Temas: FEIJóO PP RAJOY

Feijóo defende a “política á galega” que practica Rajoy

O PP inaugura en Galicia o curso político, como xa é tradición, co presidente do partido á fronte.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 27/08/2017 | Actualizada ás 15:32

Comparte esta noticia

O presidente do PPdeG e presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, defendeu este domingo a "política á galega" da que o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, é "o mellor embaixador", e subliñou que esa política "significa falar pouco e traballar moito". Así o proclamou durante a súa intervención no acto de apertura do curso político que o PP celebrou en Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), e no que, ademais de Feijóo, participaron o presidente do Goberno e do partido, Mariano Rajoy; e o presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda; e no que estiveron presentes o ministro de Xustiza, Rafael Catalá; a presidenta do Congreso, Ana Pastor; conselleiros, deputados e alcaldes populares.

Mariano Rajoy, Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda, de esquerda a dereita
Mariano Rajoy, Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda, de esquerda a dereita | Fonte: Europa Press

Feijóo agradeceu a "confianza" dos galegos, que lle deron a maioría absoluta nas eleccións autonómicas do pasado ano, e constatou que o PPdeG está "a transformar en feitos" os compromisos expostos. Así, subliñou que, en Galicia, tal e como se prometeu, "hai un goberno que é garantía de estabilidade política, de funcionamento das institucións" e non de "lea nin multipartitos inestables". "A política son feitos, solucións, diálogo, rigor, ser útiles á sociedade. Os galegos rexeitamos o política espectáculo, preferimos a política útil", afirmou.

Nesa liña, defendeu a "política á galega", que "significa traballar máis do que se fala" e tamén "lealdade ao resto de España e aos españois". "É que Galicia mellore día a día e, co presidente Rajoy, que España tamén mellore día a día", incidiu, e proclamou que, fronte a quen din "non" ao diálogo, ao crecemento ou ao turismo, o PP "está a favor" e "contrapón un rotundo si en España e en Galicia".

Feijóo lembrou que, aínda que "hai xente que aínda o pasa mal", "é xusto recoñecer" que España e Galicia están a saír da crise, crecendo por terceiro ano consecutivo. "E Galicia está a cumprir como a que máis. É un mérito colectivo dos cidadáns que non nos poden quitar", apostilou, á vez que lembrou os dous principais "retos" para este curso político: "reforzar os cimentos do progreso económico" e "que a recuperación se traduza para a maioría de fogares".

GALICIA, "MODELO DE ÉXITO"

Na súa intervención, o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, eloxiou a xestión de Núñez Feijóo, e sinalou que Galicia "marcou, unha vez máis, o rumbo" ao resto de España. Así, segundo afirmou, a vitoria do PPdeG nas autonómicas do ano pasado "marcou o rumbo da moderación, e a eficacia e o éxito, que sempre van da man".

Rajoy proclamou que "Galicia está a vivir algúns dos mellores anos que se lembran". "Unha Galicia como nos gusta, integrada en España e en Europa, fiel a si mesma, aberta ao mundo e un modelo de éxito como ningún no Estado da Autonomía", concluíu.

Temas: FEIJóO PP RAJOY
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

14 ánxel raiano suido

Los jueces de la Audiencia Nacional anulan una multa de 22`6 millones a Repsol por pactar. precios y los gobiernos central y autonómico con descarada complicidad calla , y el rebaño ibérico callando y pagando el pato, Es clarísimo Mariano , Feyjoó y demás comensales han. convertido esta sociedad en una timocrácia gobernantes mangantes y jueces corruptos y ciudadanos tonto-útiles

13 ánxel raiano suido

Los jueces de la Audiencia Nacional anulan una multa de 22`6 millones a Repsol por pactar. precios y los gobiernos central y autonómico con descarada complicidad calla , y el rebaño ibérico callando y pagando el pato, Es clarísimo Mariano , Feyjoó y demás comensales han. convertido esta sociedad en una timocrácia gobernantes mangantes y jueces corruptos y ciudadanos tonto-útiles

12 Lionel messi

Le gusta porque al igual que Rajoy Feijóo es un cobarde

11 francis

Como di un vello refrán o viño bo non necesita que falen de el para venderse. E este home xa fala moito ....sigue sin ser un gran presidente.

10 galegoexiliado

GALICIA, "MODELO DE ÉXITO" Un pobo humillado e asoballado que ainda así cala e emigra. Contratos basura, salarios baixos e pensions de miseria, e ainda así o pobo cala e vota aos seus verdugos, mais éxito non se pode pedir. Ou si, pois non todolos empresarios notan a recuperación, nin poden sacar o iate todolos domingos, por culpa da chusma obreira socialpodemita que non fai mais que pedir subidas salariais e soldos dignos, impedindo a recuperación económica dos nosos esplotadores, impedindo "reforzar os cimentos do progreso económico" e "que a recuperación se traduza para a maioría de fogares" dos nosos empresarios e vendedores de iates. SARNA CON GUSTO NON PICA, temos o que votades. HESPANA BA VIEEEEEEN.