Que hai de certo no mito celta de Galicia?

Nos últimos anos téñense realizado distintas investigacións sobre ADN que apuntan á similitude xenética entre as poboacións de Galicia e a das illas Británicas, entre eles, Irlanda ou Escocia. Outras van máis alá e conectan aos galegos con poboacións do norte de África.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/08/2017 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

Hai anos que en Galicia se fala do seu glorioso pasado como nación celta. Os primeiros grandes historiadores do país como Murguía e Vicetto contribuíron a espallar esa idea romántica que unía a Galicia coas poboacións celtas de Bretaña, Escocia ou Irlanda e que tería unha orixe mítica na lenda de Breogán.

Recreación dunha batalla entre soldados romanos e celtas
Recreación dunha batalla entre soldados romanos e celtas

Pero que hai de certo neste pasado literario e lendario? Ten base real? Hai uns días, un dos principais xornais escoceses The Nathional destacaba que “hai uns cantos anos, probas de ADN suxerían que os primeiros habitantes de Escocia poderían incluír persoas que chegaron a estas illas desde Galicia”.

Nos últimos anos diferentes estudos teñen afondado neste aspecto baseandose na investigación do ADN das distintas poboacións. E cando menos, os resultados son sorprendentes tal e como apunta a web colaboradora Historia de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

1 Antinostrus

Non fan falla tantos estudos, mais ou menos pseudo o cientificos dubidosos,....a soa presenza do gutural "Eight Carballeiraag" nas nosas manifestacións xubilosas é marca indelebel do noso celtismo ancestral.........só mercenarios a soldo do españoleto e/ou cipaiosmononeuronais, xestados en porcanai, tipo Nostrus seguen a soster que procedemos do mesmo cerne do chairoso Lavapies..................