A clase política galega únese ao berro “No tinc por” na manifestación de Barcelona

Representantes de todos os partidos galegos participaron este sábado na masiva manifestación na capital catalá para condenar os ataques terroristas da semana pasada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2017 | Actualizada ás 20:37

Comparte esta noticia

Varios dirixentes galegos participaron este sábado pola tarde na masiva manifestación celebrada en Barcelona para condenar os ataques terroristas da semana pasada. En concreto, entre os dirixentes galegos que participaron na marcha, atópanse o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero; o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro; o rexedor de Santiago, Martiño Noriega; e a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, entre outros. Por parte do BNG, e tal e como explicou este venres a portavoz nacional, Ana Pontón, participaron na marcha militantes que residen en Cataluña para trasladar o apoio da formación ás vítimas e ao pobo catalán.

Manifestación en Barcelona contra o terrorismo
Manifestación en Barcelona contra o terrorismo | Fonte: @FeijooGalicia.

A manifestación de Barcelona contra os atentados discorreu entre moitos cánticos e pancartas unitarios que piden paz e condenan o terrorismo, aínda que se mesturaron con moitas outras consignas e carteis con críticas ao poder e as autoridades, moitas delas presentes entre os miles de persoas.

A marcha empezou puntualmente ás 18 horas, e ás 18.40 empezou o acto da praza de Catalunya, unha vez a cabeceira chegou fronte ao escenario.

Ata entón, o berro 'No tinc por' (Non teño medo) —lema da manifestación— combinouse con acusacións de complicidade de Estados co terrorismo, a venda de armas e outros Estados afíns á violencia, segundo dixeron. Así, corpos de seguridade e de emerxencias levaron a gran pancarta da cabeceira.

Detrás do corpos de seguridade e de emerxencias situáronse as autoridades, e por detrás púidose ver unha gran pancarta, tan longa como a da cabeceira, e cunha mensaxe distinta, en catalán: "As vosas políticas, as nosas mortes", coas efixies do exministro de Defensa Pedro Morenés, o rei de Arabia, o rei Felipe VI e os ex-presidentes Tony Blair (Reino Unido), George W.Busch (EEUU) e José María Aznar (España).

Martiño Noriega e Xulio Ferreiro co alcalde de Zaragoza na manifestación contra o terrorismo en Barcelona
Martiño Noriega e Xulio Ferreiro co alcalde de Zaragoza na manifestación contra o terrorismo en Barcelona | Fonte: @XulioFerreiro.

Ademais, durante a marcha, moitos cidadáns foron aplaudindo ao paso dos Mossos d'Esquadra, mentres que gritaron 'Fóra' ao pasar as autoridades.

Ese berro intensificouse cando chegou o Felipe de Borbón ao ser recibido polos presidentes do Goberno e da Generalitat, Mariano Rajoy e Carles Puigdemont, e a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau.

Exhibíronse tamén rosas vermellas, amarelas e brancas —as da bandeira de Barcelona— e bandeiras da cidade, españolas, catalás e esteladas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Argonauta

Había un tal Josemari Aznar a quén , non hai moitos anos en en compañía doutros xerifaltes occidentais, déu-se-lle por guixar nun Avispeiro Hibernado existente aló por Terras do Éufrates.....como queira que lle colleron gustirinin á cousa, logo, anos despois, seguiron a guixar polos ubicados en Trípolis e Alepos.....o/s Avispeiro/s mosquearon-se e algún dos seus mais indocumentados e viscerais zánganos optaron pro tomar-se a xustiza pola man....viñeron os Asasinatos de Atocha, viñeron os Asasinatos das capitais europeas e das Ramblas....quen foi, xa que logo, o inductor de tais barbaridades??.

1 Rosalía T

Más o menos como decir que la culpa de que muchas mujeres sean maltratadas es de ellas por provocar a los hombres en lugar de ser bien sumisas al macho. Grandes atentados yijadistas y suicidas ya había en los años 80, mucho antes de que José María Aznar llegara al poder. El problema es que eso no te lo contaron en la mezquita.

1 ratas al-andalucistan

El iman de Ripoll después de salir de Prision por tráfico de drogas tenía una orden de expulsión de España. Ammistia Internacional le pago un abogado, Jaume Asens, Tte. alcalde de Barcelona y figura destacada de la candidatura de Ada Colau en 2017 al ayuntamiento de Barcelona. Curiosamente consiguió que no le expulsasen. Ruego lo difundas al mayor número de Contactos. Per favor difondre amb tots els que pogueu no es pot quedar amb paper mollat, estem parlant de moltes vides i víctimes

1 Galegus

Sin embargo no consta que ninguna de las víctimas de ese asesino fuera de Amnistía Internacional.