Temas: EMPRENDEMENTO

Novo viveiro de empresas no Concello da Laracha

O Concello da Laracha, en Lugo, ten en marcha un concurso público para a construción dun viveiro de empresas. A Administración investirá como máximo 297.024 euros máis IVE nesta iniciativa.

Por GC Emprende | A Laracha | 30/08/2017 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

O Concello está a tramitar o concurso mediante o procedemento negociado con publicidade. As ofertas presentadas abriranse nun acto público a finais deste mes. O prezo e a reducción dos prazos previstos serán os dous criterios valorados.

Maqueta do viveiro de empresas da Larcha
Maqueta do viveiro de empresas da Larcha

O novo edificio, deseñado pola arquitecta María Dolores Crespo este verán,  estará no lugar de Raxido, na zona do actual parque empresarial, e contará con 11 prazas de aparcamento. Disporá dunha superficie útil de máis de 500 metros cadrados nunha planta baixa, totalmente accesibles a persoas con mobilidade reducida, e dous patios interiores. 

A edificación terá dúas partes, unha de naves de uso industria ou artesanal e outra de oficinas e servizos xerais.

Temas: EMPRENDEMENTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta