Concentracións para que o Goberno poña medios dabondo contra o machismo

A Plataforma Feminista Galega convoca á cidadanía este 23 de agosto, ás 20:00 horas, actos en repulsa ao asasinato de M.A.A.G a mans do seu ex-xenro. As concentracións contra a violencia machista terán lugar nas sete cidades do país, máis nas vilas de Marín e Bertamiráns.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 23/08/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Os organizadores condenan o asasinato dunha muller de 73 anos. O xenro marchou coa súa neta, de só 21 meses. Ao pouco foi detido, pero xa tiña dous billetes de avión ao nome deles, polo que se sospeita que planeaba unha fuga levándose á cativa. O Goberno da Coruña pediu abordar o crimen como un caso de violencia de xénero.

Imaxe ilustrativa sobre o machismo e os abusos as mulleres estudantes
Imaxe ilustrativa sobre o machismo e os abusos as mulleres estudantes | Fonte: uvigo

A convocatoria está secundada por numerosísimas organizacións sociais e políticas. Por exemplo, o sindicato Comisións Obreiras, que aproveita para denunciar “a  falta de recursos para combater a violencia machista”. 

Eiva tamén sinalada dende a CIG. O sindicato nacionalista sitúa no seu punto de mira un “sistema patriarcal onde os fillos e as fillas das mulleres maltratadas son vítimas directas da violencia machista”. 

Cómpre lembrar que na Coruña hai un xulgado especializado en violencia de xénero que non puido funcionar con normalidade este mes de agosto. O Ministerio de Justica non tivo a ben substituír a xuíza de vacacións. 

Dende a Plataforma organizadora non tragan co argumento esgrimido pola administración, estatal e galega, de que non quedaba diñeiro no orzamento para estes casos. Para os convocantes das protestas  resulta evidente agora que “a violencia machista non é máis que algo secundario na axenda do noso goberno”. 

Concentración na Coruña en protesta contra os asasinatos machistas
Concentración na Coruña en protesta contra os asasinatos machistas | Fonte: Facebook Contra a Violencia Machista Acción Feminista da Coruña

Os lugares das concentracións son os seguintes:

 

Lugares das concentracións, ás 20 horas:

 

-A Coruña, Obelisco

 

-Compostela, Praza 8 de marzo /Porta do Camiño

 

-Ourense, Castañeira

 

-Pontevedra, Audiencia Provincial

 

-Lugo, na Praza do Concello

 

-Vigo, no Marco

 

-Ferrol, diante do Concello

 

-Bertamiráns, Praza da Maía

 

-Marín, diante do Concello

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta