Temas: DRON VIñO

Na busca de drons que fagan a vendima

Un novo proxecto científico, Robondrovi, prevé o uso de frotas de robots voadores para, polo de agora, recoller información sobre as vides e no futuro realizar outras tarefas vitícolas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/08/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Robondrovi é o acrónimo escollido para o programa “Aplicacións e uso de Robótica no manexo do Viñedo”. Esta inciativa acaba de botar a camiñar grazas a través da aprobación dun grupo operativo de e reflexión e investigación por parte Ministerio de Agricultura . Nel participan 16 socios de todo o Estado, cinco deles galegos. O obxectivo: crear robots aéreos e terrestres que permitan tomar decisións sobre os viñedos.

VINBOT  robot móbil autónomo todo terreo
VINBOT robot móbil autónomo todo terreo | Fonte: Robotnick

Do país colaboran as famosas adegas Terras Gauda, a súa denominación de orixe (Rías Baixas), a Universidade de Santiago de Compostela a través do Departamento de Botánica da Facultade de Bioloxía, a Plataforma Tecnolóxica do Viño e Asociación Galega de Sistemas Intelixentes non tripulados. E é que un dos obxectivos do proxecto é usar drons, robots aéreos, nos bacelos.

O cultivo dos viñedos é unha das tarefas agrícolas que máis man de obra require. O uso de robots en tarefas como a vendimia aínda está moi verde segundo sinala a USC de bido  “a súa escasa flexibilidade, eficiencia e robustez, ademais do seu alto custo operativo”. 

O obxectivo final é que os drons sexan quen de recoller datos para  mellorar a calidade e a sanidade da vendima, e incrementar a rendibilidade da produción nos viñedos, explican dende a Facultade de Bioloxía.

O certo é que o primeiros pasos cara este obxectivo xa se deron. Robotnik Automation, a empresa valenciana líder deste novo consorcio, creou VINBOT. Defíneno como “un robot móbil autónomo todo terreo cun conxunto de sensores capaces de capturar e analizar imaxes do viñedo e datos en 3D mediante aplicacións de cloud computing, para determinar o rendemento dos viñedos e para compartir información cos viticultores”.

Un dron voa un viñedo na zona do Rosal
Un dron voa un viñedo na zona do Rosal | Fonte: USC

Segundo os seus creadores, VINBOT é quen de interpretar datos entrantes procedentes de sensores como láseres ou cámaras en mapas 3D, actualizando estes mapas nun servidor e mellorando a precisión para ofrecer ás produtores estimacións reais de, por exemplo, cando vendimiar en cada zona. 

O seguinte paso é que esta enorme candidatos de datos poidan ser procesados e compartidos mediante técnicas de big data. Así os viticultores poderían contar con parámetros obxectivos para tomar decisións sobre os seus viñedos. 

O novo grupo xa realizou un diagnóstico elaborado por todos os participantes sobre o estado actual da tecnoloxía. A partir de 2018 queren probar os robots terrestres, apoiados en voos de frotas de robots terra-aire, nos vacelos. Desta forma, espérase axudar ao viticultor na súa toma de decisións diaria en relación co manexo do viñedo e na execución de diferentes tarefas.

 

O Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA) concedeulle a este proxecto unha subvención de mais de 57.000 euros este verán.

Temas: DRON VIñO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

a 14 € a botella xa podían CONTRATAR xente para eses traballos que non hai quen pague un can por agachar o lombo neste país de xente TAN LISTA !!!

1 Doutor Ghu

Hai millóns para gastar en drons. Choven as subvencións! Drons para mexar, drons para cajar, drons para plantar lume, drons para detectar lume (o fume non se debe ver ben) , drons para repartir a compra, drons para vendimar... É de todo isto sairá NADA útil. Porque o propósito é a subvención non a productividade nin utilidade social.