En Marea acusa a Feijóo de “vender a pedazos e prezo de saldo” o país a empresas de fóra

Antón Sánchez advirte de que a proposición non de Lei para o fomento de iniciativas empresariais busca acabar coas garantías ambientais e a participación pública da cidadanía para beneficiar a unhas poucas empresas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/08/2017 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

O viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez, denunciou este  luns que a proposición non de Lei para o fomento de iniciativas empresariais presentada polo Partido Popular non é outra cousa que “a continuidade acelerada da política de Feijóo de vender o país a pedazos e prezo de saldo, entregando o noso territorio a cambio de nada ou o que é peor, da destrución da nosa paisaxe e o noso medio ambiente“.

Antón Sánchez, cabeza de lista da única candidatura para Anova
Antón Sánchez, cabeza de lista da única candidatura para Anova

Para En Marea, esta iniciativa do PP baséase na eliminación de trabas administrativas que na práctica o que supón é acabar coas garantías ambientais e a participación pública da cidadanía. “O Goberno Feijóo está a especializar a Galicia na produción de materias primas baratas que non crean valor engadido pero si provocan un forte impacto no territorio“ afirmou Antón Sánchez. 

O vicevoceiro de En Marea asegurou que ao seu grupo non lle gustan nin o que nin o como desta lei, xa que se optou pola vía da urxencia reducindo as posibilidades de dar un debate profundo e polo tanto a capacidade de participación. “Estamos ante un desprezo máis dun partido que aspira a ser un partido totalitario no que hai unha sobreactuación na publicidade e propaganda pero pouca organización e planificación“ declarou Sánchez, quen sinalou ás grandes empresas especialmente do sector eléctrico, mineiro ou forestal como as auténticas reponsables desa planificación, mentres que "Feijóo unicamente fai o que lle mandan“.

Con esta proposta o PP o que busca é "colar pola porta de atrás“ medidas destinadas para beneficiar os intereses específicos de grandes empresas destes sectores, conitnuou. Así, no eólico, que desde En Marea levan anos dicindo que está morto, "non se fixo nada e agora o que se pretende é a liberalización do sector para que quede aínda máis nunhas poucas empresas que son as únicas capacitadas para cumprir os requisitos", denunciu Sánchez.

Para En Marea, o PP con esta iniciativa "impide que o vento reverta na mellora da calidade de vida dos galegos" para "garantir" o negocio dunhas poucas empresas. A formación política lembre que "o 90 por cento dos beneficios obtidos polo vento en Galicia vai parar a empresas de capital estranxeiro de fóra do territorio e sen case retorno para a nosa xente".

Por isto, consideran que unha das cuestións que se poderían recoller nesta proposición de lei sería, por exemplo, que esas empresas tivesen que pagar polo menos o canon eólico, algo que "non se fai como tampouco se introducen medidas de protección da paisaxe", advirte En Marea.

“O PP non traballa para á maioría da xente senón para os cerebros que traballan nunhas poucas grandes empresas. O modelo que quere o goberno Feijóo é o que deixa no noso territorio os graves impactos pero tan só as migallas dos beneficios mentres hai xente que se está a forrar co noso vento“ salientou Antón Sánchez.

SECTORES MINEIRO E FORESTAL

No sector mineiro o que se está a facer é, segundo En Marea, unha "barra libre para as grandes empresas e total desprotección da cidadanía, reducindo entre outras cuestións os prazos na tramitación dos expedientes e optando porque o silencio administrativo sexa considerado como un si á hora de sacar adiante un proxecto mineiro neste país", denuncian.

No caso do forestal, En Marea observa que "o PP continúa a fomentar madeira barata para pasta ou papel desbotando non novos modelos e repetindo a eliminación de trabas administrativas que novamente se traducirán en graves impactos".

Sánchez tamén subliñou que "os Incentivos ás empresas se cargan aos Concellos" nos que se instalan as infraestruturas, polo que "teñen que correr coa conservación dos espazos dotacionais cedidos, e non a Xunta de Galicia como tentan facer ver". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 Gamela

Estamos fartos de ir a rebufo do PP !!! Xa estamos cansos de escoitar ladricar a En Marea, a ver cando se poñen a traballar !!! https://twitter.com/Gamela2017/stat...

5 Pijosnon

Antón, no fuiste a la boda megapija del Garzón? Es tu estilo.

4 anonimo

Si si! Regalado a empresas que destrúen o territorio coa contaminación contra a que clama a Marea insistentemente. Ai! Agarda un momentiño https://goo.gl/maps/vWoLGjSxdzn

3 Moinante

Os galegos querem PP e no seu defeito PSOE, assi pois este País é o que a sua gentinha quero. Que imos fazer! Emigrar e andar polo mundo a limpar o que outros nom querem fazer.

2 anonimo

Iso é porque aos seus devanceiros deronlle unha boa indemnización polo encoro dos Peares e a sua nai poido estudar pra mestra. Aos demáis foulles roubado o seu patrimonio a punta de fusil. Duas caras dunha mesma moeda.

1 Cansino

Que conste que non falo de Freixón pero....Neste país cando un chega a algo (normalmente empresario ou autónomo) sempre se di por parte de algúns (nacionalistos esquerdistos) que ou o robou ou o sacou da droja ou que o obtivo seu avó nos tempos de Franco. O que nunca se di e que ao mellor o fixo traballando ou arriscando o seu patrimonio cando outros se adicaban á vida contemplativa ou a tumbar empresas (sindicalistas liberados). A punta do fusil habería que empregala para levantar a algún da poltrona na que seus pais o sentaron e da que non move o cú (normalmente fillos de papá convertidos á esquerda nacionalista).

2 Ya está bien

Cansino en este país nadie consigue nada por esfuerzo te afiliada al pp llames unos cuantos cu los matas al vecino si hace falta y listo eso lo aprendisteis de Hitler que es vuestro dios.