Pode ser a lingua motivo de cambios políticos en Galicia?

Un dos grandes xornais escoceses destaca o sentimento nacionalista galego a través da súa lingua logo de que a eurodeputada Lidia Senra reclamase no Parlamento europeo poder expresarse no noso idioma e criticara as trabas impostas polo goberno popular.

Por Galicia Confidencial | Edimburgo | 24/08/2017 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

“A lingua ben podería ser un punto de partida significativo para provocar cambios en Galicia”. Así se titula un artigo do xornalista Martin Hannan nun dos principais medios escoceses, The National, un dos poucos xornais que apoia o referendo de independencia escocés e que forma parte do mesmo grupo editorial que The Herald e The Sunday Herald.

Lidia Senra no Parlamento Europeo
Lidia Senra no Parlamento Europeo

Hannan, aínda que con algúns erros sobre a realidade galega, lembra que Galicia xa foi reino independente e destaca a súa traxectoria autonómica, cortada durante o golpe franquista de Franco. Tamén fai un percorrido pola política nacionalista galega. Así destaca que varios partidos separatistas e de esquerdas formaron o BNG. “Conseguiu algún éxito, pero é só un sobre 30 partidos, organizacións e unións que poderían ser descritos como independentistas”, indica.

Neste sentido, suliña que son tanto o BNG como Alternativa Galega Esquerda  --non dá conta de En Marea, senón da formación anterior que está aínda presente en Europa-- os que fan campaña pola autodeterminación e que “ambos están liderados por mulleres, Ana Ponton e Lidia Senra”.

Intervención na Cámara galega

Precisamente, o xornalista descata unha recente intervención de Senra no Parlamento Europeo no que reclamaba poder usar o galego na Cámara, a pesar de ser dun país sen estado. “E o certo é que a lingua e a tentativa de rebaixar o seu uso téñense convertido nun foco importante nas reclamacións dos nacionalistas galegos”, indica en relación ao decreto do plurilingüismo de Feijóo. 

“Ela acusou ao Goberno de Rajoy de atentar contra os dereitos lingüíticos dos galegos... e pediu a normalización do galego e o seu uso en todas as áreas antes de facer un chamamento ao Parlamento europeo e ao seu presidente, Antonio Tajani, a garantir ao total recoñecemento dos dereitos lingüísticos dos galegos”, recolle The National. 

“Isto foi un gran berro que está presente en moitos galegos e que pode ser visto como o puntod e partida dalgo máis significativo para a rexión”, remata o xornalista. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

1 nostrus

Ya estan los nacionalistas divagando con que Galicia fue una nacion y que la abuela fuma. Mentirosos manipuladores.

1 undamariña

Ti si que fumas......tas mal da cabeza

2 Geisha

Dá igual que mudes o nick, sabemos que es o resentido micropirola sen moitos estudos que vén aquí para enmerdar as discusións. De novo moi ben, Lidia Senra!!

3 nostrus

Sinto esnaquizarvos as fantasias pero Galicia nunca foi unha nacion, inda que si rebuscades no pasado podedes atopar algo que se asemelle ao que soñades porque no pasado houbo de todo. Galicia perteneceo ao Reino de Leon e o de Castela coa minuscula excepcion dos reinados de Ordoño, Sancho, Bermudo e Garcia que entre os catro e repartidos en varios séculos, non totalizan trinta anos. O mais parecido ao que os naciotas alucinan é o reino Suevo surxido da invasion dun pobo centroeuropeo que chegou a ocupar a metade superior e a metade occidental da peninsula,a comenzos da Idade media, na que nunca se chegou a falar galego e da que non hai moito testimonio historico agás o que os nacioneiros queiran rellenar ca imaxinacion. Seguide soñando e esforzandovos na consolidacion da vosa fe.

4 SON

Nostrus, se non o sabes, deberías saber que amais do Galiciense regnum dos suevos que como tal xa acuñaban moeda, todos os denominados reis de Asturias pola historiografía oficial española e boa parte dos de León (os restantes titulabanse reis de Galicia e León ou de León e Galicia) son recoñecidos polas todas as fontes europeas (caroloingias, anglosaxonas, nórdicas, vaticanas, etc. etc. hai documentos a esgalla que o corroboran) e arabes como rex galleciae.

5 SON

e esto esta prefectamente documentado ademais de forma directa por: a) Todos os documentos coetáneaos consideraban a Oviedo e León cidades do espazo xeográfico recoñecido como Gallaecia. Logo os reis desas cidades sobre que espazo xeográfico reinabán? Como moito poderían ser recoñecidos como reis de Oviedo ou León en referencia a cidade na que maioritariamente tiñan a súa ubicación mais todos eran reis da Gallaecia en referencia ao territorio no que reinaban como asi recoñecian as fontes europeas. Hai que lembrar que só moi tardiamente os reis se referían de xeito directo ao territorio sobre o que reinaban. Ese recoñecemento viña dado polo que obxectivamente recoñecían as fontes documentais e os que tiñan o poder noutros trerritorios.

6 SON

b) Non hai un só mapa desas épocas ou algo posteriores nos que apereza no NO Ibérico algo diferente de Gallaecia. Sempre aparece Gallaecia ocupando a esquina NO ou toda a parte da península que non é Spania ou España que sería a zona musulmana da península. Só en moi poucos casos aparece Asturias en letras pequenas ocupando un pequeno espazo da Gallaecia. c) Nos armoriais europeos aparece desde moi antigo o escudo de Galicia mais non o de Asturias e só mais tarde o de León.

7 Laverca

https://en.wikipedia.org/wiki/Kingd... https://elpais.com/ccaa/2012/06/30/... Evidentemente os suevos non falaban galego, senón que os seus descendentes se mesturaron cos galaicos e comezaron a falar aquel latín que co tempo daría lugar ao galego e deixáronnos algunhas palabriñas e topónimos. A miña preferida é laverca. Déixoche un enlace moi interesante sobre honestidade intelectual e datas interesantes. http://www.rebelion.org/noticia.php... Sapere aude, Nostrus...

8 Laverca

E o que máis orgullo me produce de que me teñan nacido nesta terra nosa é que son o froito de mil mesturas e que somos xentes tolerantes, como amosa o feito de que en Galicia non existiran progroms antixudeus na Idade Media ou a emocionante historia medieval de Ribadavia, por exemplo. http://www.laopinioncoruna.es/socie... Orgullosa de ser o froito da mestura de xente diversa, orgullosa da miña lingua, orgullosa dos fillos e netos dos meus veciños espallados por Europa e América adiante. Orgullosa dos novos galegos. http://diariodepontevedra.galiciae.... Crieime nunha cultura tan tolerante e aberta que ata estou orgullosa de discutir contigo Nostrus, malia que me entristeza que a túa teima coa miña lingua non contribúa a súa pervivenza. Boas tardes.

9 Laverca

Recoméndoche un libro interesante e ameno: Outra idea de Galicia de Miguel Anxo Murado. https://www.lavozdegalicia.es/notic... http://www.laopinioncoruna.es/contr... E unha petición: deixémonos de discusións estériles sobre a lingua galega e tiremos para adiante da nosa terra, porque se queres cambiar o mundo caro Nostrus, debes empezar pola túa realidade inmediata.

10 nostrus

Laverca, tu estaras orgullosa de una de tus lenguas, pero yo estoy satisfecho con las dos lenguas mias. Y claro que somos una mezcla de mucha gente diversa. yo tambien me crié en la cultura gallega, pero me reservo el derecho de practicar solo la parte que me da la gana, o sea, no me siento obligado a ser labrador porque lo hayan sido mis abuelos, ni voy a misa porque fuera mi abuela, sino que hago lo que me da la real gana y no considero que los muertos manden mas que los vivos ni soy quien a decirle a mis descendientes lo que han de hacer con su vida, porque es algo que le atañe a ellos. Me siento muy satisfecho siendo gallego y disfruto de tal condicion, muy al contrario de los nacionalistas que sufren eternamente a la vez que consideran a los gallegos como seres débiles y tontos que "mexan por nos e dicimos que chove". De todos modos, si el amor a Galicia te hace creer que es una nacion te aconsejaria que visites un psicólogo.Galicia no es una nacion (al menos de momento).

11 Laverca

A miña patria é o mundo. Esa é a diferenza entre ti e máis eu. Esa e que eu lin a Tolstoi, seguro que ti tamén, e coma el opino que se queres ser universal fala da túa aldea. Eu son imparcial neste tema. Ti atacas a un nacionalismo dende outro. A diferenza é que o teu foi o do discurso hexemónico ata hoxe. En fin, podo entendelo o que si non podo entender é que usedes a miña lingua para atacala e obter votos. http://im-pulso.blogspot.com.es/201...