Nunha escola da India os nenos cantan en galego

Mentres que en Galicia os libros oficiais traducen "A saia da Carolina" nun lugar remoto da India apréndese unha das cancións máis populares do país. Video no interior.

Por Galicia Confidencial | Cangas | 27/09/2010 | Actualizada ás 23:21

Comparte esta noticia

A polémica saltou a semana pasada. Case todos os xornais reproduciron sen citar unha nova do blog Feijoomente.org no que se denunciaba que un libro de texto da Editorial Galinova, aprobado para a Xunta para este curso, traducía ao castelán a popular canción galega "A saia da Calorina".

María Soliña, dende Cangas á India

Hoxe un lector achéganos un exemplo inverso, que dá esperanzas aos que defenden o ensino en galego. Iso si, chega de moi lonxe.

En Pubai-Orissa, nunha zona illada India, existe unha escola financiada por uns 280 veciños de Cangas a través da ONG Shanga. Pagan 6 euros ao mes, abondo para alimentar a un dos 500 cativos hindús no María Soliña de Asia.

Ademais de alimentalos, os nenos reciben toda a formación oficial que marcan as autoridades dese estado. Entre clases non podía faltar a música.

Velaí un vídeo cunha mostra do que aprenderon. No medio da polémica lingüística do comezo do curso en Galicia, estas imaxes son quen de suscitar de novo o debate sobre a suposta imposición do galego nas aulas:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

3 Noraboa

Que fermoso! Noraboa a Shangaindia e aos seus socios!

2 airadasenra

1 galega

cantos terian que aprender de estes nenos. Este é o mellor agasallo que nos poden dar a tódos os que cremos que o galego hai que coidalo, mimalo, falalo e sobretodo transmitilo, ensinalo e espallalo.

1 Manoliño

Neso estamos todos, ou case que todos, no que diferimos é no xeito de coidalo, mimalo e transmitilo: se o mellor método é facer unha inmersión lingüística, contra o gosto de moitos pais urbanos (a maioría), ou é mellor empregar outros procedementos mais amables.

2 Manolito

Casi mejor hacemos lo mismo que con el español ¿no? Lo imponemos y ya está. O como es?

3 Brais

Pero non se fixo xa? Ah que o castellano de castilla era maioritario en Galicia desde... desde... desde NUNCA!!! Tivo que haber un xenocidio e 40 anos de férrea dictadura para que haxa catro iluminados que pensades que o castellano é propio de Galicia.

4 Manolo

¿Xenocidio? Si, el que hizo el gallego Franco no te jiba. Aparte de la salud mental, el otro problema que tienes es que ahora los jóvenes que han estudiado en gallego pasan completamente del mismo y emplean habitualmente el castellano.

5 Manoliño

Se empezamos con lenguaxe de axitación e propaganda, paso de seguir, que non todos caímos dun guindo ¿De qué xenocidio falades? ¿Dos 8000 curas que mataron os vosos colegas socialistas e comunistas? O castelán fíxose maioritario nas cidades a partir da Ley Moyano de Educación, ou sexa, estamos a meados do século XIX. Outra cousa é que habendo o franquismo case que erradicado o analfabetismo, tamén servira a escola como un elemento de castelanización ¿Ou é preferible unha sociedade analfabeta a que se escolarizase en castelán? Nin coa segunda república nin aínda antes, o galego estudouse na escola, e coa II República a Constitución garantía que a lingua vehicular era o castelán.

6 Sen acritude

Manoliño tes razón que é un debate esteril o de utilizar unha argumentación de propaganda mais non deberías facer esta recomendación para despois argumentar ti do mesmo xeito e negando a evidencia históroca. Por certo en Neda o cura foi asesinado polos nacionales. En canto ao de que o castelán como idioma alfabetizador en distintas épocas históricas, certo tamén na Republica, da mais razóns aínda a aqueles que entenden que é unha inxustiza histórica que se debe corrixir máxime nunha sociedade moderna e demócratica.

7 Manoliño

En que hai que promover o galego, penso que estamos todos de acordo. O problema son as formas. A día de hoxe considero que non é de recibo facelas cousas polo ordeo, mando, dipoño. Haberá que buscar cauces de diálogo e estou seguro de que hai moitos pais e rapeces urbáns que perciben o galego como unha imposición, e o que se fai á brava, para min que ten pouco futuro, penso eu. Entrei na web de Nomes e Voces e non aparece ningún veciño de Neda que fora crego, entre os que sofriron represión. En calquera caso sería a excepción que confirmaría a regra ¿ou non?

8 Sen acritude

Foi un erro non foi en Neda foi en Fene, hai moitas mais "excepcións" no Pais Vasco de cregos axusticiados polos franquistas, por certo estes non foron canonizados como os outros martires da guerra

9 Sen acritude

Pero o caso máis chamativo da violencia represora en Fene é o do sacerdote Andrés Ares, que falece en Barallobre o 3 de outubro de 1936, ás 23 horas, a consecuencia de "heridas que recibió por disparos de arma de fuego, al pretender fugarse, cuando por la fuerza pública era conducido a practicar una diligencia". A explicación que dan os testemuños orais: Ares era en 1936 párroco de Xestoso, en Monfero, onde unha mestra, iniciado o alzamento, pídelle que entregue á causa o diñeiro recaudado para as festas patronais. A súa negativa fai que sexa detido e levado a Ferrol, ó parecer acusado de ofrecer ese diñeiro a Socorro Rojo Internacional.Tras confesarse con el e entregarlle 200 pesetas e o reloxio, o crego morre fusilado no cemiterio, segundo os veciños a mans de milicianos que gritan: "(Lo manda Suances!", en referencia ó Delegado de Orde Pública. http://www.leergratis.es/ferrol/gue...

10 Manoliño

As excepcións que confirman a regra fronte aos 8000 que se cargaron os roxos. A min do cura de Xestoso contáronme outra historia. E contouma o fillo dun agricultor de Monfero que foi apaleado por non proporcionar a uns paseadores unha pa para cavar as fosas. Non tiña pa, e os outros non o creron, e salvouse de miragre porque na partida había un que fixo por el. Este fillo ao que me refiro, díxome que ao cura de Xestoso matárono os nacionalis porque senón o mataba a xente, que non o podían ver, quero lembrar que porque denunciara a veciños, e algo mais lembro a este fillo botando pestes contra os curas, que se había que darlles de comer na festa e se reunían nunha rectoral, todos cheos, comendo como curas e iso contrastaba coa miseria da república e encabronaba á poboación. Vaia ¿a quen facer caso coa historia do crego de Xestoso?

11 Porco Jones

Sí, Mamoncinho sí, nas posguerra, despoís do miserable golpe de estado que deu o teu heroe, non se pasou fame, nen os curas vivian ben. Cala mona, deixa de dicir parvadas!!!