Por Galicia Confidencial | Vigo | 29/08/2017 | Actualizada ás 11:30
SyngDoc é un documental centrado nos Signátidos (cabaliños de mar, peixes pipa, dragóns de mar, etc), uns peixes singulares e extraordinarios pola súa bioloxía e ecoloxía. As imaxes mergúllannos nun mundo asombroso no que se nos revelan uns animais cunha bioloxía descoñecida e sorprendente, cuxa evolución no tempo lles permitiu adaptarse a novos ambientes no planeta e adquirir unhas características únicas no reino animal. Pero esas mesmas características fixeron a estes peixes moi vulnerables nunha contorna sometida a unha crecente destrución pola acción do ser humano. As consecuencias son graves e moi alarmantes para as poboacións salvaxes de moitas destas especies. O seu futuro depende do desenvolvemento de plans adecuados de sensibilización e de conservación.
O documental está financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT - Ministerio de Economía, Industria y Competitividad) e o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Conta co patrocinio do Museo do Mar de Galicia, Getxo Aquarium, Acuario de Xixón, Fundación Zoo Barcelona, Disetermar e Buceo Islas Cíes, e a colaboración da Xunta de Galicia. Está coordinado polo Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) de Vigo e producido por Inxenia Audiovisual.
Este é un avance.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.