O BNG súmase á mobilización en Barcelona contra o terrorismo

Na marcha estarán presentes militantes do Bloque residentes en Cataluña para trasladar o apoio da formación ás vítimas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2017 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

A líder dos nacionalistas galegos, Ana Pontón, destacou que o BNG se sumará á mobilización convocada este sábado en Barcelona contra dos atentados que se cobraron a vida de quince persoas e deixaron máis dun cento de feridos en Cataluña.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón

Tras a reunión da Executiva Nacional, a portavoz nacional do Bloque explicou este venres que na marcha estarán presentes militantes que residen naquela Comunidade para trasladar o apoio da formación ás vítimas e ao pobo catalán.

"Queremos dicir con claridade non ao terrorismo e que asumimos esa mensaxe de que ten que quedarlles moi claro que non temos medo", manifestou Ana Pontón, que destacou que Cataluña "está a dar un exemplo como sociedade e como Goberno" de "como xestionar unha crise destas características".

Por último, considerou necesario "reforzar a convivencia, o non racismo e o entendemento" como "mellor maneira de contribuír a que a sociedade sexa máis xusta" con "pobos en paz". "É o horizonte polo que traballamos", sinalou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 nostrus

Dificil que el bloque sume en algo, porque lo suyo es restar.

3 Galegus

Week end de lujo en Barna para la dirigencia bloqueira.

2 Nexus 6

Eso, eso. Y que tampoco olviden ir de la mano de sus amiguitos de Bildu, ya saben, Otegui y compañía.

1 galegoexiliado

Non olvidedes levar as pancartas de "Bienvenidos..."