Pode ser a lingua motivo de cambios políticos en Galicia?

Un dos grandes xornais escoceses destaca o sentimento nacionalista galego a través da súa lingua logo de que a eurodeputada Lidia Senra reclamase no Parlamento europeo poder expresarse no noso idioma e criticara as trabas impostas polo goberno popular.

Por Galicia Confidencial | Edimburgo | 24/08/2017 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

“A lingua ben podería ser un punto de partida significativo para provocar cambios en Galicia”. Así se titula un artigo do xornalista Martin Hannan nun dos principais medios escoceses, The National, un dos poucos xornais que apoia o referendo de independencia escocés e que forma parte do mesmo grupo editorial que The Herald e The Sunday Herald.

Lidia Senra no Parlamento Europeo
Lidia Senra no Parlamento Europeo

Hannan, aínda que con algúns erros sobre a realidade galega, lembra que Galicia xa foi reino independente e destaca a súa traxectoria autonómica, cortada durante o golpe franquista de Franco. Tamén fai un percorrido pola política nacionalista galega. Así destaca que varios partidos separatistas e de esquerdas formaron o BNG. “Conseguiu algún éxito, pero é só un sobre 30 partidos, organizacións e unións que poderían ser descritos como independentistas”, indica.

Neste sentido, suliña que son tanto o BNG como Alternativa Galega Esquerda  --non dá conta de En Marea, senón da formación anterior que está aínda presente en Europa-- os que fan campaña pola autodeterminación e que “ambos están liderados por mulleres, Ana Ponton e Lidia Senra”.

Intervención na Cámara galega

Precisamente, o xornalista descata unha recente intervención de Senra no Parlamento Europeo no que reclamaba poder usar o galego na Cámara, a pesar de ser dun país sen estado. “E o certo é que a lingua e a tentativa de rebaixar o seu uso téñense convertido nun foco importante nas reclamacións dos nacionalistas galegos”, indica en relación ao decreto do plurilingüismo de Feijóo. 

“Ela acusou ao Goberno de Rajoy de atentar contra os dereitos lingüíticos dos galegos... e pediu a normalización do galego e o seu uso en todas as áreas antes de facer un chamamento ao Parlamento europeo e ao seu presidente, Antonio Tajani, a garantir ao total recoñecemento dos dereitos lingüísticos dos galegos”, recolle The National. 

“Isto foi un gran berro que está presente en moitos galegos e que pode ser visto como o puntod e partida dalgo máis significativo para a rexión”, remata o xornalista. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

6 De Cenlle

No mundo hai 6 ó 7.000 idiomas. Alguén se cre que o mundo sería mellor se houbese 6.000 estados, 6.000 xefes de goberno e 80 ó 100.000 ministros?

1 nostrus

Claro, porque circunscribir unha nacion a zona de influencia dunha lingua é unha barrabasada, ¿alguen imaxina unha nacion na zona de influencia do español?. Ao mundiño nacionático non lle debemos facer caso, estan ahi porque en democracia cabemos todos. ¿Alguen imaxina facer unha nacion na zona de influencia dun clima, unha variedade da fauna ou dunha relixion?. Seria ridiculo facer unha nacion nun territorio alegando que teñen o flamenco como feito diferencial. Nunha nacion moitas veces conviven varios idiomas, varias culturas ou varias relixions, pero eso os nacistas non o saben porque viven obcecados na sua fe.

2 De Cenlle

A cuestión é que na seita nacionalista galega hai moito parasito que soña con ter a súa poltrona á conta do cidadán. Cuantos máis estados máis poltronas

3 Nexus 3.0

El mundo sería óptimo con un solo rey o emperador plenipotenciario, de estirpe vitalicia por supuesto, pues los monarcas deben ser de sangre azul y ascendencia divina (o al menos nombrados por un Caudillo que tocado con su Gracia). Un único Dios, un Gobierno universal y un Idioma común facilitarían la convivencia. En una palabra, seriamos más felices. Por ejemplo, véase lo satisfechos y como engordan los marranos de una granja. Admiro la dedicación y el esfuerzo de los camaradas Nostrus y De Cienlle (normalizado, para que no suene a dialecto regional), pero os falta valentía. Debemos estar orgullosos de nuestras proclamas: la supremacía de lo español es la luz que nos guía como fascistas. No tenemos que avergonzarnos de nuestro ideal, pues solo el nacionalismo español es natural y cuenta con la bendición divina. Y digo más, ¡sin cobardía podemos recuperar el Imperio!

4 Olga

Nexus, estupenda interpretación de tus sueños nacionalsocialistas.Cambia a Dios por Prisciliano, gobierno universal por la UPG, idioma universal por gallego normalizado y español por gallego. Sólo te faltó mencionar a los pérfidos judíos, tan denostados habitualmente por el nacionalismo gallego. Y luego con la banderita a la plaza de la Quintana cada verano para que te vean bien y te den albondigas y un hueso para cenar. Guau, guau.

5 Víctor del Ribero

Me congratula ver como nuestro ideario se extiende en Galicia Confidencial. Los patriotas debemos salir del armario ante las nuevas amenazas del separatismo, los rojos y la masonería. Para los del Ribero, ya me conoceis, para el resto de la Región noroeste me ofrezco voluntario para adiestramiento y consolación mutua. Os invito a brindar por la Raza con un vino del Valle de Orras que nos traerá Nostrus o del Ribero, siempre un vino español con las características del regionalismo bien entendido.

5 Galego

Hay que ser zopencos para hacer creer que Gallaecia era otra cosa distinta de una provincia del imperio romano. El enlace a Camilo Nogueira - un jeta de primera categoría - es delirante. Basarse en la división administrativa de la península en tiempos de Roma para sustentar cualquier idea nacionalista es buen prueba de su carácter falaz. Por lo mismo se podía defender el nacionalismo cartaginés, lo cual se hizo violentamente en el siglo XIX, basándose en la provincia de Cartaginensis.

1 Laverca

Si ho si, por iso Compostela quedaba onde quedaba... E triste que os prexuízos históricos vos leven a dar imaxes tan nesgadas da historia. A importancia de Galicia e da nosa lingua galaico-portuguesa é tan evidente que cando Afonso X se quere postular para emperador do Sacro Imperio Romano a elixe para escribir as súas Cantigas de Santa María e así facer propaganda... Elixiu o galego-portugués, malia ser o gran consolidador do castelán? Sabes sumar? Pois suma... Suma argumentos e non prexuízos. Por certo, agradécese que non uses insultos ou é que non sabes comunicarte doutra forma. E incrible! Xa non só negadas as evidencias históricas non ideoloxizadas senón que a falta de argumentos recorredes aos insultos. Que mágoa.

2 Laverca

E se non fose ese enorme e poderosísimo símbolo erixido en Compostela a historia sería sido outra. Só dende a ignorancia e o seitarismo se pode negar isto... O que pasa é que vós ledes uns libriños seitarios ou uns best sellers pseudo históricos e xa vos parece que sabedes historia. Évos o que hai. Sodes turistas históricos e eu son unha viaxeira na vida e na historia por iso miro con asombro cada día o mencer e penso por min, non polas historiñas que me contan.

3 nostrus

Galego, estoy de acuerdo contigo y tambien podemos fundamentar nuestra existencia basandonos en la España del siglo XVI, tan solo es cuestion de elegir cuando se para el reloj y el calendario para que cada uno haga sus pajas mentales. Laverca, polos teus comentarios dedúcese que só ti bebes da fonte da sabeduria e os demais chupámonos o dedo. Si temos que estar atados ao pasado tamen estaremos atados a cultura dese pasado e enton seguiremos pisando lama. O nacionalismo só vale para estancarse e non progresar. E quenes tedes prexuicios sodes vos, os naciotas, que non aceptades a realidade e a identidade galega existente e tedes que inventar unha ficticia acorde con que alucinades.

4 Ty7A

As cantigas de Santa María están en galego non no suposto "galego-portugués", e están cheas de eñes e elles. Moitos falan delas pero poucos as leron.

5 anonimo

Eu creo que estsn escritas en castelan medieval vigues ou coruñes.

6 Galego

Laverca, estudia un poco y sal de la secta upegalla donde te están destrozando el cerebro. Cuando Santiago de Compostela se creó no había suevos ni vándalos. Había Reino de Asturias. Qué Alfonso X escribiera en gallego, en portugués o en arameo, no tiene nada que ver con nacionalismos inventados.

7 Laverca

Recomendo a moi documenta entrada na Wikipedia en galego (basicamente porque está moi documentada e ten moitas referencias bibliográficas... Non coma noutras linguas: https://gl.wikipedia.org/wiki/Reino... https://es.wikipedia.org/wiki/Alfon... E a Galego permítome recomendarlle unha audición: https://www.youtube.com/watch?v=Ubw...

4 Delirante

E a quen lle bota a culpa a deputada de AGE? Quen lle obriga a falar en castelán? Outros tres eurodeputados, polo menos, xa usaron o galego sen que ninguén lles dixese nada. Ou tamén é culpa del chachachá como cando as purgas no sindicato antes de entrar na COAG

1 LKI

Purgas no sindicato? Onde? http://www.galiciahoxe.com/vivir-ho...

3 Lidia aprende galego

Xa falaban en galego no Parlamento europeu Xosé Posada e Camilo Nogueira e sen problema nengún. Galego na sua variedade internacional na escrita pero con dición e acento galego.

1 LKI

Lidia e AGEe reivindican poder falar en galego. Galego na súa variedade galega. Nin CoGa nin o BeNeGá se atreveron, conformáronse con "falar" en portugués e considerar o galego de Galiza coma variedade subalterna do mesmo. Menudos "soberanistas" de pufo.

2 Failde

Subalterno es ti LKI, tamén autoproclamado Comunista Independentista, sucursalista de Podemos e do PcEspañol! Cómodamente conforme coa dependencia por moito que proclames o contrario.

3 LKI

"Comodamente conforme coa dependencia", ese podería ser o lema do BeNeGá, apéndice autonomista do PeSoE en Galiza e sicario do españolismo contra as mareas e o independentismo galego. Por certo, en galego é "comodamente" e non "cómodamente" coma no español. Aprendede a escribir no noso idioma, colonizados!

4 Failde

Pobre pesebrista LKI! Xa sei que o BNG é unha sucursal do PsoEspañol, non te preciso para descubrirlo, nin me molesta que o lembres en público, todo o contrario: contra os falsarios o mellor é destapar! Acontece que a venda do BNG non tapa a entrega das Mareas a Podemos e PcEspañol! Proe, pois a rascar! E lamento incomodarte se o corrector español muda palabras, son culpado por non repasar o comentario e por ser súbdito na tecnoloxía do modelo español que os da túa partida (sic) defenden. Agora vai correndo diante do alcalde de Compostela a pedirlle que retire o La Coruña de San Caetano que é da sus competencia, polo menos que coloque un Ayuntamiento/Concello como os coruñeses... Podes dicir que o BNG tampouco o fixo, permítome facilitarche a resposta, pois sodes BNG e Mareas igual de impostores!

2 Berros galegos

Lo primero que tenía que reclamar esta señora era que le bajaran el sueldo y que los eurodiputados dejaran de viajar en clase business a costa de todos. Cobrar más de 8.000 euros al mes procedente del dinero que se quita por la fuerza al ciudadano es una explotación, un expolio, y un insulto a todos los europeos. Pero a pesar de su pose despeinada se ve que los lujos de la casta le encantan, como a su camarada Garzón con banquete de boda a 300 € por barba.