Temas: EMPRENDEMENTO

Seis meses máis cotizando a 50 euros para algúns autónomos

A Xunta anuncia que incrementa en seis meses máis a tarifa plana do Estado de 50 euros dirixida aos autónomos para garantir a continuidade de 6.000 traballadores.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 25/08/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde destacou que esta axuda, enmarcada na Estratexia Autónomo 2020,  o xoves saíu publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) cun investimento de 3 millóns de euros. Este apoio, en palabras de Conde, permitirá aos traballadores manter durante seis meses máis a cota reducida á Seguridade Social, pagando, deste xeito, durante o seu primeiro ano de actividade só 50 euros. 

Traballadores autónomos
Traballadores autónomos

Trátase dunha actuación dirixida a aqueles que acrediten ter sido beneficiarios este ano da axuda do Estado e a teñan esgotada. É a primeira vez que a Administración autonómica pon en marcha esta medida, 

Tamén está en marcha o Bono Autónomo, que con apoios de ata 3.000 euros por traballador, busca a mellora dos negocios. O prazo de solicitude aínda está aberto, ata o día 31 de agosto, para as empresas que contan cunha antigüidade mínima de 42 meses.

O conselleiro de Economía, Francisco Conde
O conselleiro de Economía, Francisco Conde
Temas: EMPRENDEMENTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta