Compostela instala bolardos pero descarta prohibir o tráfico que accede ao Obradoiro

O Concello realiza a instalación deste sistema na zona de San Francisco. Non se descarta a colocación doutras barreiras físicas en puntos de acceso ao centro histórico

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/08/2017 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago de Compostela realizou a instalación de bolardos na rúa de San Francisco, pola que se accede directamente á praza do Obradoiro, co que se incrementa a seguridade na zona ao limitar a circulación e a velocidade dos vehículos autorizados, pero descartou que se vaia prohibir completamente o tráfico na zona.

Acceso á zona vella de Santiago polo Camiño de Santiago, con un dos catro bolardos da Porta do Camiño baixado para permitir o acceso de vehículos
Acceso á zona vella de Santiago polo Camiño de Santiago, con un dos catro bolardos da Porta do Camiño baixado para permitir o acceso de vehículos | Fonte: Google Street View

Este martes procedeuse á instalación de bolardos, como unha medida de seguridade que xa estaba incluída nos remanentes dos orzamentos aprobados en pleno e que fora demandada tamén polo Sindicato Unificado de Policía por mor dos atentados de Cataluña. Con todo, situáronse en liña no centro da vía, o que permite a circulación en dúas direccións aos vehículos que estean autorizados.

O concelleiro de medio ambiente e convivencia do Concello de Santiago, Xan Duro, explicou que a "medida está a funcionar ben e non está a haber ningún problema".

Preguntado sobre o mantemento da vía aberta a vehículos autorizados ou de emerxencia, puntualizou que se trata dalgo "primordial", incidindo en que "unha cousa é a seguridade e outra o autosuicidio".

"Evidentemente ten que haber espazo para a circulación nese espazo", que tamén dá acceso ao Hostal dos Reis Católicos, ao que chegan ocasionalmente autobuses turísticos. Iso si, remarcou que a partir de agora "non poderán entrar a velocidade, senón que entran moi lentos, que é o obxectivo destas medidas".

Finalmente, concluíu que a peonalización da rúa Xoan XXIII, situada tamén nos accesos ao centro histórico, enmárcase en medidas de mobilidade e non de seguridade.

Santiago de Compostela mantén presencia policial en determinados puntos de acceso ao centro histórico e non se descarta a colocación de medidas físicas, aínda que, por prudencia, explicouse que non se avanzará a súa localización.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Nen un mouro vivo

O que hai que instalar é metralladoras nas fronteiras.

2 undeaqui

o que tiñan que facer é prohibir o tráfico na zona velha que parece unha procesión ademais dos taxis que é un escádalo

1 outrodaqui

Aí falache!

1 galegoexiliado

Vaites, vaites, vaites. A esquerda progre que tanto criticaba e critica a Israel por poñer vallas pa impedir o paso de terroristas árabes, ahora son os primeiros en poñer vallas, bolardos e maceteiros polos mesmos motivos en un país que forma parte da alianza de civilizacions. Por certo que, segundo eles, cando un policía israelí mata a un terrorista armado e saen a rua a falar de xenocidio, ¿como chaman á morte de esos pacíficos pagapensions árabes a mans da policía en Qatarlunya? ¿poñerán tamén bolardos pa impedir o paso de bicis polas beirarruas e zonas peonís?

1 comunista independentista

Malia a túa indecencia moral, cómpre recoñecer que és un auténtico xenio das demagoxias gratuítas. É moi complicado emitir tantas en tan pouco espazo. Parabéns.