Nunha escola da India os nenos cantan en galego

Mentres que en Galicia os libros oficiais traducen "A saia da Carolina" nun lugar remoto da India apréndese unha das cancións máis populares do país. Video no interior.

Por Galicia Confidencial | Cangas | 27/09/2010 | Actualizada ás 23:21

Comparte esta noticia

A polémica saltou a semana pasada. Case todos os xornais reproduciron sen citar unha nova do blog Feijoomente.org no que se denunciaba que un libro de texto da Editorial Galinova, aprobado para a Xunta para este curso, traducía ao castelán a popular canción galega "A saia da Calorina".

María Soliña, dende Cangas á India

Hoxe un lector achéganos un exemplo inverso, que dá esperanzas aos que defenden o ensino en galego. Iso si, chega de moi lonxe.

En Pubai-Orissa, nunha zona illada India, existe unha escola financiada por uns 280 veciños de Cangas a través da ONG Shanga. Pagan 6 euros ao mes, abondo para alimentar a un dos 500 cativos hindús no María Soliña de Asia.

Ademais de alimentalos, os nenos reciben toda a formación oficial que marcan as autoridades dese estado. Entre clases non podía faltar a música.

Velaí un vídeo cunha mostra do que aprenderon. No medio da polémica lingüística do comezo do curso en Galicia, estas imaxes son quen de suscitar de novo o debate sobre a suposta imposición do galego nas aulas:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

13 Marga

Este goberno da xunta, o unico que fai e crear problemas entre a xente.Mirade ó que pasou en Lugo, nos cursos do forga!!!!!!!.Si queredes ler a noticia:O Xornal do dia 18 /11,na ultima paxina

12 Lolita Casal

É fermosísimo ver como tan lonxe de Galicia se fala o noso idioma con tanto agarimo, tiña que ser un exemplo para a xente de Galicia que rexeita del. Emocioneime. Viva sempre Galicia Ceive.

11 Íñigo

"A saia da Carolina" non é (como ocorre con gran parte do folclore en toda Europa) unha canción exclusiva do patrimonio galego. En León, como poco, forma parte do repertorio popular dende sempre. A súa versión en castelán, eso si, non é " a falda de Carolina" senón "el mandil de Carolina", que tantas veces cantei eu mesmo en comidas e celebracións varias. Pódese comprobar o que digo, por exemplo, nesta páxina da Fundación Joaquín Díaz, nada sospeitosa posto que se trata dun dos maiores expertos en música popular ibérica: http://www.funjdiaz.net/folklore/07... Nesa páxina podemos atopar a referencia desta canción de ronda no cancioneiro de PEDRO ECHEVARRÍA BRAVO, no número 79: "Las faldas de Carolina. Romería. Toral" (Toral de los Vados, onde naceu a miña nai).

1 carme

A saia da Carolina é unha de algunhas das melodías errantes que se escoitan coa mesma música por toda Europa. Aínda así, penso que ao formar parte, tamén, do patrimonio cultural de Galicia, o propio é que se cante en galego.

2 César

"Toral de los Vados" non está na zona galegofalante do Bierzo? E aínda que estivese na Terra de Campos, iso xustifica patochadas como traducir unha canción popular que entenden perfectamente todos os galegos, galegofalantes ou non, ao español?

3 El Tíol Bastón

A canción cántase tamén en Portugal, e mesmo báilase, e os portugueses pensan que é déles. Pero antes de dicir de onde pode provir, preguntádevos por quen era Carolina. Non é un comentario sen senso, porque ten nome na historia, Carolina "a Bella Otero", nada en 1868 e outrora coñecida en toda Europa. Sábese que a canción é unha mofa referida a ela, polas actividades que fixeron moverse aos "rabos" de certos "lagartos" dos que foi pintando os nomes na súa saia. Penso que é lóxico pensar que a canción ten a orixe onde a mesma Carolina o tivo.

10 María Dolores

Deberiamos poder dispoñer de máis vídeos como este. Penso que poden ser moitoa máis convincentes que calquera outro tipo de documento. De momento xa o subín ao blog da nosa biblioteca. Espero que @s estudantes do neu centro se fixen nel. María Dolores

9 Porco Jones

Galicia Pilingui vai ter que abrir unha sucursal! Manolito, ¿porqué non llo propós a Jlorita? Sería caralludo que marcharas para aló. Igual ata che facían un contrato.