Estes son os mestres que desafían o decretazo

Beatriz, 25 anos dando matemáticas en galego en Lalín. Cibrán, 20 anos facendo o mesmo en Silleda. Estes membros de 'Profes co galego' son os protagonistas do primeiro vídeo de produción propia de Tingalaranga para Galicia Confidencial. Unha nova aposta para dar voz aos que ignoran os grandes medios. Vídeo no interior.

Por Walter Burns | O Irixo | 26/09/2010 | Actualizada ás 22:57

Comparte esta noticia

 

O “Decreto do Plurilingüismo” reduce o mínimo dun 50% aulas en galego. O goberno do PPdeG aprobouno esgrimindo a súa promesa electoral de acabar coa suposta “imposición” da lingua do país durante o bipartito.

A lei desatou o maior conflito da era Feijóo. Reixeitana case todas as asociacións de profesores, alumnos, pais e institucións culturais como a Academia ou o Consello da Cultura.

Por que arriscarse a unha sanción?

Vía Facebook e dende dentro das aulas nace agora  un novo grupo opositor. Son 'Profes co Galego' . Mestres que, malia a obriga que lles impón o Decreto de ensinar o castelán, están dispostos a seguir falando o idioma propio.

Que leva a un funcionario a arriscarse a ser sancionado, ou mesmo expulsado das aulas?

Galicia Confidencial falou con Cibrán e Beatriz máis dunha hora e nunca agromaron razóns políticas. Nin mencionaron as palabras nación ou pobo, nin atacaron ao PPdeG. Tan só deixaron ver un profundo amor pola docencia e polo seu idioma. E tamén argumentacións legais e estatísticas.

O 20% sae das aulas sen saber falar galego

Por exemplo, Cibrán lembra que os datos oficiais din que un de cada cinco mozos remata os estudios obrigatorios sen saber conversar correctamente en galego. “Que é o que se pretende, que en vez de un de cada cinco, haxa dous ou tres de cada cinco incompetentes en galego?”, pregúntalle ao Goberno.

Beatriz argumenta que o “ilegal” Decreto contradí a Lei de Normalización, que fixa un progresivo uso do galego na escola. A docente sinala que a súa obriga como funcionaria é, no caso de contradición, cumprir a norma de maior rango.

Libros en galego deixados no corredor

Os dous son mestres de Matemáticas, materia que a nova norma marca por defecto en castelán. Para o profesor “as ciencias e as tecnoloxías identifícanse co moderno e co progreso; polo que escoller as ciencias para as clases en castelán lévanos a identificar este mundo de progreso co castelán, impoñéndolle ao galego máis prexuízos dos que xa soporta”.

GC gravou montes de libros de Matemáticas deixados sen uso no corredor do colexio público no que filmamos. O Goberno aínda non explicou nin aos centros nin á prensa que vai facer cos libros, propiedade pública.

Beatriz e Cibrán non parecen ter vocación de heroes. Son conscientes do risco da súa escolla, que xa están aplicar esta semana. Aos seus compañeiros e á Xunta só lles piden unha cousa, que reflexionen sobre a Carta Aberta ao Conselleiro de Educación. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 145 comentarios

2 Bértolo

Parabéns a estes dous mestres pola súa claridade expositiva e pola afouteza e a dignidade que demostran neste smomentos.

1 Anticaciques

La próxima vez que un político robe, o que un animal sea detenido por ir al volante mazado y a 180, tendrás que decir lo mismo.

2 Rayleigh

Bueno..estos profesores hacen lo mismo que pedía hacer Glory Lake con el anterior Decreto. Ella misma hacía apología de ello. Pero claro..como no lo hacen al gusto de ella..son unos chicos malos. Por cierto, anticaciques, dirás lo mismo de los profesores que teniendo que dar sus clases en gallego las dan en castellano, no?? No quiero pensar que eres un sectario...

1 Anticaciques

Si incumplen un decreto aprobado por un gobierno legítimo, y encima alardean de ello, son unos posibles delincuentes que deben ser juzgados y condenados adecuadamente. Y por supuesto que quien incumple la ley de manera tan descarada debe ser expulsado ipso facto de la docencia. Menuda escuela de delincuentes crearían. Estamos hartos de personajes que se creen supermán y pretenden suplantar a las instituciones pasando las leyes por el arco del triunfo Gracias a Galicia Confidencial por darnos pruebas tan evidentes de las hazañas de estos personajes

1 Coruñés do Parrote

Pois corre ao xulgado ou xunta Gloria Lago a inquisidora e comeza por todos aqueles que durante anos incumpriron, con descaro ou sen el, os decretos anteriores, ti si que es un heroe. Polo demais, vese ben que non percibes precisamente a humildade e serenidade destas persoas, todo o contrario a ir de heroes ou mártires.

2 xocas

jejeje..este anticaciquiño é o protagonista dalgún komic?

3 merdon

Si home si, é o mesmo o código e o dereito penal, e as normas administrativas.... hai que estudiar algo máis.

4 Anticaciques de caciques

non é por nada ¿e como cualificarias a actitude dos gobernos dirixidos polo PP que se declaran insumisos con leis xerais: aborto, matrimonio homosexual,etc? Pero non quero sairme do tema, durante estes ultimos anos os meus fillos recibiron clases en castelán das que estaba reguladas para impartir en galego ¿onde estaba Galicia-bilingüe(español-castelá) daquela? onde andabas tí e outros coma tí. Eu tamén estou farta de xentes que tratan de impoñerme outra cousa e farta de gobernos que se pasan as leis polo seu arco do triunfo electoral como si foran superheroes.