A por medallas en Racice

Teresa Portela e Cristian Toro lideran a expedición de 13 padexeiros galegos que compiten dende hoxe e ata o domingo no Campionato do Mundo Esprinte de piragüismo na República Checa.

Por gcdeportes | Compostela | 23/08/2017 | Actualizada ás 09:23

Comparte esta noticia

A cidade checa de Racice, situada a 60 quilómetros de Praga, acolle durante cinco días, dende hoxe e ata o domingo, o Campionato do Mundo Esprinte de piragüismo, que inaugura o ciclo olímpico co horizonte posto en Toquio’2020. España viaxa con 29 deportistas e case a metade, ata trece, son galegos, nun torneo no que compiten 70 países. Na expedición destacan a canguesa Teresa Portela, con 12 mundiais ás costas, e o actual campión olímpico, o viveirense Cristian Toro.

A canguesa Teresa Portela, con doce Mundiais ás costas.
A canguesa Teresa Portela, con doce Mundiais ás costas. | Fonte: @FEGAPI

A competición principia este mércores coa celebración das probas de paracanoe. Adrián Mosquera, do Club Rías Baixas-Náutico Boiro compite a partires das 10:00h na modalidade de KL3-200 metros. Pola súa parte, Elena Naveiro, do Breogán de O Grove hará lo propio entorno a las 10:30 horas. Ambos buscarán el pase a las semifinales.

O xoves darán comezo as probas da modalidade esprinte. Roi Rodríguez, do Kayak Tudense, será o primeiro en tomar contacto coa competición nas serie de K1-1000 metros. Malia a súa enorme experiencia internacional, Rodríguez debuta nun mundial absoluto en distancia olímpica. Os bos resultados acadados en maio nas Copas do Mundo, avalan as súas opcións de repetir no podio. As series do K1-1000 metros comezan ás 9:40h, e a actuación de Roi continuará co K1-500 metros, onde as series principian ás 12:09h.

Outro debutante mundialista como Daniel Duran, do Kayak Tudense, será o siguiente en estrearse en distancia olímpica. Durán comezará a súa andaina no C1-1.000 metros ás 10:22h, e na procura dun oco nas semifinais da tarde.

Ás 11:00h principia a participación do medallista de ouro nos Xogos de Río’2016 Cristian Toro, nas series do K2-200 metros. Nesta ocasión, o seu compañeiro será o zamorano Carlos Garrote. Ademáis, Toro e Garrote competirán na nova distancia olímpica do K4-500 xunto a Marcus Cooper e Rodrigo Germade, do Náutico Ría de Betanzos. O grande obxectivo da tempada está marcado nesta modalidade, chegando a Racice con moitas opcións de loitar polas medallas. O debut no K4 será o venres ás 12:45h.

Daniel Durán, do Kayak Tudense, unha das bazas galegas.
Daniel Durán, do Kayak Tudense, unha das bazas galegas. | Fonte: @FEGAPI

Camila Morison, do Náutico Pontecesures, participará o xoves no K2-500 metros, con Laia Pelachs como compañeira. Despois da prata no Mundial sub-23 hai apenas un mes, chegan coa moral moi alta na procura dun gran resultado.

O venres é o día no que entran en liza Rubén Millán, do Kayak Tudense, e Óscar Carrera, do Náutico Ría de Betanzos, e a súa proba do K4-1000 metros dará comezo ás 9:00h. Os galegos competirán xunto aos asturianos Javier Hernánz e Javier Cabañín. A participación para Millán continuará o domingo ás 15:40h coa final do K1-5000 metros.

A parella formada por Sergio Vallejo e Adrián Sieiro, do Piragüismo Poio, que tan bo papel fixeran no campionato de Europa de Belgrado acadando a sétima posición, compiten o venres no C2-1000 metros.

Teresa Portela será a seguinte en tomar parte neste campionato, ás 9:45 será a saída da primeira eliminatoria do K1-200 metros. Portela chega á cita checa con 12 mundiais ás costas e cinco participacións olímpicas. A súa experiencia e o bo estado de forma levárona a superar o selectivo estatal, no que se enfrentou a unha dura rival como a asturiana Sara Ouzande, e deste xeito poder estar na cita máis importante do ano.

Por último, o padexeiro do Náutico Ría de Betanzos Carlos Arévalo debutará no K1-200 metros o venres ás 10:15h no K1-200 metros. Non será doada a súa papeleta de facer esquecer ao medallista Saúl Cravioto, que non estará en Racice. Arévalo competirá nunha das probas máis esixentes do Campionato na busca da final.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta