Temas: BIOMASA ENERXíA

Denuncian irregularidades nunha planta de biomasa

O BNG levará ao Parlamento a polémica ao redor da planta de biomasa de Tenza de Martagona, na vila de Melide. A instalación, que prevía un investimento de case dous millóns de euros, está parada ante “indicios de falsidade documental” no proxecto para a súa posta en marcha.

Por Galicia Confidencial | Melide | 23/08/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Para os nacionalistas estamos ante un caso de “ilegalidades financiadas con diñeiro público” e centran as críticas en Bernardo Tahoces, director xeral de Enerxía. 

Tahoces comisión
Tahoces comisión

A industria contaba con diñeiro do INEGA, dependente da Consellería de Industria, pero o  Concello decidiu parar o proxecto ante irregularidades na documentación. A finalización da primeira fase debería ser en outubro deste ano. Tras coñecerse as irregularidades, a promotora xa dixo que renunciaba á subvención.

A nivel local, tanto o Bloque, que o martes se reuniu coa plataforma veciñal crítica, como o PSOE, na oposición, reclaman máis información ante a oposición suscitada entre moitos veciños. Haberá un pleno municipal para tratar o asunto o luns as 20:30 horas. 

Dirixentes do Bloque ao carón da planta de Biomasa de Melide
Dirixentes do Bloque ao carón da planta de Biomasa de Melide
Temas: BIOMASA ENERXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta