Temas: PP RAJOY FEIJóO

Feijóo defende a “política á galega” que practica Rajoy

O PP inaugura en Galicia o curso político, como xa é tradición, co presidente do partido á fronte.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 27/08/2017 | Actualizada ás 15:32

Comparte esta noticia

O presidente do PPdeG e presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, defendeu este domingo a "política á galega" da que o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, é "o mellor embaixador", e subliñou que esa política "significa falar pouco e traballar moito". Así o proclamou durante a súa intervención no acto de apertura do curso político que o PP celebrou en Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), e no que, ademais de Feijóo, participaron o presidente do Goberno e do partido, Mariano Rajoy; e o presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda; e no que estiveron presentes o ministro de Xustiza, Rafael Catalá; a presidenta do Congreso, Ana Pastor; conselleiros, deputados e alcaldes populares.

Mariano Rajoy, Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda, de esquerda a dereita
Mariano Rajoy, Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda, de esquerda a dereita | Fonte: Europa Press

Feijóo agradeceu a "confianza" dos galegos, que lle deron a maioría absoluta nas eleccións autonómicas do pasado ano, e constatou que o PPdeG está "a transformar en feitos" os compromisos expostos. Así, subliñou que, en Galicia, tal e como se prometeu, "hai un goberno que é garantía de estabilidade política, de funcionamento das institucións" e non de "lea nin multipartitos inestables". "A política son feitos, solucións, diálogo, rigor, ser útiles á sociedade. Os galegos rexeitamos o política espectáculo, preferimos a política útil", afirmou.

Nesa liña, defendeu a "política á galega", que "significa traballar máis do que se fala" e tamén "lealdade ao resto de España e aos españois". "É que Galicia mellore día a día e, co presidente Rajoy, que España tamén mellore día a día", incidiu, e proclamou que, fronte a quen din "non" ao diálogo, ao crecemento ou ao turismo, o PP "está a favor" e "contrapón un rotundo si en España e en Galicia".

Feijóo lembrou que, aínda que "hai xente que aínda o pasa mal", "é xusto recoñecer" que España e Galicia están a saír da crise, crecendo por terceiro ano consecutivo. "E Galicia está a cumprir como a que máis. É un mérito colectivo dos cidadáns que non nos poden quitar", apostilou, á vez que lembrou os dous principais "retos" para este curso político: "reforzar os cimentos do progreso económico" e "que a recuperación se traduza para a maioría de fogares".

GALICIA, "MODELO DE ÉXITO"

Na súa intervención, o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, eloxiou a xestión de Núñez Feijóo, e sinalou que Galicia "marcou, unha vez máis, o rumbo" ao resto de España. Así, segundo afirmou, a vitoria do PPdeG nas autonómicas do ano pasado "marcou o rumbo da moderación, e a eficacia e o éxito, que sempre van da man".

Rajoy proclamou que "Galicia está a vivir algúns dos mellores anos que se lembran". "Unha Galicia como nos gusta, integrada en España e en Europa, fiel a si mesma, aberta ao mundo e un modelo de éxito como ningún no Estado da Autonomía", concluíu.

Temas: PP RAJOY FEIJóO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

9 melopido

Política á feira, con camisas brancas manchadas de aceite de oliva virxe extra (prensado en frío)

8 TITIRITEIROS

ilegalizar a estes cans e pouco... son persoas pero non son seres humans son limañas que atacan os galegos e a Galiza, o pp e un partido corruPPto, un.ha banda de intereses criminais que defende os intereses de expaña e o latrocinio da burguesía española na Galiza... ogalla Deus na sua infinita bondade os aniquilase ata a ultima rata podre e dexenerada, vermes noxentos ... expañois... ratas PPodres, o ppeppeiro e moi criminal son repugnantes son noxentos son yihanistas de al-andalus... cadelos ladrons porcos ... GALIZA RECUPEROU A ECONOMIA QUE TIÑA ANTES DA CRISIS CON CEN MIL TRABALLADORES MENOS!!!! - LADRONS CAPITALISTAS VERMES SEFARDISTAS!!!!

1 Galegus

Dejando aparte el posible delito de un mensaje que incita a la aniquilación de cientos de miles de gallegos, y de este medio por ampararlo, deberias acudir urgentemente a un psiquiatra.

3 Olee

Galegus tu si que tendrías que hacerte lo mirar

7 Mourente

Senhores do PP, sejam coerentes e festejem o início do curso político num eucaliptal à beira de Ence. Nom contaminem as nossas carvalheiras.

6 anonimo

E non é porque parte da miña familia fose carlista, que o foi, é porque Navarra é un lugar excelente para vivir. E hora de pensar en Galicia porque mellorando a Nosa Terra melloraremos o mundo. Por favor, eu só quero ser unha europea nacida nun pequeno curruncho occidental que ama a lingua dos seus pais. Non me fagades sentir estranxeira na miña terra... Coma me fixo sentir certo periodista, malia non ser a miña lingua a que el se negaba a escoitar. Porque se me facedes sentir unha persoa allea á miña lingua, teño o oceáno e o amado Mar Mediterráneo. Teño o mundo. Que pequena se me fai esta Europa! Estádevos construíndo en min Europa e non chegades nin ao saber. Por favor, eu só quero ser unha europea galaica nacida nun estado federal español. E tanto pedir? https://www.meneame.net/m/actualida...

5 anonimo

Hai uns días un coñecido preguntoume: e ti que sentimento nacional vés tendo? Eu díxenlle, son cidadá da miña infancia e das miñas linguas (a materna e a adquirida) pero vaites, postos a escoller lugar onde nacer nestas nosas Españas, a min gustaríame que me nacesen navarra: http://www.noticiasdenavarra.com/20... http://www.lasexta.com/noticias/soc...