O Concello de Compostela planeou a instalación de bolardos “antes dos atentados”

O titular de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, anuncia que se trata de medidas de seguridade "provisionais" ata que se implanten outros bolardos móbiles.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 24/08/2017 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago asegurou este xoves que a instalación de bolardos como medida de seguridade na rúa San Francisco, un dos principais accesos á Praza do Obradoiro, estaba prevista "desde o pasado mes de xullo" e non tras os atentados de Barcelona ocorridos hai unha semana.

Bolardos en Compostela
Bolardos en Compostela | Fonte: Europa Press.

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, explicou que estas medidas de seguridade "son provisionais", ata que se implanten os novos bolardos móbiles.

Así mesmo, incidiu en que "se tenta compatibilizar" a xestión da mobilidade cos servizos de emerxencia e doutro tipo, como os que acceden para realizar as obras da Catedral compostelá.

SEGURIDADE EN PORTA FAXEIRA

Doutra banda, o titular de Medio Ambiente no Consistorio compostelán fixo referencia aos postes de metal colocados en Porta Faxeira, un dos accesos ao Centro histórico da capital galega.

Así, explicou que nesta zona "non había ningún tipo de medida de seguridade" e aseverou que, neste caso, a colocación dos mesmos foi contemplada tras o atentado de Barcelona.

Con esta nova medida no inicio da zona vella de Santiago o Concello pretende protexer do tráfico rodado que transita nas inmediacións de dita entrada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Adiante

E que bonitos co óxido ese así fai vintage moi boa compra

2 anonimo

Que non tiverades tomado esta decisión antes e levado a cabo un programa de protección da cidade é algo inexplicable... Así que poñédevos a traballar dunha vez e deixádenos de dar a murga con publicidade.

1 anonimo

O Concello de Compostela o que ten que facer é traballar máis e buscar menos protagonismo mediático. E agardo e imaxino que os composteláns tamén que este tema sexa xa prioritario para vós porque dende logo para os galegos que temos sentidiño común o é.