Un novo lume en Monterrei provoca o corte da A-52

É a terceira vez que os incendios provocan problemas de tráfico nesta autovía. O lume tamén afectou á subministración eléctrica en Verín.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2017 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

Un incendio no Concello de Monterrei (Ourense) obrigou a cortar un carril da A-52, a autovía das Rías Baixas, ao seu paso por Guimarei. Segundo informa a DGT, o fume e po do incendio provocou problemas de circulación e por seguridade pechouse un carril da autovía en dirección Benavente entre os quilómetros 168 e 171,5.

Atalaia do século XVI queimada nun incendio forestal de Monterrei
Atalaia do século XVI queimada nun incendio forestal de Monterrei | Fonte: El Hugo Twitter

No que vai de agosto, esta autovía xa se cortou noutras dúas ocasións por senllos incendios ocorridos nos municipios Verín e Cualedro. Pola súa banda, fontes de Fenosa explicaron a Europa Press que se interrompeu a subministración eléctrica en "boa parte" do Concello de Verín a petición do 112 para que os servizos de extinción poidan realizar as súas tarefas sen risco. Así mesmo, estas mesmas fontes de Fenosa explican que se vai repondo a luz aos usuarios a través de "outras vías" e que o subministración se apaga por zonas.

Pola súa banda, a Consellería de Medio Rural sinala que o lume se declarou ás 17,41 horas na parroquia de Infesta, en Monterrei, e segundo as primeiras estimacións afecta a 20 hectáreas queimadas. No control do lume traballan, entre outros, nove helicópteros, catro avións, 12 brigadas e catro axentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta