Ourense volve arder con lumes que afectan xa a 600 hectáreas

A Consellería de Medio Rural informa que hai activos incendios en Chandrexa de Queixa, Castro Caldelas e Monterrei. Xa están controlados os de Cervantes, A Pobra de Trives e Montederramo e extinguidos os de Gondomar, Celanova e Guntín.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2017 | Actualizada ás 10:31

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural informou da situación dos incendios que se están rexistrando na provincia de Ourense, estando activos os de Chandrexa de Queixa, Castro Caldelas e Monterrei, con datos recolleitos ás 09,30 horas deste mércores, e que afectan a preto de 600 hectáreas en total.

Incendio en Verín
Incendio en Verín | Fonte: @UGTForestaisGZ

O de maiores dimensións, segundo os datos provisionais, é o de Monterrei (Ourense), iniciado ás 17,41 horas do martes, e que segundo as últimas estimacións afecta a unha superficie dunhas 300 hectáreas. Medio Rural informa que no seu control están a traballar 14 axentes, 29 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 10 helicópteros e 4 avións.

No que se refire ao incendio de Chandrexa de Queixa, tamén activo, estímase que afecta a unha superficie dunhas 100 hectáreas. Rexistrábase ás 19,34 horas deste martes e no seu control están a traballar 2 axentes e 2 avións.

Tamén permanece activo un lume forestal no municipio ourensán de Castro Caldelas, na parroquia de Burgo, que se iniciaba o martes ás 18,27 horas. Segundo as últimas estimacións, afecta a unha superficie de preto de 200 hectáreas. No seu control están a traballar 1 técnico, 7 axentes, 18 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 4 avións.

CONTROLADOS OS LUMES DE CERVANTES

Pola súa banda, está controlado, desde as 21,25 horas do martes, o lume de Cervantes (Lugo), na zona de Santo Tomé de Cancelada, e que se iniciou o luns ás 12,37 h. Segundo as últimas estimacións, afecta a unha superficie de 67,77 hectáreas, das que 42 son de monte arborado e os 25,77 restantes de monte raso. Nos traballos de control están a participar 1 técnico, 6 axentes, 26 brigadas, 12 motobombas, 3 pas, 5 helicópteros e 2 avións.

Na mesma parroquia de Santo Tomé de Cancelada tamén segue controlado, desde as 05,20 horas do martes, un segundo incendio que se iniciaba o luns ás 16,44 h. A superficie afectada é de 31,21 hectáreas, segundo as últimas estimacións. Nos traballos de extinción levan traballando 3 axentes, 10 brigadas, 6 motobombas, 4 helicópteros e 1 avión.

CONTROLADOS OS INCENDIOS DA POBRA E DE MONTEDERRAMO

Entre tanto, tamén continua controlado, desde as 16,00 h., o incendio no concello da Pobra de Trives, parroquia de Cova, que comezou ás 22,16 h. do luns e que afecta a unha superficie de 20 hectáreas, 18 de monte raso e os 2 restantes de arborado. No seu control levan traballando 3 axentes, 9 brigadas, 5 motobombas e 1 pa.

Así mesmo, permanece controlado desde as 19,34 h. do luns o incendio rexistrado en Montederramo, parroquia de Marrubio, que se iniciaba tamén o luns ás 13,55 h., afectando a 42 hectáreas, --18 de monte arborado e 24 de raso--. Nas tarefas de extinción estiveron traballando 7 axentes, 16 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 4 avións.

EXTINGUIDOS OS DE GONDOMAR, CELANOVA E GUNTÍN

Por outra banda, Medio Rural informou que están extinguidos os incendios de Gondomar, Celanova e Guntín. O da localidade pontevedresa de Gondomar, iniciado o luns ás 21,58 horas, na parroquia de Peitieiros, deuse por extinguido ás 19,47 deste martes, tras afectar a unha superficie de 38,94 hectáreas de monte raso, e tras contar coa participación nas tarefas de extinción de 8 axentes, 20 brigadas, 19 motobombas e 2 pas.

En canto ao rexistrado en Celanova, na parroquia de Amoroce, e que calcinou 16 hectáreas --8 de monte arborado e 8 de raso--, quedou extinguido ás 01,31 horas, tras a intervención de 2 técnicos, 4 axentes, 22 brigadas, 10 motobombas, 1 pa e 7 helicópteros.

Finalmente, Medio Rural tamén comunicou que está extinguido desde as 21,42 deste martes o incendio rexistrado no municipio lugués de Guntín, na parroquia de Castelo, e que estaba activo desde o luns ás 17,32 h. Segundo as últimas estimacións, afectou a 23 hectáreas, entre 16 de monte arborado e 7 de raso. Interviñeron, nas tarefas de extinción, un total de 6 axentes, 16 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 1 avión.

Desde a Consellería do Medio Rural lémbrase que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais pode ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 anonimo

Ela e o resto de deputados claro, pero coma ela se está a significar tanto ultimamente veume a cabeza.

2 anonimo

E máis, seica hai algunha eurodeputada que se di nacionalista galega no Parlamento Europeo, seria de interese que tamén fixese chegar este tema aí.

1 anonimo

Por que a oposición non pide que se forme unha Comisión na que se chamen a expertos diversos? Hai que acabar con este horror xa e esixir que se tomen todas as medidas posibles.