Medios privados asumen servizos contra o lume

Medio Rural continúa a quitar carga de traballo á empresa pública SEAGA ao contratarlle agora, en pleno agosto, cinco servizos de maquinaria pesada contra os incendios a empresas particulares.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 25/08/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural acaba de adxudicar cinco contratos para a realización de traballos forestais e loita contra o lume. Isto non quere dicir que estas labores non se estiveran xa facendo, apuntan dende a Xunta, ao seren cuestionados polo feito de que as adxudicacións chegan cando a temporada de lumes xa vai moi avanzada. De feito, está nun dos seus intres máis delicados.

Mobilización dos traballadores de Seaga
Mobilización dos traballadores de Seaga | Fonte: GC

Agora ben, os cinco servizos de “mellora de infraestruturas retén de maquinaria pesada para extinción de incendios forestais” en cinco distritos forestais facíanse até o de agora mediante unha encomenda de xestión a unha empresa pública, SEAGA. 

A partir da firma destes contratos, e durante dous anos, as labores antilume serán realizadas por cinco adxudicatarias de capital privado. En concreto, Os Érbedos SCG realizará os citados traballos en Arnoia; Tarrío y Suárez SL na comarca do Barbanza; Servitec Medio Ambiente en Ferrol e no Deza e Transformaciones Agrarias Isidro Hermanos Blanco Trigo en Lugo.

En total, a Xunta de Galicia gastará máis de 607.000 euros máis IVE nos cinco contratos. 

Medio Ambiente, en declaracións a GC,  especifica que “son contratos bianuais, cun período de execución de 12 meses, que se prolongarán ao longo do 2017 e o 2018”. Ademais, dende San Caetano engaden que  “forman parte dunha planificación que se estende máis alá da tempada de alto risco”.

Brigadistas do SEAGA nun lume
Brigadistas do SEAGA nun lume

O certo é que o Goberno de Galicia leva anos privatizando parte do dispositivo, alegando que se aforran cartos públicos e malia as protestas dos traballadores de SEAGA, sindicatos e oposición.

Tomás Fernández-Couto, director xeral de Produción Forestal, argumentou o ano pasado que as tarifas que ofrece a empresa pública “non son as máis baratas”. Daquela a Xunta acababa de adxudicar 48 contratos para rozar o monte.  "Non entendo ese empeño de que é máis barato facer con brigadas de empresas públicas os traballos", sentenciou ao ser interpelado no Parlamento, cifrando o aforro nun 38%.

Protestas dos traballadores de Seaga
Protestas dos traballadores de Seaga
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

4 Seagawoman

Los que trabajamos en seaga ni somos enchufados ni incompetentes... Vamos a los mismos incendios que el resto y nos jugamos la vida igual... Si denunciamos es por más meses de trabajo no por estar en casa cobrando... Y los que hablan tanto que no escupan para arriba que nunca se sabe quien puede estar ahí para ayudarte... Tenga la funda que tenga

3 Abrigadoiro

Certo, Seaga é máis caro que o sector privado, pero hai un xeito máis económico de facer os traballos de prevención de incendios. Se a prevención a fai o Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) , servizo público, con empregados públicos (laborais e funcionarios) e medios de titularidade pública (non de chiringuitos coma Seaga e Tragsa) , os traballos son moito máis baratos. Un exemplo, un depósito de auga para carga de camións contra incendios custa feito por un chiringuito ou privatizando uns 6.000 €, feito por empregados públicos con medios propios da administración custa 2.000 €, xa que o persoal xa ten o seu soldo aparte da obra e as ferramentas xa se dispoñen delas.

1 Pablo Urzaiz

Os traballadores de Seaga cobran bastante menos que os da Xunta, teñen mais horas de traballo e menos moscosos. Nos xulgados hai denuncias reclamando a equiparación salarial, tamén o teñen levado ao parlamento

2 Leike

Claro, o máis barato é deixar arder o país e poñer en perigo a vida e a facenda da xente! PP fóra!

1 Cansino

SEAGA: o chiringuito que montou o bipartito (especialmente o BNG) para enchufar a todos os seus acólitos. 10 anos despois temos que seguir pagando todos os galegos a unha panda de enchufados con soldos altísimos e por riba uns incompetentes. Só lles interesa pleitear para ser funcionaretes pola cara, traballar 0. SEAGA PECHE XA!!! Ha empresas privadas que funcionan moito mellor e a menor custo.

1 tino

Troll pepeiro de garda para defender as "mamandurrias" dos seus amijeetes

2 rata segura!

Cheirame a rata da marea... dos -vieiristas, ou tal vez algún funcioneta do pepeiro, non queren traballar, seica soamente luMes... o de cortar o mato non vai con eles son moi nugalleiros moi prelliceiros... ou tal vez sexan as duas cousas o mesmo tempo funcioneta por nepotismo pepeiro e mareante por proxenetismo expañol... axeonllaronse moito diante das xerarquias do expañol!!!

3 Cansino

Ánimo, seguide insultando. Nin mareante nin ppeiro, autónomo do sector que só ve as Seagas pasear no todoterreno dende as 10 da mañá ata a 1 da tarde. Veña acólitos benegallos upegallos seguide ao voso, insultar e cando podedes enchufar e crear chiringuitos a rea, pero eso sí, quen o fan sempre son os outros.

4 O que queda do Bng

Gonzalo "El Viei-ras ex-pañol" é un fanático. E o Bloque non lle paga nin a medicación por estar todos os días chamando ratas aos das mareas. Pobre.

5 Terra

Ese e un lambe traseiro do PP q por un jornal vende a toda Galicis se fai falta. Xa o dixo el e un autonomo morto de fame producto da propia dereita qye defende. Que che entre na cabeza eres un obreiro escravo como outro calqueira.