame3nte dende a súa aplicación. Así que cala, cínico.

8 Manolo

Del estatuto no tienes idea y de la Constitución menos. Según esta última, norma fundamental de nuestro ordenamiento juríridico, que estos infractores no conocen, el único idioma que tenemos el deber de conocer y el derecho a usar es el castellano.

9 Rayleigh

Pero manolo...Eso no es imposición?? Donde está Glory?!! Que ataque!! A la yugular de esta norma impositora!!

10 Manoliño

#5 ¿Algún insulto mais? ¿Tesme gañas, eh? ¿A ver se no fondo sabes que teño razón -que procuro non deixarme enganar- e a verdade lastima...? Non me consta en absoluto que nos concertados non se cumpra o decreto e lembro agora mesmo unha denuncia, seguramente de GB, na que se dicía que unha profesora dun colexio do paseo marítimo coruñés castigara a un rapaz por non usar "o código" que a profesora demandaba. Tranquilidade...

11 Manoliño

#7 Outro que tamén morde ¿Desde cando o estatuto e a Constitución son de aplicación directa, ou cabe a posibilidade de esixir o seu cumprimento nos tribunais (como non sexan os dereitos fundamentais do tít. I da CE)? Non é ilegal, e o cabreo para min o que pon en evidencia é que sábelo.